Amosando publicacións coa etiqueta SAMAGOSTÍN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SAMAGOSTÍN. Amosar todas as publicacións
0 comments

DECORACIÓN DE SAMAGOSTÍN

 A finais de mes celebraremos o SAMAGOSTÍN, unha mestura do Magosto e o Samaín.

Para decorar os corredores do colexio, os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria, decidimos facer unhas CATRINAS. Así que estes días, xuntámonos as dúas clases para facelas.

Ollade que ben traballamos mesturamos:



E así quedaron rematadas:




0 comments

DECORACIÓN PARA O SAMAGOSTÍN

 A aportación de quinto e sexto de primaria á decoración do Samagostín foron unhas malvadas meigas e tamén uns esqueletos terroríficos.

Ollade, ollade.







Que vos parecen? Gústanvos?

0 comments

CELEBRAMOS O SAMAGOSTÍN

 O día 31 celebramos no cole a festa do SAMAGOSTÍN. As  primeiras horas vimos na clase a película de MONSTER HOUSE. Aquí tedes un tráiler da mesma:

 
 
E fomos ao ximnasio para facer uns terroríficos obradoiros que nos tiña preparada a ANPA:


E xa a media mañá degustamos ricas castañas asadas e boliños preñados. Podedes ver algunhas fotos da xornada facendo clic na foto de abaixo:

0 comments

CESTIÑOS PARA SAMAGOSTÍN

 

Utilizamos pratos de cartón para facer os nosos cestiños para as castañas. Que vos parecen?







0 comments

GATOS MONSTRUOSOS

 Como estamos preto do Samagostín (unha mestura de Magosto e Samaín que celebramos no cole), para decorar o centro, tocounos facer uns gatos monstruosos utilizando pratos de papel.

O primeiro que fixemos foi pintar os pratos con témpera negra:


E unha vez que secaron, cortamos o interior do prato para facer a cabeza e rematámolos poñéndolles ollos, orellas, bigotes e como non unha gran cola.

Así nos quedaron:


E así lucen polos corredores xunto coas outras manualidades dos nosos compañeiros e compañeiras:

0 comments

CONTEDORES DE SAMAÍN

 


En plástica fixemos estes chulísimos contedores de Samaín.

GÚSTANVOS?

0 comments

SAMAGOSTÍN

 Onte, celebramos no cole a festa do SAMAGOSTÍN, unha mestura entre o Magosto e o Samaín.

Fixemos unha exposición de cabazas:

Viñemos disfrazados a clase:


Xogamos a terroríficos xogos no patio cuberto:






Participamos nun obradoiro de experimentos, chapas e calcamonías organizado pola ANPA:



E para rematar comimos ricas castañas e boliños preñados tamén por cortesía da ANPA:






Podedes ver todas as fotos da xornada premendo na seguinte ligazón:

SAMAGOSTÍN 2022