Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións
0 comments

SORPRESA NA BIBLIO!

 Á volta das vacacións, despois do recreo, fomos a biblioteca. Cando chegamos vimos que había unha morea de libros, xogos e tamén ... ferramentas! Menuda sorpresa! Estamos desexando probar todo.

Alí coincidimos cos nosos compañeiros e compañeiras de cuarto de primaria e entre varios limos esta carta que Macín deixara para nos.


Como podedes ler, na carta Macín nos pide que para o Día da Paz, escollamos un xogo que pode ser ou non da biblio e que llo ensinemos a outra clase a xogalo.

Que xogo ensinaremos? Haberá que darlle ao miolo.

0 comments

CIRCO NA BIBLIOTECA


 Hoxe fomos á Casa da Cultura para ver o espectáculo de malabares, equilibrio e clown,  "Circo  na Biblioteca" de Dani Blanco, incluído no ciclo "Do cole á biblio" co que o Concello de Neda celebra o Día da Biblioteca.

Esta iniciativa, impulsada co apoio da Rede de bibliotecas de Galicia no marco do programa "Ler conta moito", busca achegar á rapazada a este espazo cultural, a través de accións de dinamización e espectáculos. 


0 comments

VOLUNTARIADO BIBLIOTECA

 Como xa imos en quinto, este ano podemos ser voluntari@s da biblioteca. A tarefa dos voluntari@s consiste en ir a buscar aos nenos de infantil para ir á biblioteca, axudarlles a coller libros, facer os empréstitos, catalogar, colocar os libros nos anaqueis por orde alfabética ...

Por iso, hoxe a profe Rosa, que é a coordinadora do equipo de Biblioteca deunos unha pequena formación para aprender como tiñamos que facer os empréstitos co programa Koha, como están catalogados os libros, ...

Gustounos tanto que... case tod@s nos apuntamos ao voluntariado!!!!

0 comments

CARTA DE MACÍN

 

Hoxe recibimos unha carta de Macín, a mascota da nosa biblio. Martina Fernández foi a encargada de lela en alto para todos e todas:


Na carta, Macín dicíanos que a nosa biblioteca ampliouse con novos libros e xogos dos que poderemos disfrutar unha vez que estean catalogados.
Tamén nos pediu unha cousiña aproveitando que dentro de pouco celebraremos o Samagostín no cole: que entre todos inventáramos un conto de medo e o presentásemos en formato audiovisual! Menudo reto, non si? 

Así que despois do recreo, xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 6º de primaria, fomos a biblioteca un anaquiño para poder ver en directo as novas adquisicións.



Moi boas lecturas, para todos e todas!!!!!

0 comments

SORPRESA NA BIBLIO!

 A que non sabedes que? Pois resulta que hoxe fomos á biblioteca un pouco antes do recreo e ao chegar ...

Vimos que estaba chea de libros, xogos e un fermoso boneco de Macín, a mascota da nosa biblio.


Tamén atopamos un sobre cunha carta. Manuel foi o encargado de lela para todos en alto:




Queredes saber o que dicía a carta?


Teremos que empezar a buscar un conto sobre a Paz, non vos parece?

0 comments

NOVAS DE MACÍN

 

Este venres recibimos as primeiras noticias de Macín. Xunto cos nosos compañeiros de quinto e sexto de primaria, fomos á biblioteca.



Alí, nun recuncho atopamos as súas caixas. Unha delas, poñía terceiro ciclo de primaria.



Cando a profe Carmen a abriu, atopamos unha carta, uns libros e unhas plantillas.



Na carta, Macín, pedíanos que como xa estamos preto do Samaín, escribísemos cada clase un conto de medo entre todos e que tamén o ilustrásemos.

Antes de voltar a clase, estivemos botándolle unha ollada aos libros que Macín nos recomendaba.




E para lembrar o día, sacamos unha bonita foto de grupo:

0 comments

CARTA DE MACÍN

 Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto fomos á biblioteca. Alí esperábannos as caixas de Macín e dentro delas unha carta. A carta dicía o seguinte:


Como puidéchedes ler, Macín pídenos que entre todos escribamos un conto de ... MEDO! Estamos desexando empezar!






Ademais de deixarnos uns libros sobre o Magosto e o Samaín, tamén nos deixou as plantillas para crear o conto:

0 comments

RECIBIMOS CARTA DE MACÍN

 

Unha vez máis, cando chegamos a clase esperábanos a caixa de Macín cunha nova carta. 

Nela o mago dicíanos que como neste mes se celebra o día do Libro, entre todos os nenos e nenas do cole iamos facer un camiño ata a Biblioteca. Que como o iamos facer?

Pois ben, cada un de nós, tiña que deixar a súa pegada nun folio de cores e unha vez seca, escribir nela o título dun libro que nos gustara moítisimo.

Así que .... MANS A OBRA! Pronto vos amosaremos como quedan as nosas pegadas.

0 comments

APADRIÑAMENTO LECTOR EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS

Hoxe fomos á biblioteca a buscar uns bonitos libros para ir a lerlles aos nenos e nenas de 5 anos. Ollade como disfrutamos tod@s:

0 comments

2ª CARTA DE MACÍN

Non tivemos que esperar moito para reicibir a segunda carta do mago Macín. Nela tal e como prometeu viña o cómic e ademais a mochila viaxeira chea de estupendos libros para ler.

0 comments

PRIMEIRA CARTA DO MAGO MACÍN

Cando hoxe chegamos a clase, enriba da mesa de Manuel estaba a caixa do Mago Macín a mascota da nosa biblio.

Manuel abriuna e amosounos o que tiña: unha carta. Na carta Macín dicíanos que hai uns días fora o día das bibliotecas escolares co lema "Unha biblioteca escolar en viñetas" e que como sabía que en Educación Física estivéramos facendo unhas probas e conseguíramos facer o puzzle da portada dun libro de banda deseñada , nos pedía que metéramos dentro da caixa o puzzle  para que dentro duns días e con axuda da súa maxia , ese puzzle se convertise nun libro de verdade.

Así que dito e feito, metimos o puzzle na caixa e ... A ESPERAR A VER QUE PASA.

0 comments

 

No marco da iniciativa "Ler conta moito" da Rede de bibliotecas públicas de Galicia, esta semana o concello de Neda activou o programa "Do cole á biblio" unha iniciativa que contou cun total de tres espectáculos de animación á lectura que tiveron lugar na Casa da Cultura.

A nós tocounos o espectáculo "Unha maxia diferente" a cargo do Mago Paco. Nel, a través de distintas historia e xogos de maxia, póñense de manifesto as diferencias humanas e trabállase a igualdade desde un punto de vista divertido e ilusionante e sen perder o transfondo educativo, tal e como di na súa páxina.

Pasámolo fenomenal




0 comments

MACÍN ESTÁ DE VOLTA


 Cando entramos na clase vimos que pola noite Macín nos visitara outra vez pois a súa caixa estaba enriba dunha mesa.

Santi abriuna e viu que había tres libros e tamén como non, unha carta. 

Na carta Macín, dicíanos que quería deixarnos eses libros que eran novidade na biblioteca. Un xa o coñeciamos, o da Folla Azul porque o limos o ano pasado e incluso nos visitou a súa autora Andrea Maceiras pero os outros dous non: Alma de elefante de tamén Andrea Maceiras e María Casares de María Canosa.

Sen dúbida os leremos durante o tempo de ler ou en calquera outro anaquiño que teñamos libre.

MOITAS GRAZAS MACÍN!