0 comments

DÍA DE ROSALÍA



A proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca, para  celebrar o día de Rosalía, cada clase decorou unha imaxe de Rosalía e tamén unha peza de crebacabezas cunha estrofa do seu poema "XA SEN RENCOR NIN DESPREZO" de Follas Novas. Esta é a peza que nos tocou a nós:


E con todas elas, fixemos este bonito mural:


0 comments

FESTA DO ENTROIDO

O venres celebramos a festa de Entroido:




Polo noso cole, desfilaron cenorias, caracois, lobos, avespóns, mouchos, ourizos e saltóns. Podedes ver todas as fotos do día no seguinte enlace:

0 comments

MANUALIDADES DE ENTROIDO

Para decorar o centro, aos de quinto e sexto, tocounos facer uns alegres pallasos. Estes son os que fixemos os de quinto. Que vos parecen?



Así traballamos todos xuntos:


E así de decorado quedou a entrada do cole:




0 comments

MANDATOS DO MECO III

Ollade que guapísim@s estabamos todos coa cabeza adornada, a garavata, o pixama e algo que fixese ruído:



0 comments

MANDATOS DO MECO II

0 comments

MANDATOS DO MECO

Ollade que guapísimos viñemos hoxe todos coa nosa cabeza adornada e unha fermosa garavata.


Como onte, cando estabamos na clase recibimos a visita novamente de Alvin que veu a comprobar se todos cumpríramos o seu primeiro mandato.


Este Alvin é un pouquiño rebuldeiro porque nos pintou nas libretas, nos colleu os estoxos ,... e antes de irse, deixonos o seguinte mandato:


Así que apuntade:  mañá pixama e coxín e tamén a cabeza decorada e unha fermosa garavata.

0 comments

MECO 2020

Hoxe cando chegamos ao cole, quedamos abraiados vendo o MECO que fixeron este ano as nais e pais tan traballadores que temos este ano. Tratábase nin máis nin menos que de Alvin e os esquíos xa que o proxecto anual de centro, tal e como xa vos comentamos noutra entrada, é "O horto escolar e a nosa contorna".


Cando estabamos a primeira hora, petaron á porta e apareceu ... O MESMIÑO ALVIN EN PERSOA que viña a dicirnos como temos que vir mañá:

E isto foi o que nos dixo:

Así que xa sabedes, mañá todos coa cabeza adornada e unha fermosa garavata.

0 comments

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

Hoxe fomos dende segundo ata sexto ao Pinar de Cabañas para participar nunha Carreira Campo a Través que forma parte do Proxecto Deportivo do Centro que levamos a cabo este ano no centro. Pasámolo moi ben.


0 comments

O NOSO TRAXE

Xa temos todo a punto para o Entroido. Estes días ademais de manualidades de Entroido, tamén estivemos a preparar o noso traxe:











E por fin xa temos todo preparado: