Amosando publicacións coa etiqueta POESÍA E IMAXE b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta POESÍA E IMAXE b>. Amosar todas as publicacións
ILUSTRANDO POESÍAS
Posted by
Ana Martínez
en
22:39
Un ano máis, participamos no concurso Poesía e Imaxe convocado polo Concello de Ferrol dende a área de Normalización Lingüística, que este ano vai xa pola XVII edición.
Este concurso que "ten por finalidade que os alumnos e as alumnas dos centros de ensino de Ferrol e da comarca coñezan a realidade plurilingüe do mundo da que forman parte con lingua propia" ( Álvaro Montes, concelleiro de Normalización Lingüística), consiste en poñer imaxe a unha poesía elexida de entre 30 de distintos autores e autoras do mundo e en diferentes linguas.
Estas son as que escollimos e ilustramos nós:
Etiquetas CURSO 2016/17, POESÍA, POESÍA E IMAXE
PREMIOS POESÍA E IMAXE´: NORABOA ESTELA!!!!!!
Posted by
Ana Martínez
en
00:03
Este curso participamos no Certame de Creación Artística de Poesía e Imaxe que este ano vai xa pola XVI edición. Este certame, promovido pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol, consiste en poñer unha iamxe (fotografía, debuxo, collage,...) a uns versos ou parágrafos escollidos entre 30 textos de distintos autores e autoras do mundo e en diferentes linguas (xaponés, portugués, catalán, inglés, galego,...).
Como expoñen desde o departamento de GNL de Ferrol «Esta actividade escolar ten por finalidade que os alumnos e as alumnas dos centros de ensino de Ferrol e da comarca coñezan a realidade plurilingüe do mundo da que forman parte con lingua propia»,
Estas son as poesías que eleximos nós e os nosos debuxos:
E hai uns días, chegounos a agradable noticia de que a nosa compañeira Estela, resultou unha das gañadoras na categoría de traballos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
A NOSA MÁIS SINCEIRA NORABOA, ESTELA!
Etiquetas CURSO 2015/16, POESÍA E IMAXE
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpeg)








.png)















