0 comments

TRABALLANDO OS DEREITOS DOS NEN@S


Como a maioría xa sabedes, todos os anos, o 20 de novembro, celébrase o Día Universal do Nen@. Como nos din en UNICEF, "é un día para chamar a atención sobre a situación dos nen@s máis desfavorecidos e dar a coñecer os dereitos da infancia lembrándoos que todos os nen@s teñen dereito á saúde, á educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que naceran".

Na clase, estivemos vendo cales eran eses dereitos e entre todos montamos un gran libro acordeón no que reflexamos algúns deles. Sheila encargouse do Dereito a ter un fogar, Carmen do Dereito a ter unha familia, Aitana do Dereito a xogar, Yago do Dereito a vivir en paz, Adrián do Dereito a que nos queiran e nos protexan, Paz do Dereito á saúde, Alba do Dereito a ter un nome, Ainoa e Miguel do Dereito á educación e Enma do Dereito a expresarnos libremente.

Nestas fotos podedes velo máis polo miúdo:

A portada:


E as páxinas de dúas en dúas:




Esperamos que vos guste tanto como a nós.


0 comments

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O venres once de novembro, celebramos no cole a tradicional festa do Magosto. O día anterior, preparamos na clase estas bolsiñas onde gardar as castañas. A idea orixinal é do blog La classe de la maestra Valentina. Ollade como nos quedaron a nós:

Borde atopado no Blog Esos locos bajitos de infantil

A que nos quedaron moi xeitosiñas? 

Sobre as doce, saímos ao patio e alí poidemos degustar as ricas castañas asadas e os chourizos que asaron o profe Antonio e o noso conserxe Jorge. Moitas grazas aos dous. Tamén temos que darlle as grazas á nosa ANPA que foi a que unha vez máis, nos proporcionou as castañas de xeito gratuíto.

Afortunadamente o tempo acompañou e sabedes que?

PASÁMOLO FENOMENAL.


Collage feito con software de Hofmann

0 comments

AS MACI OLIMPIADAS: BANDEIRA E LEMA

Como xa vos informamos na derradeira entrada do proxecto das Maci Olimpiadas, o deporte sobre o que nos tocou investigar foi o ESGRIMA.

O seguinte paso, foi inventar un lema e unha bandeira para a nosa clase que nos representase, que podía ser tanto sobre o deporte e as olimpiadas en xeral, como na esgrima en particular.

Primeiro tiñamos que elexir un lema. Para iso, trouxemos da casa, un ou máis lemas inventados, que a profe escribiu na pizarra. A continuación cada un de nós, votou os dous que máis lle gustaron e estes foron os resultados da votación:

ENMA: Se che gusta o esgrima, apúntate coa túa prima. III

ADRIÁN: Asómate ao mundo da espada.

ALBA: Se fas deporte, serás máis forte. I

YAGO: Fai esgrima e terás un gran desafogo.

PAZ: Para ter autoestima, fai esgrima.I
          As olimpiadas non teñen paradas.
          Para ser un campión, fai exercicio a mogollón.I
          Nas olimpiadas todos somos campións. II
          A esgrima é unha rima. I

AINOA: Ven a facer esgrima, divertiraste moito.

CARMEN: Se che gusta o esgrima, come mandarina. III

SHEILA: Se queres aprender esgrima, colle a espada e ven connosco. I

MIGUEL: Non deas grima e fai esgrima.IIIII

Fixemos unha segunda volta, cos tres lemas que obtiveron máis puntuación que foron os de Enma, Carmen e Miguel. Nesta segunda volta, voltou a gañar o lema de Miguel que foi o que eleximos finalmente:

"NON DEAS GRIMA E FAI ESGRIMA"

Unha vez elexido o lema, quedábanos por inventar a nosa bandeira. Cada un deu a súa opinión sobre como quería que fose. Primeiro se iamos poñer persoas facendo esgrima ou tan só as espadas, que iamos poñer de fondo,... Pouco a pouco a idea da nosa bandeira ía debuxándose cando de repente todo deu a volta. Alguén suxeriu facer a Bob Esponja facendo esgrima e a partir de aí entre todos decidiron que máis ía ter.

Queredes ver o resultado? Pois aquí o tedes. Esta é a nosa bandeira na que colaboramos todos:


O 24 de outubro, día das Bibliotecas Escolares, o equipo da Biblioteca colgou na entrada do colexio, un mural coa resposta de todos á pregunta: QUE SON PARA TI AS OLIMPIADAS? e coas bandeiras de todas as clases. Quedou unha preciosidade.


GÚSTAVOS?

0 comments

O BUZÓN DA CLASE


Este ano temos na clase o Buzón da clase. Este serve para comunicarnos dun xeito colectivo xa que nel,  podemos expresar as nosas emocións escribindo notas de queixas, suxerencias, agradecimentos, dedicatorias, ... ao longo de toda a semana.

Seguindo a idea do blog, "Con tus propias palabras", ao lado do buzón, hai unha bandexa con papeliños de distintas cores para as diferentes ideas que queremos trasmitir. Hai papeis rosas para as queixas, verdes para as dedicatorias, laranxas para os agradecementos e amarelos para as suxerencias.


Os venres despois do recreo, abrimos o buzón,lemos as notas e reflexionamos e falamos sobre o que poñen:


É unha gran experiencia que nos permite entre outras cousas, resolver entre todos os pequenos conflitos que poden xurdir tanto na aula como no patio de recreo.

0 comments

TÚNEL DO MEDO E TALLER DE MAQUILLAXE


Imaxe de Clipart Kid

A derradeira entrada sobre o Samaín, adicámoslla ao taller de maquillaxe a ao túnel do medo, ámbalas dúas actividades organizadas pola gran ANPA que temos sempre disposta a axudar en todo.

No patio cuberto, fixeron o túnel do terror e pódovos asegurar que era realmente  .... TERRORÍFICO!!!!!! Vede, vede:


E despois no ximnasio, un taller de maquillaxe:


E xa para rematar, na clase vimos dous curtos sobre o medo:

- A bruxa de Pedro Solís en Vimeo:


-  e Tadeo Jones e o sótano maldito:

1 comments

CONCURSO DE CABAZAS

Un ano máis, celebramos no cole o CONCURSO DE CABAZAS. Cada ano é máis difícil elexir as tres gañadoras porque todas son unha preciosidade. Os nenos e nenas e as súas familias fan gala dunha creatividade incrible.

Aquí podedes ver algunhas destas fermosas e terroríficas cabazas:





A que son todas unha preciosidade, non si?

Despois de moito deliberar, as tres cabazas gañadoras dun vale por un libro son:

- A tumba de Ainara de terceiro:


- O espantallo de Lucía de quinto:


- E a parturienta de Antía de terceiro:


Todos os participantes levaron para a súa casa un diploma acreditativo da súa participación no concurso:



A nosa máis sinceira noraboa a tod@s!!!!!!!


2 comments

TALLER DE COCIÑA MONSTRUOSO

Fotomontaxe feito cunha imaxe de Imagui e unha de Freepik

Outra das actividades que tamén fixemos polo Samaín na compaña dos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro, foi un monstruoso taller de cociña.

Fixemos...

- Vasoiras de bruxa:


- Momias de salchichas:


- Mans monstruosas.


- Cabazas:


- E para beber ... non podía faltar o sangue.


E que fixemos despois con todo?

POIS COMELO, CLARO ESTÁ


GUSTADES?

4 comments

MANUALIDADES DE SAMAÍN


O xoves da semana pasada, fixemos un taller de manualidades de Samaín xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro. Fixemos momias, pantasmas e terroríficas arañas. Así é como o fixemos:

- AS MOMIAS:


- AS PANTASMAS:


- AS ARAÑAS:


QUE VOS PARECEN? GÚSTANVOS?


E así quedou a nosa porta de clase: