0 comments

GRADUACIÓN

 Hoxe tivemos unha mañá moi emotiva xa que nos graduamos xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 6º de Educación Infantil. Nela non faltaron os aplausos  cando entramos no patio cuberto,  a entrega da orla e dun diploma, a lectura das cartas de despedida que fixemos e por suposto moitas fotos para o recordo.


Botarémolos moito de menos  pero estamos seguros de que lles irá moi ben nesa nova etapa que comezan.

0 comments

PARQUES NACIONAIS EN ESPAÑA

 En informática estivemos a facer uns traballos sobre os parques nacionais en España e unha vez que os rematamos, algúns os expuxemos diante dos nosos compañeiros/as:






Mágoa que por falta de tempo non puideramos expoñelos todos.

0 comments

EXCURSIÓN A ASTURIAS

 Xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de quinto de primaria fomos de excursión á Granxa do Río Eo en Asturias. Durante os tres días que estivemos alí, pasámolo fenomenal: fixemos tiro ao arco, montamos a cabalo, tirámonos na tirolina, xogamos ao paintball, montamos en karts, ...

Pasámolo femonenal!!!!!






0 comments

A NOSA MAQUETA

Custounos pero ao final rematámola. Aquí vos presentamos a nosa maqueta na que non podía faltar un faro que se ilumina ao igual ca casa e un muíño de vento.

Que vos parece?





0 comments

PREMIOS POESÍA E IMAXE

 O noso compañeiro Santi, gañou un premio no certame de Poesía e Imaxe, en galego sen filtro.

Noraboa Santi!!!!!



0 comments

VISITAMOS O INSTITUTO

Hoxe fomos de visita ao IES Fernando Esquío que é o instituto que está na nosa área de influencia. Alí vimos os laboratorios, a biblioteca, o salón de actos ... e ao final tivemos unha gran sorpresa. Cada un de nós recibiu unha carta dun alumno/a do instituto. Coñecerémonos en setembro?