0 comments

UN MAR DE VIDA PARA A CIDADANÍA


O pasado luns, tivemos no cole unha charla do CEIDA (Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia). Esta charla tal e coma nos din na súa páxina oficial : forma parte do programa de educación ambiental "Un mar de vida para a cidadanía. biodiversidade e servizos dos ecosistemas do Golfo Ártabro" dirixido aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria dos centros educativos dos concellos que forman parte do Golfo Ártabro co fin de divulgar a biodiversidade da súa contorna máis próxima.

Comezamos vendo unha presentación e uns videos nos que aprendimos que peixes, mamíferos e aves podemos atopar nos ecosistemas tanto de mar como de río que hai no noso Concello ou preto del. Descubrimos paxaros como a Píllara das dunas, o arao (que parece un pengüín), os corvos mariños, a pardela,...e  mamíferos como o arroaz e o golfiño. Coñecimos a herba de namorar e tamén unhas covas que se chaman furnas e que eran moi bonitas.


A continuación, fixemos un obradoiro que tiña dúas partes:

Na primeira parte, divididos en catro grandes grupos cun gran mapa do Golfo Ártabro e unhas tarxetas. tivemos que colocar todas as tarxetas no lugar axeitado. Segundo o número de tarxetas acertadas, os monitores dábannos unhas tarxetas grandes nas que estaban escritas cousas boas e malas para os ecosistemas.



Na segunda parte, colocando as tarxetas grandes a modo de dominó, dous grupos tivemos que contar unha historia beneficiosa para o medio ambiente e os outros dous, unha historia que tivese consecuencias negativas.


Así nos explica Adrián, a historia do seu grupo:

3 comments

GAÑAMOOOOOOOS!


Hai uns días, comentabámosvos que este ano participabamos unha vez máis no Premio Espiral de Edublogs na categoría de Alumnos de Primaria que constrúen e que quedaramos finalistas.

Pois ben, o pasado luns 14 de maio, coñecéronse os gañadores de cada categoría e ... NÓS SOMOS UNS DELES!

O vindeiro 16 de xuño en Madrid saberemos se gañamos a buxaina de ouro, de prata ou de bronce, pero gañemos cal gañemos, nós xa nos sentimos GAÑADORES.

GRAZAS, ESPIRAL!!!!

0 comments

CORRELINGUA 2018


O pasado martes15 de maio, todos os nenos e nenas do colexio participamos no Correlingua baixo o lema "A LINGUA NON PARA". Eramos case 1400 alumn@s de distintos centros de Ferrol e da comarca. Debido á chuvia, non puidemos facer a carreira pero si disfrutar das actuacións e da lectura do manifesto gañador dentro do Auditorio de Caranza.

O encargado da presentación foi Cé Orquestra Pantasma:


Primeiro vimos os videos gañadores, un dos alumnos de 5º de primaria do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela e outro do CPR Seminario Menor A Inmaculada de Ourense:



A continuación, Celtia, Inés e Andrea de 6º de EP e Paz, Sheila e Alba (xunto con Yago que portaba a pancarta que fixemos), subiron ao escenario a ler o manifesto gañador do alumnado de 3º C da ESO do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela:



Imaxes extraídas do Facebook do Correlingua

E léronno así de ben:

Lectura manifiesto Correlingua 2018 from Ana Martínez on Vimeo.

E para finalizar, disfrutamos todos un montón coa actuación do músico Pakolas (Paco Cerdeiras). Aquí vos deixamos o seu video de promoción para os que non o coñezades:

0 comments

LETRAS GALEGAS 2018: Mª VICTORIA MORENO


Hoxe 17 de maio, celebramos en Galicia o Día das Letras Galegas. Cada ano homenaxéase a un escritor ou escritora polos libros que escribiron e pola defensa que fixeron do galego. Este ano, a persoa homenaxeada é Mª Victoria Moreno.

Queredes coñecer a súa biografía?

Pois ningúen mellor que a propia Mª Victoria para que nola conte. Utilizando o programa Crazy Talk 8, as nosas voces e unha imaxe que atopamos en internet, fixemos este video:


A que nos quedou moi ben?

Aquí vos deixamos tamén estes dous videos feitos por Algarabía Animación para a TVG e a Consellería de Cultura sobre a autora homenaxeada:



.

E tamén estes recursos:

- Brincaletras:


- Recursos do Seminario Galán:


  • - Actividades imprimibles sobre a súa biografía e obra:


  • Actividades para facer en liña:





Para atopar máis recursos sobre esta gran escritora no dubidedes en visitar a páxina de PRIMAVERA DAS LETRAS:



FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

0 comments

QUIZIZZ SOBRE OS VISIGODOS E O AL-ANDALUS


Hoxe fixemos todos ao mesmo tempo,  na aula de informática, un test feito cunha ferramenta chamada QUIZIZZ ( que coñecidos grazas ao blog Ilustradores del tiempo) sobre os visigodos e o AL-ANDALUS. Para entrar, tedes que facer clic na imaxe de arriba.





Despois de ver os  resultados do test, temos claro que hai que repasar bastante máis, non si?


0 comments

MARCHA CICLISTA 2018


O pasado venres, todos os alumnos e alumnas do CEIP de Maciñeria que quixeron, dende Educación Infantil a Educación Primaria, participaron na undécima Marcha Ciclista organizada polo Concello de Narón en colaboración coa Policia Local, Protección Civil e o Speis (Extinción de incendios e salvamento de Narón) con meta no paseo de Xuvia. Foron máis de 1200 escolares de todos os centros educativos do concello de Narón, usuarios da asociación Nuestra Señora de Chamorro e por suposto tamén o noso.

