Amosando publicacións coa etiqueta ASOCIACIÓN NÉBOA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ASOCIACIÓN NÉBOA. Amosar todas as publicacións
0 comments

EXPOSICIÓN AS AVES DE NEDA EN MACIÑEIRA


Durante dúas semanas, os nenos e nenas do colexio poidemos disfrutar das imaxes que constitúen a exposición fotográfica adicada ás aves do Concello de Neda grazas á Asociación Néboa Medioambiente.
Nas fotografías, feitas non por fotógrafos profesionais, senón por membros da agrupación ornitolóxica Anduriña , aparecen as aves máis habituais tanto terrestres como acuáticas do noso Concello xunto cun carteliño co que aprender non só as súas principais características senón tamén algunha curiosidade sobre ela.
Ademais tamén nos deixaron unhas preciosas postais sobre as aves e uns xogos didácticos.


Moitísimas grazas á Asociación Néboa por compartir esta fermosa exposición connosco.

0 comments

EXPOSICIÓN E VISITA AO RÍO BELELLE

Estes días temos a sorte de contar no cole cunha fermosa exposición sobre o Río Belelle que puxo á nosa disposición a asociación Néboa Medio Ambiente. Como eles din na súa páxina, trátase dunha asociación ecoloxista que nace no ano 1996, no seo da entidade cultural Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, coa idea de encauzar as inquietudes medio ambientais dalgúns socios posibilitando a súa actuación nesta dirección. Agrupa a xente como biólogos, inxeñeiros, técnicos medio ambientais, mestres, monitores e directores de tempo libre, ...

Ollade que exposición máis bonita:



Pero ademais, o venres pasado estiveron no colexio para facer uns talleres con nenos e nenas de infantil, primeiro ciclo y terceiro de primaria e hoxe viñeron para levarnos a dar unha pequena volta polo río Belelle.

Alí poidemos ver en vivo e en directo a flora e fauna do lugar. Falamos das árbores que había á beira do río como Salgueiros, Bidueiros,  Abelairas, Eucaliptos,... e dalgúns arbustos como o loureiro ou o fieito real que está en perigo de extinción. Tamén aprendimos o nome dalgúns paxaros como o martíño peixeiro, o merlo, a lavandeira,... E ademais fixemos algúns estudos sobre o río como o seu PH (5), a temperatura da auga (10.8º), a transparencia, a velocidade da auga (0.51) a porcentaxe de nitratos (entre 1 e 10), ... Todo isto apuntámolo nun caderno de campo que nos deron. Foi unha gran experiencia para todos.