0 comments

FELIZ NOITEBOA!!!!!

 Na entrada das tarxetas de Nadal, dixémosvos que dentro delas había unha sorpresiña, lembrades?

Pois ben, hoxe día de Noiteboa, e tendo en conta que esta noite vai vir a visitarnos, ensinámosvos as fotos que temos con Papa Noel que ían dentro das  tarxetas:




FELIZ NOITEBOA PARA TOD@S!!!!!!

0 comments

SAN SILVESTRE

 


Hoxe tivo lugar no cole a 4º San Silvestre. Todos os nenos e nenas do cole así como os profes e as familias que puideron vir, participamos nela para celebrar que xa están aquí as vacacións de Nadal.

Podedes ver as fotos da xornada na páxina web do cole ou facendo clic na seguinte ligazón:

SAN SILVESTRE 2023

0 comments

TARXETAS NAVIDEÑAS

 Para felicitar as nosas familias, fixemos estas tarxetas de Nadal en 3D que atopamos na páxina de Krokotak:




Dentro de cada tarxeta, ademais dos nosos desexos navideños había unha sorpresiña que vos amosaremos proximamente.

0 comments

TOLO CONTO DE NADAL

 

Hoxe disfrutamos do espectáculo de monicreques "TOLO CONTO DE NADAL" de Duende Sico grazas a ANPA. Todo o cole fomos ao patio cuberto e alí pasámolo fenomenal.

Podedes ver máis fotos na páxina web do cole ou facendo clic na seguinte ligazón:

FOTOS TOLO CONTO DE NADAL

0 comments

DECORACIÓN NAVIDEÑA

 


Se por Samaín decoramos o cole cos nosos gatos monstruosos, esta vez o equipo de decoración de Nadal decidiu que a clase de quinto decorase os corredores con Papa Noeis.

Ollade que bonitos nos quedaron:




Que vos parecen?