Amosando publicacións coa etiqueta MAQUETAS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MAQUETAS b>. Amosar todas as publicacións
A NOSA MAQUETA
Posted by
Ana Martínez
en
15:30
Custounos pero ao final rematámola. Aquí vos presentamos a nosa maqueta na que non podía faltar un faro que se ilumina ao igual ca casa e un muíño de vento.
Que vos parece?
Etiquetas CCNN, CURSO 2022/23, ELECTRICIDADE, MAQUETAS
MAQUETA DO RELEVO DE ESPAÑA
Posted by
Ana Martínez
en
18:00
Ademais do video que xa vos amosamos nunha entrada anterior, para aprender ben o relevo de España, por equipos cooperativos fixemos unha maqueta utilizando plastilina. Ollade que bonitas nos quedaron:
Etiquetas CCSS, CURSO 2019/20, MAQUETAS, RELEVO, RELIEVE
AS NOSAS MÁQUINAS
Posted by
Ana Martínez
en
11:14
No derradeiro temas de Ciencias Naturais estivemos aprendendo cousiñas sobre as máquinas simples e compostas. E como non hai mellor xeito para aprender que coa experimentación e manipulación, cada un de nós fixemos unha máquina utilizando materiais reciclados e despois expuxémolas todas na entrada do cole.
Estas son as nosas maquetas:
- ENMA: Un balancín
- ADRIÁN: Unha tartaruga xiratoria
- ALBA: Dúas versións de norias de auga
- YAGO: Un muíño de vento
- PAZ: Unha balanza
- AINOA: Un tobogán
- CARMEN: Unha catapulta
- AITANA: Un carro
- SHEILA: Unha atracción de canicas:
- MIGUEL: Un pozo
Moitísimas grazas a todas as familias pola súa colaboración
CREAMOS UNHA ESTACIÓN METEREOLÓXICA
Posted by
Ana Martínez
en
00:00
No tema 3 de Sociais estivemos aprendendo conceptos relacionados co tempo e o clima. Aprendimos cales eran os seus elementos e tamén con que aparatos se medían: barómetro, termómetro, pluviómetro, anemómetro, viraventos e higrómetro.
A profe, mercou unha pequena estación metereolóxica pero só indica a temperatura que hai dentro da clase e fóra:
O profe Antonio, díxonos que hai moitos anos, no cole tiñan unha estación metereolóxica que visitaban todos os días pero que agora xa nos funciona. Quixemos vela para comprobar como eran os aparatos que estudamos:
QUÉ MAGOA QUE NON FUNCIONE!
Así que como non funcionaba, decidimos facer a nosa propia ESTACIÓN METEREOLÓXICA.
1º: Organizámonos en grupos de dous para facer cada grupo un aparato. Cada grupo tivemos que apuntar nun papel os materiais que necesitabamos e facer un carteliño co nome do noso aparato:
2º. A profe puxo nunha mesa todos os materiais para facer os distintos intrumentos e nós tiñamos que ir collendo os que necesitabamos mirando pola lista:
3º Cada grupo, construímos o instrumento que nos tocou facer:
- TERMÓMETRO:
- VIRAVENTOS:
- BARÓMETRO:
- PLUVIÓMETRO:
- ANEMÓMETRO:
4º. Cando rematamos de facelos, cubrimos unha ficha de cada instrumento cos materiais que necesitamos para facelos e como o fixemos:
- TERMÓMETRO:
- BARÓMETRO:
- ANEMÓMETRO:
4º. Cando rematamos de facelos, cubrimos unha ficha de cada instrumento cos materiais que necesitamos para facelos e como o fixemos:
FUNCIONARÁN?
Etiquetas CIENCIAS SOCIAIS, CURSO 2016/17, MAQUETAS, METEREOLOXÍA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



























.png)