O único malo da xornada foi o tempo, xa que lles choveu case todo o tempo e tiveron que virse antes sen poder ver a exhibición a cargo da Unidade Canina do Tercio Norte de Infantería de Mariña que comezaba pasadas as doce do mediodía.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada:


3 comments

SOMOS FINALISTAS!!!!


Ao igual que o ano pasado, este ano participamos co blog no Premio Espiral de Edublogs, na categoría de Alumnos de Primaria que contrúen. Este premio, pretende valorar a importancia e repercusión das boas prácticas educativas, apoiadas en ferramentas dixitais, para o desenvolvemento de contidos curriculares e motivación dos alumn@s.

Este luns saíron os finalistas das distintas categorías e sabedes que? Os noso blogue está entre os catro finalistas da nosa.

Como podedes ver, aparte do noso blogue, son finalistas:




O vindeiro 14 de maio, saberemos se quedamos entre os tres primeiros e optamos a unha buxaina , pero a levemos ou non, o certo é que estar entre os finalistas xa é un premio en si.

MOITA SORTE PARA TOD@S!

0 comments

OS REINOS XERMANOS E A CONQUISTA MUSULMÁ



En ciencias sociais xa empezamos cos temas de historia. O primero dos temas é o da Idade Media. Ata o de agora, só falamos da invasión dos pobos xermánicos:


E da conquista musulmá e a vida e cultura no Al-Andalus:


Antes de empezar cos reinos cristiáns, fixemos unha pequena parada para afianzar o aprendido  con este mapa mental feito con GoConqr. Clica nas frechas de arriba:

Mapa Mental creado con GoConqr por Ana Martínez

Con este que fixemos cada un na súa libreta:


E tamén con estas fichiñas feitas coa mesma ferramenta:

Conjunto de Fichas creado con GoConqr por Ana Martínez

E para comprobar todo cuanto aprendimos o próximo día iremos a informática a facer un QUIZIZZ sobre o tema.

1 comments

O NOSO MANUAL DE SEPARACIÓN DE MESTURAS


Outra das actividades que fixemos no tema de CCNN sobre a MATERIA, foi desenvolver un MANUAL SOBRE SEPARACIÓN DE MESTURAS.

Primeiro, agrupámonos por parellas de "científicos" (como faltaba Carmen, quedou un equipo de tres) e repartímonos as catro mesturas que nos propuxo a profe:


 Auga e area
Auga salgada
Auga e alcol
Arroz e limaduras de ferro (en substitución as limaduras, chinchetas)

Cada equipo, comezamos elaborando unha estratexia para separar os compoñentes da nosa mestura, incluíndo un método, a dispoñibilidade de materiais e o seu custo. E a continuación, avaliámola, consesuámola e presentámola por escrito nunha plantilla que nos proporcionou a profe, co fin de obter un único manual de separación de mesturas coa descrición, requirimentos e custo aproximados de cada técnica.

Este é o noso traballo:

- Equipo 1: Alba e Miguel.


- Equipo 2: Sheila e Enma:

Equipo 3: Ainoa e Aitana.

Equipo 4: Adrián, Yago e Paz:

Aquí vos deixamos as plantillas que preparou a profe por se alguén lle resultan útiles:

0 comments

CANTO SABES DA MATERIA E AS SÚAS PROPIEDADES?


Agora que xa experimentamos tanto coas propiedades xerais da materia como coas propiedades específicas, e investigamos sobre as mesturas e as formas de separalas, imos comprobar canto sabemos sobre o tema con este test feito con GoConqr:

Test creado con GoConqr por Ana Martínez

1 comments

EXPERIMENTANDO COA FLOTABILIDADE E A DENSIDADE


Despois de experimentar coas propiedades xerais da materia, é dicir, coa masa e o volume, chegoulle o turno ás propiedades características e dentro delas, á densidade e á flotabilidade.

Sabemos que un corpo flota se a súa densidade e menor ca a da auga (1g/cm3) e que afonda se a súa densidade é maior. Así que quixemos probar se era verdade.

Primeiro probamos con dous trozos iguais de aluminio. Cun, fixemos unha bóla e co outro un barquiño. Observamos que a bóla de aluminio era algo máis densa que a auga e ainda que non chegaba a afundir totalmente si que quedaba parte dela baixo a auga:


E que o barco de aluminio flotaba porque estaba oco e a densidade do barco completo era menor ca a da auga:


Despois probamos que pasaba cun submarino caseiro que fixemos cunha botella de medio litro de auga. Que como o fixemos? Cunha tesoira fixémoslle dous buratos aos que lles atamos unha cinta con dúas plomadas para que os buratos quedasen sempre para abaixo. Polo lado contrario, fixemos outro burato polo que pasamos un tubo que sellamos con silicona.

Cando metimos a botella na auga, vimos como pouco a pouco se ía afundindo a medida que a auga entraba polos buratos de abaixo:


Unha vez que estaba xa case afundida , un de nós soplou polo tubo de plástico é ... MAXICAMENTE O SUBMARINO VOLTOU Á SUPERFICIE!


CONCLUSIÓN: O submarino (a botella) sempre ten o mesmo volume. Cando está cheo de auga, a súa densidade e maior ca a da auga e afúndese. Cando o submarino se enche de aire, a auga sae, o submarino pesa menos, a súa densidade é menor ca a da auga e polo tanto sobe ata que flota na superficie da auga.

A continuación experimentamos con distintas substancias: mel, deterxente líquido, auga, aceite e alcol.


E puidemos comprobar como se ían colocando as substancias segundo a súa densidade:


(A próxima vez temos que tintar o alcol para que se vexa mellor enriba do aceite)

CONCLUSIÓN: Ordenadas de maior a menor densidade:

MEL > DETERXENTE LÍQUIDO > AUGA > ACEITE > ALCOL