0 comments

AULA GREEN STEAM


Hoxe veu ao noso cole a AULA GREEN STEAM de Afundación para a nosa clase e a dos nosos compañeiros e compañeiras de sexto. Trátase dunha serie de obradoiros STEAM en clave SOSTIBLE baseados na música, pintura e deseño para todas as idades. En concreto o noso obradoiro foi de programación, robótica, arte e música "DJ Makey Makey".

Primeiro dividímonos en dous grupos de tres e falamos da sinestesia tecnolóxica:

A continuación as nosas monitoras dixéronnos que iamos facer unha batalla de galos tecnolóxica:


Para iso, tiñamos que inventar unha poesía desde o principio ou completar unha dada e repartirnos as estrofas:



Despois presentáronnos o programa Scratch, eleximos un fondo e un personaxe e aprendimos a programalo. Grabamos as nosas voces recitando os poemas, colocamos os cables na nosa "mesa de mezclas" e convertímonos en verdadeiros DJs.


0 comments

COMEDEIROS DE DITONGOS E HIATOS

 


En lingua galega e castelá estamos a estudiar os ditongos e hiatos. Para repasar dun xeito un pouco máis divertido utilizamos "OS COMEDEIROS DE DITONGOS E HIATOS" que atopamos no blog LA MADEMOISELLE DU FLE e que podedes descargar na súa páxina.

A profe puxo os dous comedeiros na pizarra e repartiu os ósos entre todos. Por orde, saímos a colocar os nosos ósos no comedeiro correspondente.







Despois, copiamos todas as palabras na libreta, clasificámolas e correxímolas pola pizarra.

0 comments

DETECTIVES DE MATERIAIS: HIDROXELES

Continuando co noso proxecto de novos materiais, hoxe chegoulle o turno aos hidroxeles máis coñecidos como órbits. Sabiades que son capaces de absorber moita auga? Para comprobar como o fan fixemos distintos experimentos. Primeiro, collimos vintecinco boliñas de hidroxel e pesámolas cunha pesa electrónica. Só pesaban un gramo.



Despois mergullamos dez boliñas en auga, dez en zume e dez en coca cola. Ao día seguinte,pesamos as boliñas que estaban mergulladas en auga e puidemos ver que menos boliñas pesaban seis gramos máis cas de onte:


Tamén descubrimos que as boliñas que estiveron na auga eran bastante máis grande cas que estiveron no zume e na coca cola:


Outra das cousas que fixemos foi poñer unhas boliñas brancas nun recipiente e outras tantas de cor noutro. Ao día seguinte, as boliñas brancas ... ERAN TRANSPARENTES!!!!  Mágoa que non temos ningunha foto para que o vexades!

0 comments

SCAPE ROOM CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Nós estivemos a falar do tema na clase utilizando os recursos que unha vez máis pon á nosa disposición a Área de Igualdade da Deputación da Coruña coa campaña DE FRONTE á violencia de xénero. 

Primeiro vimos tres pequenos videos en formato Visual Thinking como este:

Podedes ver os outros dous facendo clic na imaxe:


E a continuación fixemos o Scape Room que propoñen na mesma páxina para como eles ben din, traballar en igualdade e de xeito cooperativo o tratamento e prevención da violencia de xénero.

Clicando na seguinte imaxe,  podedes descargar a guía explicativa para a elaboración do Scape Room en formato PDF así como un listado dos recursos necesarios para executalo:


Aquí vos deixamos algunhas fotiños de como o fixemos:

0 comments

TALLER ZINKERS DA FUNDACIÓN REPSOL

 

Fonte da imaxe

Hoxe, realizamos na clase o taller Zinkers da Fundación Repsol. Sobre as nove e media (tiña que ser ás nove pero por problemas técnicos tivemos que facela máis tarde e na aula de segundo) conectámonos por videochamada con Franqui Llanes. 

Con el, aprendimos un montón sobre os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles) da Axenda 2030  través de distintas presentaciones e videos como este da UNESCO:

Para que nos quedará máis clariño,  despois dividímonos en dous equipos e xogamos  ao TABÚ dos ODS (había que descubrir os ODS sen dicir a palabra prohibida).

Foi moi divertido e aprendimos moitísimo.

 






0 comments

DETECTIVES DE MATERIAIS: AREA HIDRÓFOGA

Nesta terceira sesión, seguimos a investigar con distintos materiais. Comezamos dividíndonos por parellas para experimentar coa area hidrófoga. Primeiro, botamos unha pouca area nun recipiente plano e con ela fixemos unha especie de rampla ou tobogán. A continuación botámoslle enriba unhas poucas pingas de auga cunha micropipeta e vimos que a auga resbalaba, non se absorbía.



A continuación, botamos a area dentro dun vaso con auga e despois retirámola coa axuda dunha culler. A AREA ESTABA SECA!!!!!!!


Por último mollamos a area con aceite e despois mergullámola en auga outra vez. Cando a retiramos ... AGORA A AREA ESTABA MOLLADA!!!!!!


