Amosando publicacións coa etiqueta MAXIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MAXIA. Amosar todas as publicacións
0 comments

A IGUALDADE NON TEN TRUCO

Grazas á ANPA, onte, a compañía viguesa "Magia en la manga" veu ao noso colexio para representar o seu espectáculo: "A igualdade non ten truco". Durante o mesmo, ademais dos seus divertidos trucos de maxia con cartas, cordas, panos, dragóns e espadas, entre outros, tamén fixeron un percorrido  pola historia das mulleres magas para amosar que ainda que estamos máis afeitos a ver magos, tamén existiron e existen hoxe en día, moitas mulleres magas.

O mago, Carlos Tomico Pérez e a maga, Sara Rodríguez Martínez, transmitíronnos unha mensaxe moi importante: e é que todas e todos podemos desenvolver calquera profesión.









Que ben o pasamos!

0 comments

EN SAMAÍN TOCA... MAXIA!


Dentro das actividades  do programa "Ler conta moito" e tendo en conta que nuns días vai ser o Día das Bibliotecas Escolares, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP do cole, fomos hoxe á Casa da Cultura de Neda para ver o espectáculo "En Samaín toca ... Maxia!" da compañía de Vigo, Magia en la Manga.

Durante preto dunha hora, Óscar sorprendeunos cos seus trucos de maxia: dende cordas de distintos tamaños que acaban iguais, panos de distintas cores, cartas que desaparecían, boliñas que cambiaban de lugar .... e todo iso ambientado de Samaín.

Pasámolo fenomenal!!!!! 

8 comments

ABRAPALABRA: MAXIA E POESÍA

Hoxe os nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto acompañados dalgúns rapaces do colexio de San Isidro, fomos á Casa da Cultura de Neda,   a ver o espectáculo "ABRAPALABRA" do mago Carlos Coira.
Esta actividade, dirixida aos nenos e nenas entre 4 e 11 anos,  forma parte do programa de dinamización lectora en bibliotecas que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística: "Ler conta moito" co que pretende contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir, achegando á cidadanía á lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.

Durante preto dunha hora, o mago Carlos Coira, animounos a gozar da "maxia das palabras" a través de divertidos trucos nos que algún de nós ademais tivemos a gran sorte de participar.

Aquí vos deixamos algunha fotiño para que vexades o atentos que estabamos e o ben que o pasamos. Para ver as imaxes a maior tamaño pon o rato encima e clica no botón azul : Lanzar Gallery: