3 comments

PROGRAMANDO OS MBOTS


Hoxe levamos a clase, as tablets coa APP MBlock descargada,  para empezar a aprender a programar por bloques os MBots.

Entramos na aplicación, activamos o bluetooh da nosa tablet e achegámola ao robot para que o recoñecese:


A continuación eleximos o modo historia:


E empezamos a nosa andaina no mundo da programación. Neste modo, atopámonos con dez bloques numerados do 1 ao 10, a través dos cales se aprende a manexar o robot. Para poder pasar dun a outro primeiro hai que completar o anterior. O bloque 1 é de Secuencia, o 2 de Velocidade, o 3 de Repetir,...Descubrimos os bloques de sensores, de control, de sonido, de movimiento,...


Algúns todavía non rematamos a historia pero estamos aprendendo moitísimo e disfrutando moito máis. Aquí tedes algunhas fotos:

Collage feito con befunky

3 comments

DÍA DA ÁRBORE


Hoxe, ademais do Día da Poesía, é o día da árbore. A nosa clase, decidiu celebralo día con Cousa de Raíces, unha campaña promovida por unha plataforma de máis de 60 entidades que quere defender a conservación das nosas masas de árbores e o coñecemento sobre a súa necesaria existencia.

Primeiro pensamos uns lemas para a nosa campaña e escribímolos no encerado. Estes son os que nos saíron:

" Non destrúas as árbores: son boas e sen elas non podemos vivir "
" Por que plantar eucaliptos cando podes plantar castiñeiros? Apoia o bosque autóctono "
" Coida as árbores. Déixaas medrar "
" Planta unha árbore, planta vida "
" Recicla papel. Axudarás a moitas árbores "

Despois  fixemos tres parellas e un trío para copiar o lema, no cartaz da campaña, xunto co nome do noso centro:


A continuación fomos ao patio e alí sacamos fotos diante das fermosas árbores que temos nel:


3 comments

DÍA DA POESÍA


Polo día da Poesía, seguindo unha idea que vimos no blog "Cadernos de quinto e sexto" do CEIP de Pazos, recitamos un poema de María de La Luz Uribe "El rey de papel" versionado ao galego con ilustracións de Fernando Krahn e outras que montamos nós a partir delas:


Aquí volo deixamos xunto coas imaxes:

Feito con Flipsnack

Ollade que ben o fixemos. Tedes que perdoar polo audio porque non se escoita moi ben.


Para rematar, ao igual que fixeron eles, fixemos as dez princesiñas de papel para todos os nenos e nenas do cole (e as profes tamén por suposto).


Aquí nos tedes posando coas nosas:


2 comments

REPASAMOS A ORGANIZACIÓN DE ESPAÑA


Para que repasedes para o exame de Ciencias Sociais do luns, déixovos este libro LIM que preparei. Si clicades enriba á dereita podedes velo a pantalla completa:

10 comments

ROBOTIZÁNDONOS II: CREAMOS TABOLEIROS


Mentras o primeiro equipo montaba o seu robot, o outro  preparaba taboleiros con liñas negras para ver se os robots eran quen de seguilas.

Cando os rematamos , probámolos cun dos robots.  Descubrimos que non era capaz de seguir o de Iago e Aitana porque tiña demasiadas curvas y eran moi estreitas:


Nin tampouco o de Miguel porque as liñas non eran o bastante escuras:


En cambio, si podía seguir a liña negra do de Sheila:


E tamén a gran casa que fixeron entre Carmen, Alba, Enma, Aitana e Paz coa axuda dalgúns nenos e nenas de cuarto:


A continuación, pedímoslles prestados aos nosos compañeir@s de sexto os seus robots, puxémonos en grupos de dous e fixemos carreiras de robots utilizando os mandos, probamos como sorteaban obstáculos, como andaban polas liñas negras,...





Por certo, sabíades que lles puxemos nome? Os nosos robots chámanse Toby e Chipi.