Grazas aos experimentos e á información do proxecto, descubrimos que esta area leva un tratamento cun líquido que fai que repela a auga e que sempre a notemos seca. Pero tamén descubrimos que este tratamento non é efectivo contra o aceite por iso cando lle botamos aceite e a mergullamos en auga, a area si que se molla..

0 comments

1ª CHARLA PLAN DIRECTOR: A VIOLENCIA DE XÉNERO NON TEN IDADE




A semana pasada tivemos a primeira das tres charlas pertencentes ao "Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos".

Durante unha sesión, Sara, unha garda civil, falounos dos estereotipos, do maltrato verbal e psicolóxico dalgúns homes hacia mulleres coas que manteñen ou mantiveron algunha relación sentimental, dos prexuizos e do importante que é fomentar a igualdade.

Tamén vimos algúns videos como este, cos que aprendimos que o control sobre o noso móbil, a roupa que usamos ou os nosos amigos e amigas non é sinónimo de amor.

0 comments

OS NOSOS DEREITOS

 


Mañá celébrase o día dos Dereitos dos Nenos e das Nenas. Na clase estivemos a falar do tema. Falamos non só dos dereitos senón tamén dos deberes que todos os nenos e nenas deben cumprir.

A continuación, de entre todos os dereitos, eleximos seis deles para representalos. Estes son os que eleximos cada un:

- DAVID: Dereito a ter un fogar


- QUIQUE : Dereito a ter unha familia


- SANTI: Dereito a xogar


- MANU: Dereito a ter un nome e unha nacionalidade


- KEVIN: Dereito a non ser explotado


-  ANXO: Dereito á protección contra o abandono


E finalmente, con todos estes dereitos fixemos "A casa dos nosos dereitos" na que colocamos detrás de cada fiestra e porta os dereitos que debuxamos:


QUE VOS PARECE?

0 comments

MOCHILA VIAXEIRA

 

A semana pasada cando entramos na clase, vimos de novo a caixa de Macín. Esta vez estaba enriba da mesa de David. David abriuna con moito coidado e ... sabedes que había dentro? Pois nin máis nin menos que a mochila viaxeira.

E dentro dela,  había un libro de experimentos do "Hormiguero", un cómic de Mortadelo e Filemón, un libro titulado "Los Hormigosaurios", un libro de poemas e adiviñas "Adiviñas para xogar", un libro sobre as matemáticas "Mates del día a día" e dous libros en inglés entre outros. 

Como na clase só somos seis, levaremos a mochila para casa durante dúas semanas. Nesas dúas semanas leremos os libros que máis nos gusten e probaremos a facer algún experimento. No dossier que vai na mochila, poderemos escribir  ou debuxar sobre o experimento que fagamos e se nos atrevemos, tamén podemos gravar un video para subir ao blog da biblioteca. Alí estarán subidos os videos dos experimentos e tamén os das receitas feitas polos máis peques.

BIBLIOMACI

0 comments

IMOS AO TEATRO

 


Os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria fomos hoxe ao teatro ao Pazo da Cultura de Narón a ver a obra "Rosalía" do grupo  Culturactiva.

A obra trataba da vida de Rosalía de Castro cando era nena antes de convertirse na gran escritora que foi.


Imaxe:https://www.culturactiva.org/es/espectaculo/rosalia

Aquí vos deixamos un trailer da mesma:

1 comments

COGUMELOS POR TODAS PARTES

 Hoxe aprendimos moitísimas cousas sobre os cogumelos grazas a exposición que nos trouxeron ao cole.


1 comments

EMPEZAMOS CO HORTO ESCOLAR



Agora que xa están repartidos os bancais,  fomos por primeira vez ao invernadoiro para preparar os nosos.
Removimos ben a terra cos sachiños pequenos e co grande, fixemos regos, abonamos con abono natural, cubrimos ben todo e por último regamos. E por suposto, deixamos todo recollido e ben limpo.



0 comments

EXPERIMENTANDO COA DENSIDADE

 


Seguindo cos nosos experimentos, chegoulle o turno á densidade. Sabemos que uns obxectos flotan ou non dependendo da súa densidade e tamén que non todos os corpos teñen a mesma densidade. Para demostralo fixemos un pequeno experimento.

Collimos cinco substancias: auga, alcohol, aceite, mel e lavavaixelas e un botellín de auga. Primeiro a profe dounos esta ficha para que puxeramos en que orde críamos que se ían a dispor as distintas substancias dentro da botella:


A continuación con moito coidado fomos botando as distintas substancias. Primero o mel, a continuación o lavavaixelas, despois a auga tinguida de vermello, o aceite e por último o alcohol que para que se vise tamén o tinguimos pero desta vez de azul.







Despois de ver os resultados, chegamos a conclusión que de maior a menor densidade, quedaría así:

mel > lavavaixelas > auga > aceite > alcohol

Polo tanto a substancia máis densa é o mel e a menos densa é o alcohol. E así o puxemos na nosa ficha:


Non nos confundimos tanto nas nosas predicións, non si?