A nós tocounos o dos xogos populares:
OUTONOS LITERARIOS
30 novembro 2017
A nós tocounos o dos xogos populares:
Publicado por
Ana Martínez
en
10:16
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2017/18, OUTONO
CELEBRAMOS O MAGOSTO
28 novembro 2017
Faltaban todavía por subir as fotos da celebración do Magosto festa que celebramos o pasado 10 de novembro.
Uns días antes, na clase de plástica, fixemos uns fermosos cestiños para ese día:
Como podedes ver, fixemos primeiro os cestos utilizando cartolina de cor marrón na que a profe debuxou a plantilla.
Se queredes saber como se fai:
- E aos zancos:
Publicado por
Ana Martínez
en
18:32
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2017/18, MAGOSTO
EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
27 novembro 2017
Como tódolos anos, o Concello de Neda, convidounos ás clases de quinto e sexto de Educación Primaria á Marcha polo bo trato, pero este ano, debido ao mal tempo, suspendeuse o que era a Marcha pero non así os actos conmemorativos deste día.
As dez e media, xuntámonos na Casa da Cultura cos nenos e nenas tamén de quinto e sexto de primaria do colexio de San Isidro e cos alumnos/as de 1º da ESO do instituto Fernando Esquío. Encantounos ver a antigos compañeiros do cole como Martín, David, Lucas, Marta, Iria, Sergio, Manuel,...
Comezaron os de San Isidro lendo uns fermosos poemas, continuaron os do Instituto cun pequeño relato e unhas alegacións en contra do Maltrato e rematamos nós desfollando a margarida que estivemos a preparar estes días na clase.
Aquí podedes ler o que puxemos en cada pétalo:
Ademais, levamos unhas fermosas pancartas que fixemos por equipos en ámbalas dúas clases:
Continuamos cunha solta de globos negros que representaban as mulleres e nen@s mortos durante este ano:

Publicado por
Ana Martínez
en
23:38
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2017/18, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, VIOLENCIA DE XÉNERO
SAMAÍN 2017
15 novembro 2017
E a continuación, participamos nos distintos obradoiros:
- Túnel de medo:
- Taller de maquillaxe:
- Curtos terroríficos:
- Xogos de habilidade:
- Xogos informáticos:
Dende aquí queremos darlle as grazas a ANPA pola súa colaboración organizando un ano máis, o obradoiro de Maquillaxe e o do Túnel do Medo.
Publicado por
Ana Martínez
en
19:01
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2016/17, SAMAÍN
OUTONOS TERRORÍFICOS
07 novembro 2017
Outra das actividades que fixemos polo Samaín, foi participar no I concurso de Outonos Terroríficos convocado polo Equipo de Dinamización da Biblioteca e o Equipo de Dinamización na Lingua Galega.
Estas son as bases do concurso:
E estes os nosos contos:
Publicado por
Ana Martínez
en
19:02
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2017/18, ESCRITURA CREATIVA, PROXECTO GALICIA MÁXICA, SAMAÍN
SAMAÍN: A PORTA DA NOSA CLASE
06 novembro 2017
Lembrades os morcegos de origami que vos ensinamos nunha entrada anterior? Pois ben, con eses morcegos e algúns detalliños máis, decoramos a nosa porta de clase:
Publicado por
Ana Martínez
en
00:50
4
comentarios
Etiquetas: CURSO 2017/18, SAMAÍN
O SACAÚNTOS
02 novembro 2017
Como xa vos dixemos na entrada anterior, dentro do proxecto: "GALICIA MÁXICA", a nós, tocounos o personaxe do SACAÚNTOS, un personaxe similar ao Home do Saco.
O Sacaúntos, dedícase a sacarlle a graxa aos nenos pequenos ata deixalos nos ósos. Unha vez ten o unto, marcha para o bosque onde o come para volverse forte e vigoroso como os nenos ou véndello ás persoas anciáns para cambiar o seu sangue por outro máis novo.
A segunda petición do Mago Macín para o proxecto, consistiu en debuxar ao Sacaúntos e escribir a nosa adiviña nun gran bocadillo.
Para facer ao Sacaúntos, utilizamos unha vez máis a técnica do FOLIO XIRATORIO, empezou un de nós e cada dous minutos, nos pasabamos o debuxo para continualo. Ollade todo o proceso:
E así de bonito quedou o mural con todos os personaxes.
E o recuncho do proxecto:
Publicado por
Ana Martínez
en
07:00
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2017/18, PROXECTO GALICIA MÁXICA, SACAÚNTOS