2 comments

ROBOTIZÁNDONOS


Este curso, as profesoras de quinto e sexto, presentamos unha solicitude para participar no Programa de Innovación Educativa de Introdución á Robótica en Primaria, sendo un dos colexios admitidos.

A finais do ano pasado, a Xunta enviou ao cole seis kits de construción cos que desenvolver distintos proxectos que permitan aos nosos alumnos e alumnas ademais de aquirir nocións básicas sobre robótica e programación, traballar as áreas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).

Como para as profes, tamén era unha materia nova, primeiro tivemos que poñernos ao día polo que ata finais de febreiro non puidemos poñernos mans a obra.

A primeira toma de contacto cos robots, consistiu en ver como eran e que traían programado de serie: obedecer ao mando, seguir unha liña negra e sortear obstáculos.



O paso seguinte, consistiu en montar dous. Para iso fixemos dous equipos que se repartiron o traballo: buscar as pezas, poñer os parafusos, apretar as porcas coa chave,... Fixémolo moi ben.





0 comments

SEMANA DA PRENSA


A semana pasada foi a Semana da Prensa en Galicia. Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, se nos propuso, facer unha edición especial do noso xornal "Novas da Maciñeira" con noticias onde os protagonistas fosen os Seres Mitolóxicos que lles tocou a cada clase.

Así que nin curtos nin preguiceiros, puxémonos a invnrtar noticias sobre o Sacaúntos, e isto é o que nos saiu:


0 comments

2ª CHARLA PLAN DIRECTOR: ACOSO ESCOLAR


O venres, tivemos a segunda charla do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar. O tema desta nova charla foi: "O ACOSO ESCOLAR" tamén coñecido como BULLYING.

Aprendimos que é tan culpable o acosador como o que está de espectador e non fai nada para frear o acoso informando a un adulto e tamén que nunca debemos responder a unha situación de acoso con violencia, unha porque se pode magnificar a situación e non solucionaríamos nada e outra, porque nos poñeriamos ao mesmo nivel que o acosador.

Vimos estes dous videos:





Outros videos para falar do acoso en Educación Primaria:

2 comments

8 de marzo. REIVINDICANDO OS NOSOS DEREITOS


Os nenos e nenas de 5º e 6º, fomos á Casa da Cultura de Neda, xunto con outros alumn@s do CEIP de San Isidro e do IES Fernando Esquío, para facer unha simulación dun Pleno Extraordinario polo Día da Muller no que reivindicar os dereitos de todas as mulleres.

Acompañadas polo Secretario do Concello, sentáronse ao redor da mesa, a Alcaldesa Paz, a Secretaría Celtia e once Conselleiras: Enma, Alba, Aitana, Carmen, Ainoa, Inés, Sara, Andrea, Érika, Lucía e Laura.


Aquí vos deixamos o audio do Pleno no que pedimos pola igualdade de salarios, rotura do teito de cristal, contra a violencia de xénero, pola nosa liberdade, pola eliminación de etiquetas sexistas e estereotipos e moitas cousas máis. Oide atentamente:



Unha foto de grupo tomada da páxina Web do Concello coas alcadesas dos tres colexios e as súas concelleiras:


E outra con todas os nenos e nenas que foron aos Plenos:



ACTUALIZACIÓN:

No facebook descubrín este video sobre a Desigualdade de Salario que me pareceu moi interesante e que quero compartir convosco:

0 comments

CONSTRUÍMOS UN MODELO DE OLLO


No tema 3 de Ciencias Naturais estivemos estudando os sentidos e o sistema nervioso. Vimos videos de internet (moitos deles de Óscar do blogue "La Eduteca") e practicamos utilizando distintos  recursos que atopamos pola rede e que recopilamos no noso google sites:

https://sites.google.com/site/naturaismaci5/tema-3-a-relacion-humana


E tamén fixemos un modelo de ollo para entender mellor como funcionan os nosos ollos:


Despois do experimento, vós credes que é correcto dicir que "NON VEMOS COS OLLOS SENÓN CO CEREBRO?"