0 comments

CHARLA DE UBUFER


Hoxe recibimos no centro a Unidade de Buceo da Armada Española (UBUFER) que nos veu a dar unha charla e a ensinar uns videos sobre as súas tarefas como salvamento, limpeza de fondos mariños, limpeza de cascos de barcos, recuperación de restos arqueolóxicos ...




Ademais, traían con eles nin máis nin menos que un traxe de buzo de hai moitísimos anos e que teñen no seu museo que nos gustou moitísimo.





0 comments

ORDES DO MECO DÍA 3

Lembrades que había que traer hoxe? Si? Tedes razón, hoxe había que traer algo que fixese ... MOITO RUÍDOOOOOOOOO! E así viñemos todos: coa cabeza elegante, unha prenda do revés e ... algo que fixera ruído.


Mañá, disfrazaremos todos de .... PRONTO O SABEREDES!!!!!!

0 comments

ORDES DO MECO DÍA 2

Así estabamos tod@s coa cabeza decorada e unha prenda do revés:


E o xoves ...

0 comments

ORDES DO MECO DÍA 1

Hoxe como somos moi mandadiñ@s, viñemos tod@s coa cabeza ben colorida e elegante:


E que temos que levar mañá? Pois ben, hoxe voltamos a ter a visita de "Leandro" que nos dixo...

0 comments

MECO 2019

Hoxe cando chegamos ao cole, atopámonos o meco deste ano que era nin máis nin menos que LEANDRO LAMAS ( debuxado polo propio Leandro) e todo un museo de obras de arte pois como sabedes no centro estamos a levar un proxecto de arte.


A primeira hora da mañá, na clase recibimos a visita de "Velázquez" e "Leandro" que viñeron a dicirnos que temos que traer mañá:

0 comments

EXCURSIÓN A CORUÑA


O venres pasado, o alumnado de terceiro, cuarto e quinto de primaria,  fomos de excursión a Coruña. Pola mañá visitamos o Centro de Intepretación da Torre de Hércules e subimos á Torre. Desde alí había unha vista preciosa! Tamén fomos ao MUNCYT (Museo da Ciencia e da Tecnoloxía) onde ademais de ver o museo fixemos un taller de química.
Xa despois de comer visitamos o Acuario. Vimos as focas, ao tiburón Gastón e moitísimas especies mariñas. Aquí vos deixamos unha presentación de fotos da saída:

1 comments

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE


O venres da semana pasada, tivemos un obradoiro de Alimentación Saudable organizado polo Cocnello de Fene en colaboración co Concello de Neda, co fin de concienciarnos sobre a importancia de adoptar hábitos de alimentación saudables. Durante preto dunha hora aprendimos como están colocados os alimentos na pirámide alimentaria, cales temos que tomar máis, cales menos, fixemos a nosa propia pirámide e lle explicamos aos demais como colocabamos os nosos alimentos: