Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA AMIZADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA AMIZADE. Amosar todas as publicacións
0 comments

DÍA DA AMIZADE


 


Polo día da amizade, seguindo unha idea que vimos en Internet, cada un de nós recortou cinco corazóns para escribir neles o que máis nos gusta de cada compañeiro de clase.

Despois, decoramos un sobre que poñía O que máis me gusta de ..., engadimos o noso nome e nel metimos  todos os corazóns que nos escribiron os nosos compañeiros.





1 comments

QUE É PARA TI A AMIZADE?


Hoxe, día da Amizade ou de San Valentín, na clase de galego fixemos unha ficha que atopamos en inglés de Valerie King e que nós modificamos un chisquiño e pasamos ao galego. Nela tivemos que poñer que era para nós a amizade, que entendemos por amigo, poñer algúns dos nosos amig@s e tamén palabras relacionadas coa amizade e o amor.

Esta é a ficha orixinal de Valerie King:


E estas son as nosas:






O resto, que todavía non están rematadas, amosarémosvolas nos vindeiros días.