Algúns opinan que o derradeiro cadro que pintou Van Gogh antes de morrer foi: "CAMPO DE TRIGO CON CUERVOS" así que quixemos finalizar o noso proxecto representando o mesmo cadro.
Para que nos fose máis doado pintalo, utilizamos este titorial que atopamos na red:
Utilizamos ceras brandas, duras, rotuladores, ... e así nos quedaron :
Continuando co noso proxecto do Quixote e tamén co de Van Gogh, mesturamos os dous proxectos facendo a nosa cuarta obra de arte: " NOITE ESTRELADA E DON QUIXOTE":
Lembrades que xa hai tempo vos amosamos como estaban a quedar os nosos cadros de tulipáns do proxecto de Van Gogh (VAN GOGH E OS TULIPANS)?
Pois ben, por fin xa todos os rematamos e podemos ensinarvos os bonitos que nos quedaron:
Xa case estamos rematando outros dous grandes cadros de Van Gogh. Nuns días veredes como nos están a quedar. Cando os rematemos, faremos unha exposición na entrada do colexio para que todos os nosos compañeiros poidan ver as nosas obras.
A Van Gogh gustáballe moito pintar ao aire libre paisaxes, flores, árbores,... Entre os cadros que pintou hai un titulado: "CAMPO DE TULIPÁNS", un precioso cadro dos campos holandeses onde o pintor nos amosa un campo cheo de tulipáns amarelos, vermellos, azuis, laranxas, brancos ,...
Precisamente en Holanda, en honor a Van Gogh, no 125 aniversario da súa morte, o parque Keukenhof de Lisse, famoso por poseer o xardín floral máis grande do mundo, creou o rostro do pintor co tulipáns.
Así estaba cando os plantaron:
E así de bonito está esta primavera:
Nós tamén quixemos pintar un cadro de tulipáns, así que nos puxemos mans á obra e ... aquí tedes os nosos tulipáns ao estilo Van Gogh. Ollade como nos están a quedar:
Continuando co noso proxecto de Van Gogh, como xa vos dixemos noutra entrada anterior, ademais de coñecer a súa vida estamos a coñecer a súa obra.
Comezamos cos seus AUTORRETRATOS. Sabiades que Van Gogh pintou 27 autorretratos? Si, si como o ledes. Ninguén sabe realmente cal deles é o máis parecido á realidade por iso é coñecido como "o pintor das mil caras".
Comezamos vendo este video de Philip Scott Johnson no que podemos apreciar os distintos cambios na fisonomía do pintor:
E a continuación centrámonos nestes dez autorretratos para poder apreciar ben o seu xeito de pintar: as cores que utilizaba como amarelo, laranxa ,marrón, azul ou verde e tamén os seus trazos enérxicos con liñas curtas ben marcadas e/ou remuíños:
E para rematar, fixemos o noso AUTORRETRATO AO ESTILO VAN GOGH. Collimos unha foto nosa en branco e negro e a "tuneamos" pintándoa con ceras duras e brandas. Ollade que ben nos quedaron:
QUE VOS PARECEN?
Se tedes curiosidade, podedes ver os autorretratos que se fixo Van Gogh clasificados por data, clicando na imaxe de abaixo: