2 comments

MARCAPÁXINAS TRENZADO



Este ano seguimos a facer todos os días a HORA DE LER, é dicir, adicamos media horiña a ler os libros que temos na nosa biblioteca de aula. Se estes libros non nos gustan, podemos traer da nosa casa ou tamén collelos prestados na biblioteca do cole.

Como xa vos contamos o ano pasado, cada vez que rematamos un libro, pintamos un, no noso lectómetro e ademais cubrimos unha pequena ficha onde contamos se nos gustou ou non o libro e  tamén lembramos a parte que máis nos chamou a atención facendo un debuxo, copiando unha frase, contando algo, ... Podedes ver a ficha e o noso lectómetro clicando  na imaxe.


Para saber onde nos quedamos lendo, este ano fixemos un marcapáxinas que sacamos da páxina de KROKOTAK. Cortamos dúas tiras de 2 cm de grosor dun folio branco tamaño A4 e dúas da cor que cada un quixo (azul, verde, laranxa, amarelo ou  vermello) e comenzamos a trenzar.


Se queredes saber como se fan, clicade na imaxe para ver un titorial:


2 comments

CONTANDO EN FEMININO


Onte fomos á Casa da Cultura de Neda para ver unha sesión de contacontos de Ana Hermida da asociación LISÍSTRATA titulada "CONTANDO EN FEMININO: CONTOS PARA A IGUALDADE". Esta actividade está enmarcada dentro do programa  LER CONTA MOITO da Consellería de Cultura co que se pretende fomentar o gusto pola lectura en pequenos e non tan pequenos.


Durante preto dunha hora, Ana contounos tres contos, dous deles de Adela Turín, "A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES" e "ARTUR E CLEMENTINA" e un terceiro, "A PRINCESA QUE NON QUERÍA CASAR" do que non sabemos o autor. Con eles, tal e como nos din na súa páxina, "trátase de concienciar ao público máis novo para que rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos onde se pode cambiar o final e tamén onde o protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades xa que xogando e contando, apréndese a formar en igualdade". 

Seguriño que moitos de vós xa coñecedes os contos de Adela Turín pero aquí volos deixamos por si queredes lembralos:





Unha vez que voltamos ao cole, cada un de nós pensamos en cal foi o conto que máis nos gustou e por que e tamén o que aprendimos coa saída e escribímolo nunha folla de papel. Aquí vos deixamos o que escribimos:
- ÍKER: Gustoume o conto de "Artur e Clementina". Este conto trata de dúas tartarugas que se casan. Unha delas, Clementina quería aprender cousas e ver o mundo pero a outra tartaruga, Artur,  a insultaba e non lle deixaba saír da casa. Ao final,  Clementina foise para coñecer novos amigos e novos lugares. Para min, este conto nos ensina que non debemos insultar á xente nin deixar que nos insulten a nós.

- BORJA: A min gustoume máis "Un conto ao revés". Trata dunha princesa que non quere casar. Unha mañá apareceulle na porta unha montaña de príncipes e como non quería casar lles puxo unhas probas que ninguén superou.  E a princesa non casou. Con este conto aprendín que os principes ao igual cas princesas tamén, choran, teñen medo, son presumidos, etc e que unhas princesas se casan e outras non pero son felices igual.

- YANIRA:  A min  gustoume máis "Un conto ao revés" porque fala dunha princesa á que os seus pais querían casar. Por iso un día invitaron a moreas de príncipes a ver á princesa. Ela dilles que lles vai facer unha proba e todos vanse menos cinco que dilleron que ían facela. Todos os príncipes foron perdendo as súas probas, pero o último ao final resultou que pensaba igual ca princesa e se fixeron moi amigos. Nesta saída aprendín que non debemos insultar nin pegar e tamén que ser presumido e guapo non quere dicir que se sexa boa persoa.

- MANU: Gustoume "Un conto ao revés" porque falaba dunha princesa que non quería casar pero os seus pais lle mandaban facelo. Buscaronlle moitos príncipes. Uns eran miedosos, outros moi valentes, algúns presumidos outros bailaríns. A princesa púxolles unha proba a cada un e todos foron renunciando. Soamente o máis pequeno, o Esmirriado, dixo na metade da proba o que pensaba e fíxose amigo da princesa. Ao final os seus pais entenderon que a súa filla non tiña porque casar se non quería. Eu aprendín que non debemos maltratar á xente porque tampouco nos gustaría que nolo fixesen a nós.

