Amosando publicacións coa etiqueta DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Amosar todas as publicacións
0 comments

CARAPUCHIÑA VERMELLA CON PICTOGRAMAS


Polo día da discapacidade o equipo de dinamización da biblioteca, propúxonos a todo o centro, escoller un conto e facer un audioconto no caso dos máis pequerrechos ou un conto con pictogramas os máis maiores.
Nós escollimos o tradicional conto de Carapuchiña Vermella. E coa axuda do Pictotraductor, as imaxes do blog Bonitooh e as nosas voces, montamos este conto que esperamos que vos guste tanto como a nós.

   

Ollade que ben utilizamos o Pictotraductor:


Se queredes ver os contos que fixeron as outras clases só tedes que visitar o blogue da biblioteca:

BILIOMACI

1 comments

DÍA DA DISCAPACIDADE


Hoxe, día da discapacidade, tivemos a sorte de recibir no cole a visita de dúas persoas da Asociación de Xordos que nos realizaron un obradoiro con distintas actividades adaptadas aos distintos ciclos. Ensináronnos saúdos, números, nomes de cores, de animais, o alfabeto dactilóxico, aprendimos a dicir o noso nome... incluso fixemos unha sopa de letras!!!!!!


Aquí vos deixamos o alfabeto:


0 comments

BALONCESTO SOBRE RODAS


Se a semana pasada da man de Paula, empatizabamos coas persoas con discapacidade visual, onte día da Discapacidade, tocoulle o turno ás persoas con mobilidade reducida. Tivemos a gran sorte de contar no colexio con dúas persoas pertencentes á Federación Galega de Deporte Adaptado, que nos ensinaron a xogar ao Baloncesto sobre Rodas.
En primeiro lugar, estivemos observando como eran as cadeiras de rodas, atopando moitas diferencias coas que estamos acostumados a ver: a forma das rodas, o cinto, o respaldo que era moi pequeno, ... Aprendimos que estas diferencias eran para que fosen máis seguras, para que a cadeira poidese xirar sen problema, para coller a pelota, ...


E xa por fin, agrupados de dez en dez, dende segundo ata sexto, todos xogamos un minipartido de dez minutos de duración. Que difícil nos parecía ao principio pero unha vez que lle collimos o "tranquillo" todo foi sobre rodas e nunca mellor dito.

Nestas fotos podédesnos ver xogando:



E para que vexades que non era nada doado, tamén vos amosamos este video que gravamos:

0 comments

DÍA DA DISCAPACIDADE: A DISCAPACIDADE VISUAL


O vindeiro xoves, 3 de decembro celébrase o Día da Discapacidade. Este día foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co propósito de fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidades tanto físicas como económicas ou sociais, intentando desmoronar as barreiras que as arrodean.

Desde o cole, tamén queremos fomentar a integración das persoas con discapacidade e para iso o mellor é coñecer como é o día a día destas persoas, imaxinar como se senten, poñernos no seu lugar. Se o ano pasado fixemos unha xornada de convivencia con algúns alumnos e alumnas do CEE Terra de Ferrol este ano,  contamos coa visita da Paula, unha mestra da ONCE, que cargada coa súa maleta didáctica: "Coñecemos o Braille", veunos a facer un taller de iniciación sobre o mesmo. O obxectivo era que coñecésemos como se desenvolven as persoas con discapacidade visual na súa vida cotiá grazas ao uso do Braille e das novas tecnoloxías adaptadas. Ademais coñecimos materiais  adaptados a este sistema como contos, libros, cartas, xogos de mesa ... incluso poidemos tocar e utilizar unha máquina Perkins.

Comezamos vendo unha presentación de como os nenos e nenas con cegueira ou deficiencia visual se desenvolven nas súas clases:


Despois, Paula amosounos algúns dos materiais que tiña na súa maleta:


E continuamos co taller sobre Braille. Primeiro unhas pequeñas nocións sobre o tema:


E logo, Paula deunos un alfabeto Braille e unha folla escrita neste sistema para que tratásemos de descifrala. Que difícil!!!!!!!!


Menos mal que coa súa axuda, conseguimos descifrala. Ollade que frase máis bonita:


Xa para rematar fixemos uns pequenos experimentos con catro voluntarios. Cos ollos vendados tiñan que averiguar o obxecto, moverse pola clase coa axuda dun "guía", ...


Antes de irse, Paula deixounos a súa maleta no centro durante uns días para que todos nós poidamos ver con calma todos os materiais que ten dentro como ...


Foi unha visita moi instrutiva e interesante. Pero iso non é todo, o vindeiro xoves día 3, teremos outra  interesante visita relacionada coa discapacidade. Xa vos manteremos informados.

2 comments

3 de decembro: XORNADA DE CONVIVENCIA


O 3 de decembro, celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de chamar a atención e mobilizar apoios para aspectos clave relativos á inclusión de persoas con discapacidade na sociedade e no desenvolvemento. 

No noso centro estamos moi concenciados con este tema, así que aproveitamos esta data para invitar aos alumnos do CEE Terra de Ferrol, a vir ao noso cole para disfrutar dunha gran xornada de convivencia.

Foi unha experiencia fantástica. Chegaron sobre as once. Os alumnos de cuarto e quinto, fomos á aula de informática con eles e alí foron presentándose un a un e faláronnos das cousas que facían no seu centro. Amosáronnos unha película para que poidésemos ver as instalacións do seu colexio, como traballaban e as bonitas cousas que facían. Antes de saír para o recreo, algúns alumnos de terceiro quixéronlles facer unha demostración do baile que van a facer no festival de Nadal coa teacher de inglés Uxía.

A continuación disfrutamos dun recreo no que xogamos todos xuntos. Antes de finalizar a visita, visitamos á sala de radio e alí dous dos nosos alumnos, Alberto de sexto e Celtia de terceiro, lles fixeron unha entrevista que proximamente vos amosaremos. Ollade algunhas das fotos deste día:



FOI UNHA GRAN EXPERIENCIA!
 Moitísimas grazas chic@s pola vosa visita.

Ademáis , tamén montamos este video coas nosas voces, do conto "Mimi y la jirafa azul" da Editorial Salvatella que nos fala dunha xirafa á que lle nace un irmanciño con discapacidade:



GÚSTAVOS?