PRACTICAMOS RECTAS PARALELAS
Etiquetas CURSO 2022/23, HALLOWEEN, PLÁSTICA, RECTAS PARALELAS, SAMAÍN
SAMAGOSTÍN
Onte, celebramos no cole a festa do SAMAGOSTÍN, unha mestura entre o Magosto e o Samaín.
Fixemos unha exposición de cabazas:
Viñemos disfrazados a clase:Xogamos a terroríficos xogos no patio cuberto:
Participamos nun obradoiro de experimentos, chapas e calcamonías organizado pola ANPA:
Etiquetas CURSO 2022/23, MAGOSTO, SAMAGOSTÍN, SAMAÍN
MANUALIDADES DE SAMAÍN I: FACEMOS NIÑOS DE ARAÑAS
Este mes estamos a traballar a temática do Samagostín que é un termo que nos "inventamos" no noso cole para agrupar a festividade do Samaín e a do Magosto.
Unha das manualidades que fixemos foi uns terroríficos "Niños de araña" para decorar os corredores do cole.
Queredes saber como o fixemos? Ollade, ollade,...
Etiquetas CURSO 2022/23, MANUALIDADES, SAMAÍN
SAMAÍN
O venres, celebramos no cole o Samagostín unha mestura de Samaín e Magosto. Uns días antes, entre todas as clases, decoramos os corredores e as ventás. Aos de sexto tocoulles facer gatos negros, aos de segundo pantasmas pequeniñas, casiñas encantadas aos de cuarto e grandes pantasmas espirais aos de terceiro.
E que nos tocou a nós? Pois ben a nos tocouns facer arrepiantes cabazas con tiras de papel. Así de ben as fixemos:
Este é o noso corredor principal:
E esta a entrada das aulas de quinto e sexto de primaria:
Algúns ata viñemos disfrazados:
Etiquetas CURSO 2021/22, SAMAÍN
ONDE VIVEN OS MONSTRUOS?
Etiquetas CURSO 2021/22, SAMAÍN
FELIZ SAMAÍN
Onte no centro celebramos a festa do SAMAGOSTÍN pero por mor do Coronavirus non foi unha celebración coma sempre.
No lugar de xuntarnos todos, celebramos a festa cada un na súa clase. Nós comezamos a mañá vendo a película de "Pesadillas", unha película de medo para nenos e nenas de máis de 7 anos. Aquí vos deixamos o trailer da película:
E para rematar fixemos unha terrorífica merenda cada un no seu sitio claro está. Para que veixades que medo dábamos todos quitamos esta foto diante das CATRINAS que decoramos estes días.
Fixáchesvos nos pompóns?
Tamén os fixemos nós con papel de seda seguindo estas instruccións.
A que nos quedaron bastante ben?
MOI FELIZ NOITE DE SAMAÍN PARA TODOS E TODAS!!!!!
Etiquetas CURSO 2020/21, SAMAIN, SAMAÍN





















































.png)















