TOLO CONTO DE NADAL
Hoxe disfrutamos do espectáculo de monicreques "TOLO CONTO DE NADAL" de Duende Sico grazas a ANPA. Todo o cole fomos ao patio cuberto e alí pasámolo fenomenal.
Podedes ver máis fotos na páxina web do cole ou facendo clic na seguinte ligazón:
Etiquetas CURSO 2023/24, MONICREQUES, TEATRO
No marco da iniciativa "Ler conta moito" da Rede de bibliotecas públicas de Galicia, esta semana o concello de Neda activou o programa "Do cole á biblio" unha iniciativa que contou cun total de tres espectáculos de animación á lectura que tiveron lugar na Casa da Cultura.
A nós tocounos o espectáculo "Unha maxia diferente" a cargo do Mago Paco. Nel, a través de distintas historia e xogos de maxia, póñense de manifesto as diferencias humanas e trabállase a igualdade desde un punto de vista divertido e ilusionante e sen perder o transfondo educativo, tal e como di na súa páxina.
Pasámolo fenomenal
Etiquetas BIBLIOTECA, CURSO 2023/24, IGUALDADE, SAÍDAS, TEATRO
IMOS AO TEATRO
Os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria fomos hoxe ao teatro ao Pazo da Cultura de Narón a ver a obra "Rosalía" do grupo Culturactiva.
A obra trataba da vida de Rosalía de Castro cando era nena antes de convertirse na gran escritora que foi.
Aquí vos deixamos un trailer da mesma:
Etiquetas CURSO 2021/22, SAÍDAS, TEATRO
TEATRO: LAZARO DE TORMES
Hoxe os rapaces e rapazas de 5º e 6º fomos ao Pazo da Cultura de Narón para ver a obra "Lázaro de tormes" a cargo da Compañía galega Pedras de Cartón.
Ainda que na obra non se falaba, rímonos moitísimo con ela.
Etiquetas CURSO 2019/20, TEATRO
IMOS AO TEATRO
O martes da semana pasada, os nenos e nenas de quinto e de sexto de primaria, fomos ao Pazo da Cultura de Narón a ver a obra de teatro "CRECER" do grupo asturiano Callejón del Gato.
"A historia xira ao redor de Adriana, unha adolescente de 16 anos que un día recibe un sobre cun DVD que lle manda o seu pai biolóxico. A partir de aí, comeza unha emocionante trama que nos fai pensar, rir e medrar".
Etiquetas CURSO 2018/19, TEATRO
2021: UNHA ODISEA NA TERRA
Etiquetas CURSO 2015/16, SAÍDAS, TEATRO
ACTUACIÓN LETRAS GALEGAS E OUTROS TRABALLOS
Como xa vos comentamos nunha entrada anterior (que podedes ver AQUÍ), no festival das Letras Galegas, o grupo de quinto fixemos unha pequena obriña titulada "NA CONSULTA DO DOUTOR" de Fina Casalderrey. Desde aquí queremos darlle as grazas á teacher Uxía por gravarnos coa cámara da profe para que así poidamos disfrutar da nosa actuación tantas veces como queiramos e tamén para que poidamos amosárvola. Así que con todos vós... "Na consulta do doutor":
Etiquetas CURSO 2014/15, LETRAS GALEGAS, TEATRO
IMOS AO TEATRO
O pasado martes fomos ao teatro Jofre en Ferrol para ver a obra: "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO" da compañía MAGIN BLANCO coa participación de Montse Piñón e Pepablo Patinho do grupo de Teatro Ghazafelhos.
Aquí vos deixamos un anaquiño do que poidemos ver:
Etiquetas CURSO 2014/15, GHAZAFELHOS, MAGÍN BLANCO, SAÍDAS, TEATRO



















.png)















