Amosando publicacións coa etiqueta DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Amosar todas as publicacións
0 comments

CONCURSO "GALICIA FEM"

Dentro das actividades que organiza o Concello de Neda de sensibilización e reivindicación do 25 N, os nenos e nenas de  cuarto e quinto de primaria fomos ao CEIP San Isidro para disfrutar da recreación dun programa televisivo, o concurso "Galicia Fem". Tratouse dun espectáculo interactivo moi divertido no que  axudando á concursante, puxemos a proba todo o que sabiamos sobre linguaxe inclusiva, mulleres galegas importantes e incluso sobre as diferencias de xénero. 

0 comments

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Co obxectivo de previr a Violencia de Xénero tamén dende a escola, no centro e na clase ao longo destas semanas estivemos a traballar sobre este tema.

Fixemos murais e carteis reivindicativos:




Participamos no IV ENCONTRO ESCOLAR DE FERROLTERRA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO financiado pola Deputación da Coruña axudando a gravar este video no que saímos os alumnos de 5º e 6º de EP:

E rompendo a cadea da violencia dixital:



E tamén na marcha Contra a Violencia de Xénero que organizou o Concello de Neda:



0 comments

SCAPE ROOM CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Nós estivemos a falar do tema na clase utilizando os recursos que unha vez máis pon á nosa disposición a Área de Igualdade da Deputación da Coruña coa campaña DE FRONTE á violencia de xénero. 

Primeiro vimos tres pequenos videos en formato Visual Thinking como este:

Podedes ver os outros dous facendo clic na imaxe:


E a continuación fixemos o Scape Room que propoñen na mesma páxina para como eles ben din, traballar en igualdade e de xeito cooperativo o tratamento e prevención da violencia de xénero.

Clicando na seguinte imaxe,  podedes descargar a guía explicativa para a elaboración do Scape Room en formato PDF así como un listado dos recursos necesarios para executalo:


Aquí vos deixamos algunhas fotiños de como o fixemos:

0 comments

NAVEGANDO POLA IGUALDADE

Imaxe de Leandro Lamas

Hoxe, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os nenos e nenas de quinto e sexto (cada curso na súa aula) vimos o video "SIRA e a illa, Como mudar o mundo cunha barquiña de papel" unha narración poética de Palmira Castro desde o seu proxecto mimadriña que fomenta a igualdade e a xustiza entre mulleres e homes e entre todos os pobos.

Este video que estivo en aberto do 9 ao 25 de novembro na páxina Defronte.gal. conta a historia dunha nena que sempre tivo claro que quería facer, ser e sentir por ela mesma.

No video Sira soltaba barquiños de papel no mar. Nós tamén fixemos uns fermosos barquiños de papel nos que escribimos palabras bonitas como respecto, amor, amizade, confianza, ... E todos estes barquiños pegámolos en dous barquiños máis grandes que puxemos na entrada do noso colexio.



0 comments

25N: VOANDO LIBRES


Hoxe participamos xunto co CEIP de San Isidro e o Instituto Fernando Esquío na Marcha pola Igualdade que un ano máis organizou o Concello de Neda.
A semana pasada, na clase coñecimos a historia das irmás Mirabal, tamén coñecidas como as "Irmás Bolboreta" e en honor a elas fixemos un gran mural en forma de bolboreta:











Algúns detalles do mural:






Uns broches de goma eva para levar hoxe:


E tamén unhas bolboretas de origami con frases e palabras alusivas:


Despois da andaina, fomos á Casa da Cultura. Alí celebrouse un fermoso acto , tomamos chocolate quente con bola e estampamos a nosa man escribindo ao lado o nome dunha víctima da Violencia de Xénero.







Neste video podedes ver a nosa actuación:

0 comments

25 N : Tod@s contra a Violencia de Xénero


Os nenos e nenas de quinto e sexto do CEIP de Maciñeira estamos en contra da Violencia de Xénero por iso, participamos nunha iniciativa que partiu do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín e dúas mestras do CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba e o CEIP Santo Estevo de Parga respectivamente.

A iniciativa consistiu en facer un mural co paxariño de twitter e o hastag #EQUALITER poñendo as mans de cada neno/a en contra a violencia de xénero e gravando un video co slogan.

Esta foi a nosa participación individual:


E este é o video final coas aportacións dos 70 colexios participantes:


Para rematar, deixámosvos este precioso video de Rozalen:

0 comments

EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Como tódolos anos, o Concello de Neda, convidounos ás clases de quinto e sexto de Educación Primaria á Marcha polo bo trato, pero este ano, debido ao mal tempo, suspendeuse o que era a Marcha pero non así os actos conmemorativos deste día.

As dez e media, xuntámonos na Casa da Cultura cos nenos e nenas tamén de quinto e sexto de primaria do colexio de San Isidro e cos alumnos/as de 1º da ESO do instituto Fernando Esquío. Encantounos ver a antigos compañeiros do cole como Martín, David, Lucas, Marta, Iria, Sergio, Manuel,...

Comezaron os de San Isidro lendo uns fermosos poemas, continuaron os do Instituto cun pequeño relato e unhas alegacións en contra do Maltrato e rematamos nós desfollando a margarida que estivemos a preparar estes días na clase.


Aquí podedes ler o que puxemos en cada pétalo:

E aquí o video que fixemos nun dos ensaios:


Ademais, levamos unhas fermosas pancartas que fixemos por equipos en ámbalas dúas clases:






Así de ben traballamos en equipo:


Unha vez rematada a participación dos centros educativos, escoitamos unhas palabras de Ana Rosa Pena Barcia, Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Facenda e Terceira Idade  e despois do alcalde, Ángel Alvariño Saavedra:


Continuamos cunha solta de globos negros que representaban as mulleres e nen@s mortos durante este ano:


O acto rematou cunha gran chocolatada para tod@s na que no faltou tampouco una rica bola de azucre. Uhmmmmm!