0 comments

FLORES PARA ROSALÍA

Por mor do Día de Rosalía, nas clases, estivemos a inventar un poema que despois escribimos nun papel especial, un papel con sementes de varias especies de plantas.

No blogue da biblio, BIBLIOMACI, podedes ver todos os poemas que escribimos. Aquí vos deixamos o noso:


Hoxe xuntámonos todos no patio para plantar os nosos poemas:

 

Gústavos o cartel tan chulo que fixemos coa axuda da nosa profe?

0 comments

SCRATCH ART: MÁSCARAS

 Na clase de plástica estivemos a facer unhas bonitas máscaras utilizando papel Scratch, é dicir, follas de papel negro que cando as rascamos cun paíño ou un punzón deixan ven un fondo de cores.

Que vos parece como nos quedaron?




0 comments

FESTA DO ENTROIDO

 Onte celebramos no cole a festa do Entroido. Primeiro desfilamos no patio de infantil e a continuación degustamos ricas orellas e rosquillas que fixo a ANPA.



Que ben o pasamos!

Podedes ver todas as fotos desta semana na páxina web do cole:

0 comments

A HISTORIA DO NOSO DISFRAZ

 Este ano, imos ir disfrazados do "Prestige" e da plataforma "Nunca Máis". 

O Prestige foi un barco petroleiro que hai 20 anos partiuse en dous fronte as costas de Galicia debido a un temporal. Isto provocou o vertido de preto de 77.000  toneladas de petróleo nas nosas augas o que supuxo un grande desastre ecolóxico.

A marea negra do Prestige, congregou a máis de 65.000 voluntarios de todo o mundo que viñeron a Galicia a axudar a limpar as nosas praias.

Como reacción ante a catástrofe xurdiu a plataforma Nunca Máis para reclamar que Galicia fose declarada "zona catastrófica", limpar o vertido tóxico e que se activasen as axudas económicas.

E esto é o que fixemos para o disfraz:

- O Prestige soltando o petróleo feito cunha caixa de cartón e bolsas recicladas:


- Os buzos de traballo dos voluntarios por diante e por detrás:



- As proteccións feitas con botellas de plástico:




- As ferramentas dos voluntarios para sacar o chapapote feitas con tubos de cartón e botellas de plástico:


- A bandeira da plataforma "Nunca Máis" feita con bolsas recicladas:


- E para rematar un paxaro negro que representa o gran desastre ecolóxico que supuxo este vertido:


Que vos parece o noso disfraz?

0 comments

MANDATOS DO MECO IV

 O xoves ...

SE UN PASEO COMIGO

POLO AIRE QUERES DAR,

UNHA CAPA OU ALGO COLGANDO

DEBES LEVAR.

E así iamos tod@s coa nosa capa:

0 comments

MANDATOS DO MECO III

 O mércores ...

AO COLE AS DE VIR COMO O DOMINGO.

ZAPATILLAS, PIXAMA E BATA...

E A SOÑAR QUE ERES PIRATA!

0 comments

MANDATOS DO MECO II

 O martes ...

SE DE ACDC QUERES PARECER,

DE NEGRO E DESPEINAD@ TE TERÁS QUE POÑER.

Como non temos foto de grupo, deixámosvos estas fotos de cando viñeron o Pescador e o Submarinista a clase  para comprobar se iamos tal e como se nos pedía:

0 comments

MANDATOS DO MECO I

O luns ... 

SE DO CIRCO DO SOL, QUERES APARENTAR

ALGO NA CABEZA TERÁS QUE LEVAR

E así viñemos todos, con algo na cabeza:

0 comments

MECO 2023

Hoxe pola tarde a ANPA do noso cole estivo moi ocupada preparando o Meco deste ano para que todos os nenos e nenas podan velo cando cheguen o luns pola mañá: 




Como podedes ver, trátase nin máis nin menos que dun fondo mariño co seu pescador e todo xa que por se non o sabiades, este ano o tema elexido para os disfraces é o mar e o seu coidado.

QUE PRECIOSIDADE DE MECO, NON CREDES?


0 comments

DECORACIÓN ENTROIDO

 Para decorar o cole para a festividade do Entroido, aos nenos e nenas de sexto tocounos facer uns polbos xigantes.

Xa que estamos co proxecto de "SOSteño o mundo entre as miñas mans", decidimos facelo utilizando cartón reciclado e tapas de plástico tamén recicladas.






Así é como nos quedaron:



GÚSTANVOS?

0 comments

EXPOSICIÓN AS AVES DE NEDA EN MACIÑEIRA


Durante dúas semanas, os nenos e nenas do colexio poidemos disfrutar das imaxes que constitúen a exposición fotográfica adicada ás aves do Concello de Neda grazas á Asociación Néboa Medioambiente.
Nas fotografías, feitas non por fotógrafos profesionais, senón por membros da agrupación ornitolóxica Anduriña , aparecen as aves máis habituais tanto terrestres como acuáticas do noso Concello xunto cun carteliño co que aprender non só as súas principais características senón tamén algunha curiosidade sobre ela.
Ademais tamén nos deixaron unhas preciosas postais sobre as aves e uns xogos didácticos.


Moitísimas grazas á Asociación Néboa por compartir esta fermosa exposición connosco.

0 comments

MACÍN ESTÁ DE VOLTA


 Cando entramos na clase vimos que pola noite Macín nos visitara outra vez pois a súa caixa estaba enriba dunha mesa.

Santi abriuna e viu que había tres libros e tamén como non, unha carta. 

Na carta Macín, dicíanos que quería deixarnos eses libros que eran novidade na biblioteca. Un xa o coñeciamos, o da Folla Azul porque o limos o ano pasado e incluso nos visitou a súa autora Andrea Maceiras pero os outros dous non: Alma de elefante de tamén Andrea Maceiras e María Casares de María Canosa.

Sen dúbida os leremos durante o tempo de ler ou en calquera outro anaquiño que teñamos libre.

MOITAS GRAZAS MACÍN!

0 comments

DOMUS E CASA DAS CIENCIAS

Onte fomos de excursión a A Coruña. Primeiro visitamos a Domus. Alí fixemos un obradoiro chamado "Bocados" sobre hábitos alimenticios no que coñecimos diferentes cereais tanto a súa planta a  través de imaxes como a súa semente:

Fixemos un Kahoot con eles:


Practicamos papiroflexia en forma de frutas: bananas, sandías, plátanos ou mazás:


E por último fixemos falso caviar facendo esferificacións.


A continuación paseamos por todas as salas onde poidemos contemplar un parto real, relaxarnos para gañar nun xogo que mide a actividade cerebral, realizar debuxos seguindo instruccións verbais, medir a velocidade dun tiro de penalti, probar os reflexos e a axilidade, coñecer os nosos orixes, afinar a puntería cuns bisontes de Altamira e moitísimas actividades máis.

Despois de comer no Parque de Santa Margarida, visitamos a Casa das Ciencias.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada:


Foi un día moi entretido e interesante.