0 comments

FELIZ ANINOVO!!!!!!

0 comments

NADAL

 


Por Nadal, a cada clase tocounos facer unha manualidade para adornar o cole. A nós tocounos facer un elfo.

Así que utilizamos os moldes que atopamos na páxina de armsthings.com  e con algunhas cousiñas de propia colleita, fixemos estes fermosos elfos:



Tamén grabamos entre todo o colexio, un video coa canción: "Siempre es Navidad junto  ti" de Edurne:

E para rematar, fixemos estas tarxetas cascada para felicitar ás nosas familias. Que vos parecen?






MOI FELIZ NADAL PARA TODOS/AS!

1 comments

DETECTIVES DE MATERIAIS: BOLSAS SOLUBLES

 Nos últimos anos, a contaminación por residuos plásticos é un dos principais problemas medioambientais do noso tempo. Por exemplo, unha bolsa de plástico dura uns 55 anos de media e unha botella de auga ... pode durar máis de 1000 anos!!!!! Por sorte para nós, os científicos están investigando para conseguir novos tipos de plásticos que axuden a resolver parte deste problema. 

Na clase, estivemos a experimentar cun destes novos tipos de plásticos: as bolsas solubles. 

Primeiro, comparamos unha bolsa normal e unha bolsa soluble. Observamos que a bolsa normal era pesada, áspera e transparente mentras que a bolsa soluble era lixeira, suave e traslúcida. 

Despois recortamos dous cadrados de 10 cm de lado de cada unha e mergullámolos en auga. 

Aos poucos minutos puidemos comprobar como a bolsa normal permanecía igual mentras que a outra bolsa iase disolvendo pouco a pouco.

 Isto sucedeu porque a segunda bolsa estaba fabricada cun plástico chamado PVA que é soluble en auga mentras que a primeira estaba fabricada con polímeros insolubles ao auga.

Ainda que isto é un avance moi importante para a redución de plásticos non é a solución ao problema. Todos temos que poñer o noso gran de area e podemos empezar seguindo a regra das tres erres: reducindo, reciclando e reutilizando materiais.

0 comments

PLANTAMOS REPOLO E COLIFLOR

Agora que xa temos os bancais listos é o turno de plantar. Así que nin curtos nin preguiceiros, hoxe fomos ao invernadoiro a plantar repolo e coliflor. Ollade que ben o facemos!







0 comments

AULA GREEN STEAM


Hoxe veu ao noso cole a AULA GREEN STEAM de Afundación para a nosa clase e a dos nosos compañeiros e compañeiras de sexto. Trátase dunha serie de obradoiros STEAM en clave SOSTIBLE baseados na música, pintura e deseño para todas as idades. En concreto o noso obradoiro foi de programación, robótica, arte e música "DJ Makey Makey".

Primeiro dividímonos en dous grupos de tres e falamos da sinestesia tecnolóxica:

A continuación as nosas monitoras dixéronnos que iamos facer unha batalla de galos tecnolóxica:


Para iso, tiñamos que inventar unha poesía desde o principio ou completar unha dada e repartirnos as estrofas:



Despois presentáronnos o programa Scratch, eleximos un fondo e un personaxe e aprendimos a programalo. Grabamos as nosas voces recitando os poemas, colocamos os cables na nosa "mesa de mezclas" e convertímonos en verdadeiros DJs.


0 comments

COMEDEIROS DE DITONGOS E HIATOS

 


En lingua galega e castelá estamos a estudiar os ditongos e hiatos. Para repasar dun xeito un pouco máis divertido utilizamos "OS COMEDEIROS DE DITONGOS E HIATOS" que atopamos no blog LA MADEMOISELLE DU FLE e que podedes descargar na súa páxina.

A profe puxo os dous comedeiros na pizarra e repartiu os ósos entre todos. Por orde, saímos a colocar os nosos ósos no comedeiro correspondente.







Despois, copiamos todas as palabras na libreta, clasificámolas e correxímolas pola pizarra.

0 comments

DETECTIVES DE MATERIAIS: HIDROXELES

Continuando co noso proxecto de novos materiais, hoxe chegoulle o turno aos hidroxeles máis coñecidos como órbits. Sabiades que son capaces de absorber moita auga? Para comprobar como o fan fixemos distintos experimentos. Primeiro, collimos vintecinco boliñas de hidroxel e pesámolas cunha pesa electrónica. Só pesaban un gramo.



Despois mergullamos dez boliñas en auga, dez en zume e dez en coca cola. Ao día seguinte,pesamos as boliñas que estaban mergulladas en auga e puidemos ver que menos boliñas pesaban seis gramos máis cas de onte:


Tamén descubrimos que as boliñas que estiveron na auga eran bastante máis grande cas que estiveron no zume e na coca cola:


Outra das cousas que fixemos foi poñer unhas boliñas brancas nun recipiente e outras tantas de cor noutro. Ao día seguinte, as boliñas brancas ... ERAN TRANSPARENTES!!!!  Mágoa que non temos ningunha foto para que o vexades!

0 comments

SCAPE ROOM CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Nós estivemos a falar do tema na clase utilizando os recursos que unha vez máis pon á nosa disposición a Área de Igualdade da Deputación da Coruña coa campaña DE FRONTE á violencia de xénero. 

Primeiro vimos tres pequenos videos en formato Visual Thinking como este:

Podedes ver os outros dous facendo clic na imaxe:


E a continuación fixemos o Scape Room que propoñen na mesma páxina para como eles ben din, traballar en igualdade e de xeito cooperativo o tratamento e prevención da violencia de xénero.

Clicando na seguinte imaxe,  podedes descargar a guía explicativa para a elaboración do Scape Room en formato PDF así como un listado dos recursos necesarios para executalo:


Aquí vos deixamos algunhas fotiños de como o fixemos:

0 comments

TALLER ZINKERS DA FUNDACIÓN REPSOL

 

Fonte da imaxe

Hoxe, realizamos na clase o taller Zinkers da Fundación Repsol. Sobre as nove e media (tiña que ser ás nove pero por problemas técnicos tivemos que facela máis tarde e na aula de segundo) conectámonos por videochamada con Franqui Llanes. 

Con el, aprendimos un montón sobre os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles) da Axenda 2030  través de distintas presentaciones e videos como este da UNESCO:

Para que nos quedará máis clariño,  despois dividímonos en dous equipos e xogamos  ao TABÚ dos ODS (había que descubrir os ODS sen dicir a palabra prohibida).

Foi moi divertido e aprendimos moitísimo.

 






0 comments

DETECTIVES DE MATERIAIS: AREA HIDRÓFOGA

Nesta terceira sesión, seguimos a investigar con distintos materiais. Comezamos dividíndonos por parellas para experimentar coa area hidrófoga. Primeiro, botamos unha pouca area nun recipiente plano e con ela fixemos unha especie de rampla ou tobogán. A continuación botámoslle enriba unhas poucas pingas de auga cunha micropipeta e vimos que a auga resbalaba, non se absorbía.



A continuación, botamos a area dentro dun vaso con auga e despois retirámola coa axuda dunha culler. A AREA ESTABA SECA!!!!!!!


Por último mollamos a area con aceite e despois mergullámola en auga outra vez. Cando a retiramos ... AGORA A AREA ESTABA MOLLADA!!!!!!


Grazas aos experimentos e á información do proxecto, descubrimos que esta area leva un tratamento cun líquido que fai que repela a auga e que sempre a notemos seca. Pero tamén descubrimos que este tratamento non é efectivo contra o aceite por iso cando lle botamos aceite e a mergullamos en auga, a area si que se molla..

0 comments

1ª CHARLA PLAN DIRECTOR: A VIOLENCIA DE XÉNERO NON TEN IDADE




A semana pasada tivemos a primeira das tres charlas pertencentes ao "Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos".

Durante unha sesión, Sara, unha garda civil, falounos dos estereotipos, do maltrato verbal e psicolóxico dalgúns homes hacia mulleres coas que manteñen ou mantiveron algunha relación sentimental, dos prexuizos e do importante que é fomentar a igualdade.

Tamén vimos algúns videos como este, cos que aprendimos que o control sobre o noso móbil, a roupa que usamos ou os nosos amigos e amigas non é sinónimo de amor.

0 comments

OS NOSOS DEREITOS

 


Mañá celébrase o día dos Dereitos dos Nenos e das Nenas. Na clase estivemos a falar do tema. Falamos non só dos dereitos senón tamén dos deberes que todos os nenos e nenas deben cumprir.

A continuación, de entre todos os dereitos, eleximos seis deles para representalos. Estes son os que eleximos cada un:

- DAVID: Dereito a ter un fogar


- QUIQUE : Dereito a ter unha familia


- SANTI: Dereito a xogar


- MANU: Dereito a ter un nome e unha nacionalidade


- KEVIN: Dereito a non ser explotado


-  ANXO: Dereito á protección contra o abandono


E finalmente, con todos estes dereitos fixemos "A casa dos nosos dereitos" na que colocamos detrás de cada fiestra e porta os dereitos que debuxamos:


QUE VOS PARECE?