Outra das actividades que fixemos no noso Obradoiro de Escritura Creativa foron uns Caligramas de outono.
Como xa sabedes, os caligramas son poemas visuais no que as palabras "debuxan" ou conforman un personaxe, un animal, un paisaxe ou calquera obxecto imaxinable.
Pois ben, nós en vez de facelos con poemas, fixémolos con ADIVIÑAS DE OUTONO, "debuxando" coas letras a solución da adiviña.
Continuando, co noso taller de escritura creativa dos luns, na seguinte sesión fixemos unha historia "obrigada". A idea orixinal, vímola nun Taller de Escritura Creativa que atopamos por internet.
Como actividade previa, comezamos cunha minihistoria oral. Agrupámonos en parellas e a profe nos repartiu a cada un dous papeliños de distinta cor. Nun deles tiñamos que escribir o noso nome e no outro, o nome dun lugar que nos gustaría visitar. A continuación, tivemos cinco minutos para preparar un miniconto de xeito oral (SEN ESCRIBIR NADA) onde os protagonistas fósemos nós e no que tiñan que aparecer os nomes dos dous lugares que escribimos.
A continuación, tivemos que contar o noso conto, de xeito improvisado, ao resto da clase procurando que tivese unha PRESENTACIÓN, un NÓ e un DESENLACE.
Así nos quedaron as nosas historias improvisadas:
Creo que despois de vernos, quedounos clariño que non debemos repetir tanto a palabra ENTONCES.
Despois disto, comezamos a segunda parte da actividade pero ... esa contáremola máis adiante noutra entrada cando xa todos a teñamos rematada.