Amosando publicacións coa etiqueta VISITA AO INSTITUTO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VISITA AO INSTITUTO. Amosar todas as publicacións
0 comments

VISITAMOS O INSTITUTO

 Estes días comezou a reserva de praza para o alumnado de 6º de E.P. que queira matricularse no IES Fernando Esquío que é o centro ao que estamos adscritos.

O venres, viñeron a visitarnos a directora do instituto de Neda e unha profesora. Durante preto dunha hora, informáronnos de moitas cousiñas relacionadas con centro.


E hoxe devolvímoslles a visita. Fomos a coñecer ao que será o noso centro (para case todos/as) durante os vindeiros seis anos. Coñecimos os laboratorios, a aula de plástica, de audiovisuais, de tecnoloxía, o salón de actos, o polideportivo, o patio, a biblioteca e a cafetería entre outros lugares. Gustounos moitísimo!


0 comments

VISITAMOS O INSTITUTO

Hoxe fomos de visita ao IES Fernando Esquío que é o instituto que está na nosa área de influencia. Alí vimos os laboratorios, a biblioteca, o salón de actos ... e ao final tivemos unha gran sorpresa. Cada un de nós recibiu unha carta dun alumno/a do instituto. Coñecerémonos en setembro? 



0 comments

VISITAMOS O INSTITUTO


Como este ano tócanos deixar o cole e ir ao instituto, hai xa uns meses que fomos ao IES Fernando Esquío de visita xunto cos nenos e nenas de 6º do CEIP de San Isidro.

Empezamos visitando o ximnasio onde xogamos un mini partido de Volleyball:


A continuación fomos á biblioteca onde nos regalaron unha chapa e un pasaporte de lecturas:


Tamén visitamos, unhas cantas aulas, o salón de actos e o taller de tecnoloxía:


E xa para rematar, disfrutamos un montón dos pinchos que nos tiñan preparados ao lado da cafetería:

Tratáronnos moi ben.