Amosando publicacións coa etiqueta EXPOSICIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXPOSICIÓN. Amosar todas as publicacións
0 comments

EXPOSICIÓN LUZ NEGRA

 Os nenos e nenas de Educación Infantil, durante o primeiro trimestre estiveron a traballar á artista xaponesa Yayoi Kusama na secuencia anual de arte.

E para que todos coñecésemos o grandes artistas que son, as súas profes fixeron unha exposición de  luz negra coas cabazas realizadas polos peques.

Gustounos moitísimo!!!!!



0 comments

TRANVÍAS FERROL-NEDA

Este xoves, os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria, baixamos andando á Casa das Palmeiras, para ver a exposición de debuxos a color de Xulio Ferrín sobre a liña de tranvía Ferrol-Neda. A exposición consta de 26 láminas que ilustran a historia deste medio de transporte entre o ano 1924, cando botou a andar a primeira liña e 1961 data da súa derradeira viaxe.
Gustounos moitísimo!

0 comments

EXPOSICIÓN E VISITA AO RÍO BELELLE

Estes días temos a sorte de contar no cole cunha fermosa exposición sobre o Río Belelle que puxo á nosa disposición a asociación Néboa Medio Ambiente. Como eles din na súa páxina, trátase dunha asociación ecoloxista que nace no ano 1996, no seo da entidade cultural Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, coa idea de encauzar as inquietudes medio ambientais dalgúns socios posibilitando a súa actuación nesta dirección. Agrupa a xente como biólogos, inxeñeiros, técnicos medio ambientais, mestres, monitores e directores de tempo libre, ...

Ollade que exposición máis bonita:



Pero ademais, o venres pasado estiveron no colexio para facer uns talleres con nenos e nenas de infantil, primeiro ciclo y terceiro de primaria e hoxe viñeron para levarnos a dar unha pequena volta polo río Belelle.

Alí poidemos ver en vivo e en directo a flora e fauna do lugar. Falamos das árbores que había á beira do río como Salgueiros, Bidueiros,  Abelairas, Eucaliptos,... e dalgúns arbustos como o loureiro ou o fieito real que está en perigo de extinción. Tamén aprendimos o nome dalgúns paxaros como o martíño peixeiro, o merlo, a lavandeira,... E ademais fixemos algúns estudos sobre o río como o seu PH (5), a temperatura da auga (10.8º), a transparencia, a velocidade da auga (0.51) a porcentaxe de nitratos (entre 1 e 10), ... Todo isto apuntámolo nun caderno de campo que nos deron. Foi unha gran experiencia para todos.