Amosando publicacións coa etiqueta MATERIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MATERIA. Amosar todas as publicacións
0 comments

ESTACIÓN 4: A DENSIDADE

 


Para experimentar coa densidade fixemos a botella das densidades. Con moito coidado botamos nunha botella substancias con distintas densidades: mel, deterxente líquido, auga, aceite, alcol.

Primeiro predixemos como críamos que se ían colocar as distintas substancias e despois comprobamos como se colocaron realmente e concluímos por qué.





0 comments

ESTACIÓN 3: EXPERIMENTANDO COA FLOTABILIDADE

 Na estación 3 estivemos a experimentar coa flotabilidade facendo un sinxelo experimento.


Botamos un ovo dentro dun recipiente con auga e observamos que ía para o fondo que afundía. A continuación entre todos fomos botando pouco a pouco sal na auga e vimos como ao final o ovo flotaba.

Por que sucedeu isto? Pois porque ao engadirlle sal á auga fixemos que a súa densidade aumentara e que o ovo flotase.








0 comments

ESTACIÓN 2: APRENDEMOS A CALCULAR O VOLUME

 Na estación dous aprendimos a medir volumes. Que como o fixemos? Pois con probetas e recipientes graduados.





0 comments

ESTACIÓN 1: EXPERIMENTANDO COA MASA

Estes días andamos a voltas coas propiedades da materia. Descubrimos que ten unhas propiedades xerais que son a masa e o volume e tamén unhas específicas como a dureza, elasticidade, flotabilidade, densidade,...


Para experimentar con estas propiedades fixemos catro estacións: masa, volume, densidade e flotabilidade.

Na estación 1 experimentamos coa masa utilizado distintos tipos de balanzas y básculas:









0 comments

EXPERIMENTANDO COA DENSIDADE

 


Seguindo cos nosos experimentos, chegoulle o turno á densidade. Sabemos que uns obxectos flotan ou non dependendo da súa densidade e tamén que non todos os corpos teñen a mesma densidade. Para demostralo fixemos un pequeno experimento.

Collimos cinco substancias: auga, alcohol, aceite, mel e lavavaixelas e un botellín de auga. Primeiro a profe dounos esta ficha para que puxeramos en que orde críamos que se ían a dispor as distintas substancias dentro da botella:


A continuación con moito coidado fomos botando as distintas substancias. Primero o mel, a continuación o lavavaixelas, despois a auga tinguida de vermello, o aceite e por último o alcohol que para que se vise tamén o tinguimos pero desta vez de azul.







Despois de ver os resultados, chegamos a conclusión que de maior a menor densidade, quedaría así:

mel > lavavaixelas > auga > aceite > alcohol

Polo tanto a substancia máis densa é o mel e a menos densa é o alcohol. E así o puxemos na nosa ficha:


Non nos confundimos tanto nas nosas predicións, non si?

0 comments

EXPERIMENTADO COA FLOTABILIDADE


Continuando co tema da materia, esta vez tocoulle o turno a experimentar coas propiedades específicas da materia, neste caso a flotabilidade.

Primeiro probamos con varios obxectos facendo hipóteses antes de botalos na auga: tapas de plástico, bólas e barcos de papel de aluminio, conchas, pedras, plomadas, ...


A continuación probamos cun ovo. E tal como esperabamos, o ovo afundiuse. A continuación probamos a botarlle sal. Ao principio o ovo continuaba no fondo pero segundo iamos engadindo sal, o ovo cada vez ía subindo máis cara arriba.


Sabedes por que? Porque cando lle engadimos sal á auga, a súa densidade aumenta e iso fai que a do ovo sexa menor e polo tanto flote.

1 comments

EXPERIMENTANDO COA MASA


En CCNN estamos co tema da materia. Aprendimos que a materia ten dúas propiedades xerais: a masa e o volume.

Para entender mellor a masa, dividímonos en parellas e practicamos a medir utilizando distintos tipos de balanzas e básculas.


Experimentando,  puidemos comprobar dúas cousas. Unha que dos tres aparatos que utilizamos para medir, sen dúbida a máis exacta era a báscula dixital e outra que ás veces a vista nos engaña e ten máis masa un pequeño obxecto cun grande.

E unha vez que nos puxemos a pesar, por que non pensar algúns dos nosos materiais escolares?

1 comments

O NOSO MANUAL DE SEPARACIÓN DE MESTURAS


Outra das actividades que fixemos no tema de CCNN sobre a MATERIA, foi desenvolver un MANUAL SOBRE SEPARACIÓN DE MESTURAS.

Primeiro, agrupámonos por parellas de "científicos" (como faltaba Carmen, quedou un equipo de tres) e repartímonos as catro mesturas que nos propuxo a profe:


 Auga e area
Auga salgada
Auga e alcol
Arroz e limaduras de ferro (en substitución as limaduras, chinchetas)

Cada equipo, comezamos elaborando unha estratexia para separar os compoñentes da nosa mestura, incluíndo un método, a dispoñibilidade de materiais e o seu custo. E a continuación, avaliámola, consesuámola e presentámola por escrito nunha plantilla que nos proporcionou a profe, co fin de obter un único manual de separación de mesturas coa descrición, requirimentos e custo aproximados de cada técnica.

Este é o noso traballo:

- Equipo 1: Alba e Miguel.


- Equipo 2: Sheila e Enma:

Equipo 3: Ainoa e Aitana.

Equipo 4: Adrián, Yago e Paz:

Aquí vos deixamos as plantillas que preparou a profe por se alguén lle resultan útiles:

0 comments

CANTO SABES DA MATERIA E AS SÚAS PROPIEDADES?


Agora que xa experimentamos tanto coas propiedades xerais da materia como coas propiedades específicas, e investigamos sobre as mesturas e as formas de separalas, imos comprobar canto sabemos sobre o tema con este test feito con GoConqr:

Test creado con GoConqr por Ana Martínez