- ESTELA: Eu quédome con "Artur e Clementina". Gustoume porque era a historia dunha tartaruga que se aburría moito na casa porque sempre estaba soa e o seu home non a deixabar saír nin aprender cousas novas. Un día saíu e empezou a facer moitos amigos. Ao ver que se divertía tanto decidiu fuxir para poder disfrutar da vida e olvidar os insultos do seu home. Con este conto e os demais, aprendín que todos somos iguais e temos os mesmos dereitos e que non debemos maltratar a ningúen nin con insultos nin con golpes.

- SARA MONTAGUT: A min a que máis me gustou foi  "A historia dos Bonobos con Lentes" porque nos ensina que as tarefas son tanto para homes como para mulleres. O conto trata duns bonobos que se fartaron de non facer nada e un día marchan a Irlanda a aprender inglés. Cando voltan lles ensinan inglés aos demais bonobos e lles regalan uns lentes pero ás bonobas ainda que tamén querían aprender, non lles ensinaban nin lles regalaban os lentes. As Bonobas enfadadas marchande alí cos bonobos pequeniños e son moi felices. Os bonobos están tristes e famentos porque non saben facer nanda, nin siquera buscar comida.

- SERGIO SOSA: O conto que máis me gustou foi "Artur e Clementina" porque nos ensina que as mulleres poden facer o mesmo que os homes. E da saída aprendín que non se maltrata as persoas e que todas as persoan teñen dereito a facer o mesmo cas outras sin importar o seu xénero.

- LAURA: Gustoume "A historia dos Bonobos con Lentes" porque trataba dun grupo de bonobos que se van a aprender inglés. Cando voltaron llo ensinaron a todos os bonobos. As bonobas tamén querían falar inglés pero os bonobos non quixeron ensinarlles e inventaron moitas excusas. Ao final provocaron que as bonobas e os bonobiños marcharan. Os bonobos decidiron ir con elas e axudalas.

- SARA FERNÁNDEZ: Hoxe fomos de excursión e nos contaron tres contos. O que máis me gustou foi "A historia dos Bonobos con Lentes" porque demostraba que todos somos iguais e que non só deben traballar a mulleres ou os homes e tamén que todos temos dereito a aprender o mesmo.

1 comments

CELEBRAMOS O DÍA DO PUNTO


Ao igual que o ano pasado, este ano celebramos na clase o día internacional do punto. Para os que non o saibades, esta celebración ten lugar cada ano o 15 de setembro ( ainda que tamén pode celebrarse entre o 13 e o 17 deste mes ) porque nesta data, Peter Reynolds publicou o seu libro "EL PUNTO"  . Con ela trátase de fomentar a creatividade de grandes e pequenos  partindo da consigna de que ONDE HAI UN PUNTO HAI UN CAMIÑO.

Para comezar, fomos á aula de informática a ver un video do conto, nesta ocasión narrado por Beatriz Montero:


Despois de falar sobre o conto de Vasthi e de como se sentía ao principio e ao final do mesmo, deixamos voar a nosa  creatividade utilizando dúas fichas que se poden atopar na páxina de PeterReynolds.com/dot :


Primeiro debuxamos no lienzo en branco o que nese momento se nos ocurriu e despois coloreamos e recortamos o marco para ao igual que a profe de Vashti,  pendurar as nosas obras de arte nas paredes (neste caso na porta interior) da nosa clase. Ollade que bonita quedou cos puntos e debuxos tan creativos que fixemos:


Tamén quixemos deixar a nosa marca e a nosa firma para a posteridade , por iso fomos pasando de un en un a a poñela nun gran círculo branco:



Ata a profe deixou a súa marca . A ver se sodes capaces de averiguar cal é :




E xa para rematar unha celebración tan especial, non podía faltar a TECNOLOXÍA, así que como nos ordenadores do cole foi imposible,a profe descargou  nun pequeno ordenador seu, da páxina de FableVision  , unha versión de proba de quince días do software de Peter Reynolds, ANIMATION-ISH que como o seu nome indica, serve para facer animacións. E como co rato é moi difícil debuxar ...houbo que buscar outras opcións ji ji Ollade, ollade:




Así quedaron as animacións, son moi curtiñas, apenas duran uns segundos, pero para ser a primeira vez ... NON ESTIVO NADA MAL, non credes?



Ademais cada un levou para casa un pequeno imán conmemorativo para lembrar este día:


FAGAMOS QUE O DÍA DO PUNTO SEXAN TODOS OS DÍAS DO ANO E QUE NON SE PERDA A CREATIVIDADE NAS NOSAS AULAS!!!!!!!

2 comments

COMEZAMOS...

Comezamos novo curso cun novo compañeiro, Sergio Sosa que acaba de integrarse na nosa clase. Estou segura de que entre todas e todos faremos que se sinta moi ben no noso cole.


MOI BO CURSO PARA TOD@S!