Como xa vos comentamos na entrada anterior, durante esta semana, estivemos a investigar sobre a vida de dez mulleres importantes da historia galega.
Primeiro, cada un de nós fixo un debuxo da protagonista da súa investigación:
A continuación, fixemos unha presentación co Impress (software libre similar ao Power Point) coa información máis relevante da nosa personaxe:
E por último, cos nosos debuxos xeramos uns códigos QR con UNITAG que redireccionamos á nosa diapositiva para poder ler unha pequena biografía:
Para ver se funcionaban, utilizamos o móbil da profe e "limos" os códigos coa aplicación gratuita I-nigma que é o lector de códigos QR que ten a profe pero hai moitos máis como Beetag , Up-Code, QuickMark, ...
Por se alguén non quere descargar ningún lector de códigos QR no seu teléfono móbil, deixámosvos a presentación para que poidades saber quen é cada unha e por que nos parecen mulleres dignas de pertencer á historia galega:
Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, esta semana estamos investigando a vida de dez mulleres importantes na historia de Galicia, para reivindicar unha vez máis a igualdade de xénero que é algo que xa traballamos ao longo de todo o ano.
A finais de semana, amosarémosvos o noso traballo que inclúe unha presentación colectiva feita co OpenOffice Impress ( o libre software equivalente a Power Point) e tamén RA (Realidade Aumentada) en forma de códigos QR.
Para ir abrindo boca, deixámosvos a portada da nosa presentación cos debuxos das dez protagonistas da mesma. Seredes quen de descubrir a identidade algunha? Se non é así, non vos preocupedes, o vindeiro venres ... descubrirédelo.
O pasado luns, tivemos a segunda charla do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar. Se a semana pasada, Jesús, o garda civil que veu ao noso centro,falounos dos riscos de Internet, hoxe tocoulle o turno ao ACOSO ESCOLAR e a VIOLENCIA DE XÉNERO.
Aprendimos que o ACOSO ESCOLAR é calquer tipo de agresión non só física senón tamén verbal e psicolóxica coa intención de facer dano , que é un delito que se atopa contemplado no Código Penal e tamén que é tan culpable o que agrede como o que está de espectador e non fai nada para frear a agresión contándollo a un adulto.
E ademais, que facemos acoso verbal cando insultamos, lle poñemos mote, humillamos ou inventamos rumores sobre un compañeir@... non só en persoa senón tamén nas redes sociais e no whatsapp. Que este acoso é psicolóxico cando aillamos a un compañeiro, non o deixamos xogar, o apartamos,... Iso non quere dicir que cada vez que rifemos ou nos pelexemos esteamos a facer acoso, xa que se este feito se produce de xeito aillado ou esporádicamente ainda que terá as súas consecuencias negativas non constitúe acoso. Para falar de acoso, estas situacións téñense que manter no tempo.
E por suposto, o que tamén quedounos moi clariño, é que nunca debemos responder a unha situación de acoso con violencia, unha porque magnificaremos o asunto é non o arreglaremos e outra porque nos poñeriamos ao mesmo nivel que o acosador. O mellor sempre nestes casos é informar aos nosos pais ou a algún adulto de confianza: familiar, mestre,...
Algúns materiais para traballar o acoso escolar:
En canto á VIOLENCIA DE XÉNERO, Jesús contounos que é cando un home maltrata física, verbal ou psicolóxicamente a unha muller coa que mantén ou mantivo unha relación sentimental. É un tema que xa vén de moi antiguo, xa que dende o principio dos tempos, o papel da muller sempre estivo ligado á casa e ao coidado dos fillos. Afortunadamente na actualidade isto está a cambiar e para acadar este cambio debemos educar aos nenos en nenas, desde edades ben tempranas, á resolución pacífica de conflitos, fomentar a empatía e desenvolver autoestima, principios que favorecen a desaparición dos perxuicios de xénero que se dan xa desde a escola.