Amosando publicacións coa etiqueta UNIÓN EUROPEA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta UNIÓN EUROPEA b>. Amosar todas as publicacións
OS PAÍSES DA UNIÓN EUROPEA CON QUIVER
Posted by
Ana Martínez
en
23:30
Despois de aprender o nome dos países que forman parte da Unión Europea, a súa localización no mapa e as datas nas que se incorporaron, hoxe fomos á aula de informática. Alí, repartímonos entre todos os 28 países e buscamos en internet como eran as súas bandeiras e cal era a súa capital.
A continuación, debuxamos cada bandeira e escribimos o nome do país e a súa capital nesta plantilla:
Imaxe de Quivervision.com
Para rematar, coa aplicación QUIVER (coñecida anteriormente como ColAR Mix) que temos instalada na tablet, enfocamos os debuxos e .... nuns segundos as nosas bandeiras pareceron cobrar vida. Ollade, ollade:
Collages feitos en Collage.es
Esta é aplicación que utilizamos.
Con todas as bandeiras, faremos un libriño para ter na nosa biblioteca de aula e poder consultalo sempre que queiramos. Xa vos amosaremos como nos queda.
Etiquetas CCSS, CURSO 2017/18, QUIVER, RA, UNIÓN EUROPEA
UNIÓN EUROPEA: APRENDEMOS A UTILIZAR TIMELINE
Posted by
Ana Martínez
en
23:17
Estes días, en Ciencias Sociais, estamos descubrindo moitas cousas sobre a Unión Europea. Hoxe aprendimos que dende que Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Alemaña, Italia e Francia, a fundaron en 1957, na actualidade (mentras Reino Unido non sexa considerado definitivamente fóra) está formada por 28 países.
Grazas a un video e buscando en Internet, averiguamos en que anos se produciron as incorporacións dos distintos países (España foi en 1986). Entre todos, copiamos as datas e os nomes dos países na pizarra para non olvidarnos.
Coa axuda dun mapa de Europa e do que estaba escrito na pizarra, confeccionamos un mapa cos nomes dos países da Unión Europea e coloreamos os países segundo o ano de incorporación:
A continuación, a profe propúxonos facer unha liña do tempo sobre a Historia da Unión Europea, con todas esas datas e ademais o ano 1992 (firma do Tratado de Maastricht) e 2002 (aparición do euro). E así o fixemos.
- En papel individualmente:
- E entre todos (cada un unha data) no ordenador utilizando a ferramenta TIMELINE:
Para ser a primeira que faciamos, gústavos como nos quedou?
Ollade que concentrados estabamos:
Etiquetas CCSS, CURSO 2017/18, UNIÓN EUROPEA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















.png)















