Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 2018/19. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 2018/19. Amosar todas as publicacións
0 comments

GRADUACIÓN E DESPEDIDA


O 5 de xuño fixemos a cerimonia de Graduación. Estabamos todos moi nerviosos e alegres e tristes á vez. Uns días antes entre todos escribimos unha carta de agradecemento para todos os mestres e mestras que tivemos durante estes anos tanto en infantil como en primaria.Mentras a líamos a algúns caeunos máis dunha mágoa pola emoción incluída a profe que estaba tan ou máis nerviosa ca nós. 


A profe púxonos unha bonita presentación cunha foto actual e outra de cando eramos pequenos. Hai que ver como medramos!!!!!! E deunos unha orla e un diploma acreditativo do noso paso polo cole:


Foi unha cerimonia moi emocionante. E con moita mágoa témosvos que dicir ... ATA PRONTO, NON NOS OLVIDEDES!!!!


Por suposto que non vos olvidaremos e os botaremos moito de menos,  eu a primeira. Grazas por estes tres anos nos que compartimos tantísimas aventuras. Deséxovos moi boa sorte nesta nova etapa que comezades e que sempre teñades esas gañas de aprender e boa disposición que sempre me amosáchedes.
 Seguide así rapaces e rapazas e vos irá moi ben.

Unha grandísima aperta!!!!!!

0 comments

O TALLER DE LEANDRO LAMAS


A derradeira actividade que fixemos no noso proxecto de arte que como xa sabedes centramos en Leandro Lamas, foi visitar o seu taller que está preto do noso colexio.

Así que sen dubidalo, saímos do cole e paseniño a paseniño chegamos ao seu taller:


Alí estábanos esperando Leandro quen moi amable amosounos o seu taller:


Para agradecerlle que nos deixase ir ata o seu taller , agasallámoslle coas acuarelas que fixemos:


MOITAS GRAZAS LEANDRO POR DEIXARNOS VER O TEU TALLER!!!!!!!

0 comments

CIRCUITOS ELÉCTRICOS


Aprendemos os circuitos eléctricos en serie e en paralelo facendo estas creativas tarxetas con cinta adhesiva de cobre, pilas de botón e uns leds:














0 comments

PANCAS E POLEAS CON KITS DE LEGO


No derradeiro tema de Ciencias Naturais estudamos os tipos de pancas e as poleas e que mellor forma de entelo que facendo distintos tipos de pancas cos kits de Lego que nos mandou a Xunta, non credes:





0 comments

ACUARELAS DE LEANDRO LAMAS


Dentro do proxecto de arte que estamos levando a cabo no centro e na nosa clase, unha das actividades que fixemos foi recrear unhas acuarelas de Leandro Lamas. Ollade que ben nos quedaron:



GÚSTANVOS?

0 comments

FERIA STEAM


Onte, xunto cos nosos compañeiros de quinto, fomos á Cidade da Cultura en Santiago de Compostela para visitar a Feira Steam. Disfrutamos moito co taller de robótica, as gafas 3D, o brazo mecánico,..



Tras visitar a Feira, fixemos un percorrido polo casco antigo de Santiago no tren turístico.


0 comments

CORRELINGUA

Foto do Concello de Narón

Hoxe todo o cole fomos ao Auditorio de Narón onde se celebrou o Correlingua 2019 co lema "O galego é a fórmula".

Como chovía, entramos directamente no auditorio onde a actriz Isabel Risco presentou o acto. Alí, escoitamos ao alumnado do CEIP de Centieiras de Fene lendo o manifesto, vimos os videos gañadores da edición deste ano e disfrutamos da actuación de Paco Nogueiras.

0 comments

FERRAMENTAS 2.0: PLICKERS


Na clase estamos probando unha nova ferramenta: PLICKERS. Trátase dunha ferramenta gratuita (pódese utilizar tanto con Android como con Iphone) que permite realizar tests e preguntas dun xeito sinxelo, dinámico e atractivo e obter en tempo real as respostas vendo quen contestou ben e quen non.


Para responder ás preguntas plantexadas (no noso caso do tema da materia de CCNN), cada un de nós tivemos que usar unha tarxeta cun código especial. Segundo a resposta que queriamos dar: A, B,C ou D, tiñamos que xirar a tarxeta dun xeito ou outro e levantala. 


Despois, a profe co seu móbil entraba na aplicación, enfocaba as nosas tarxetas e ao momento xa podíamos ver no encerado dixital quen acertaba e quen non. Gustounos moito utilizala. Así é moi divertido repasar.

0 comments

SEMANA DO LIBRO II: VIDEOCONFERENCIA CON IRIA MISA


Outra das actividades que fixemos por mor do día do libro, foi unha videoconferencia por Skype con Iria Misa a autora de "Mamá, quero ser Ziggy Stardust", un dos libros que limos no Club de Lectura. 


Foi moi emocionante poder falar con ela e que nos respondera a todas as nosas preguntas tanto da súa vida como da novela. 


MOITAS GRAZAS, IRIA!!!!!

0 comments

OS MAIOS


E mentres algúns de nós ían á Marcha Ciclista, o resto do centro fomos a Albarón para participar na elaboración dos maio. Que divertido!


E sabedes que?
Gañamos este trofeo polos nosos maios!!!!!!!


0 comments

DÍA DA BICI


Hoxe, algúns de nós participamos na XII Marcha Ciclista Escolar organizada polo Concello de Narón en colaboración coas ANPAS de distintos centros de Narón e tamén do noso.


0 comments

ROBOTIZÁNDONOS


Estes días adicamos algunhas sesións a ensinarlles aos nosos compañeiros e compañeiras de quinto como funcionan e se programan os MBots que temos no cole:


0 comments

SEMANA DO LIBRO I: APADRIÑAMENTO LECTOR

Durante a semana do libro, os maiores lémoslles aos máis pequerrechos. Disfrutamos moitísimo tanto uns coma outros. Ollade, ollade, ...





Podedes ver as fotos con máis calidade e descargalas na galería da páxina web do cole: