Amosando publicacións coa etiqueta CHARLAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CHARLAS. Amosar todas as publicacións
0 comments

CHARLA PARQUES NATURAIS

Hoxe tivemos unha pequena charla sobre o parque natural das Fragas do Eume. Nela aprendimos de maneira sinxela e amena as súas características,  os principais problemas ambientais que sofre e a forma que temos entre todos de poder axudar e protexelo.

Esta charla encádrase dentro do programa "Para unha Transición Ecolóxica" desenvolvido polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) co apoio da Deputación da Coruña co obxecto de dar a coñecer a importancia e valores de distintos espazos naturais protexidos da comunidade.

Próximamente faremos unha ruta guiada polas Fragas na que poderemos ver en vivo e en directo e poñer en práctica moita das cosas que aprendimos durante a charla.

0 comments

CHARLA: ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS

Ángel  da asociación CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) veu hoxe ao colexio a darnos unha charla aos nenos de  quinto e sexto de primaria.

Durante preto dunha hora, a través dunha breve presentación e dun xeito moi ameno,  falounos de dous espazos naturais protexidos da provincia de A Coruña como son a Costa de Dexo e a Illa e o Castelo de Santa Cruz. 

Aprendimos o importante que é protexelos, a gran riqueza que posúen, os problemas ambientais que sofren e que podemos facer nós para preservalos.

A semana que vén iremos á Illa e ao Castelo de Santa Cruz para ver en vivo e en directo moitas das cousas que aprendimos hoxe.


0 comments

CHARLA SOBRE AS FRAGAS DO EUME

 Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto de EP tivemos unha charla a cargo de Ángel Prieto que traballa para a asociación CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Esta asociación tal e como eles anuncian na súa páxina, "promove a educación ambiental así como o intercambio científico e cultura, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido".

Ángel, a través dunha pequeña presentación, falounos de xeito sinxelo e ameno das características dun espazo natural protexido que temos preto de nós, "As fragas do Eume" e tamén dalgunhas medidas que podemos tomar nós para preservalo.









A vindeira semana veremos en vivo e en directo moitas das plantas e dos animais que nos amosou Ángel na presentación. Estamos desexando ir.

0 comments

O RÍO BELELLE AO NATURAL

O profesor Lois Anxo Rodríguez que é o autor dunha guía titulada "O río Belelle ao natural" veu hoxe ao noso centro.

Primeiro deunos unha charla sobre o ecosistema do río:




Ao finalizar, agasallounos cun exemplar da súa guía e non só iso senón que tamén nolo asinou a tod@s:


 Pero a cousa non quedou aí. A
 continuación levounos ao río onde nos convertimos en científicos por un día. 

Primeiro baixamos á beira do Belelle e alí coa axuda de Lois, collimos distintos invertebrados. Despois utilizamos estes invertebrados como bioindicadores para analizar a calidade das augas do río, e sabedes que? Pois resultou que as augas do noso río son excelentes.

Tamén dimos un pequeno paseo no que collimos follas das árbores próximas ao río. Había moitísimas: carballos, ameneiros, freixos, abeleiras, salgueiros, ... Coa axuda da guía, identificamos todas as follas e tamén as clasificamos. Lois contounos que antes coa madeira desas arbores facíanse zocas e tamén pezas para os carros. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das fotos que sacamos:


PASÁMOLO FENOMENAL!


0 comments

COMPOSTAXE DOMÉSTICA

Hoxe todo o cole , por cursos, participamos nunha pequena charla sobre compostaxe doméstica. Aprendimos como facer un composteiro, que debemos botar nel, que debemos facer se está moi seco ou moi mollado, ...

Estivemos moi atentos xa que en nada comezaremos a traballar nas nosas parcelas do invernadoiro e o compost axudaranos a que a nosa colleita medre en boas condicións.




0 comments

CHARLA SOBRE BEBIDAS AZUCARADAS E ENERXÉTICAS


O pasado martes, @s alumn@s de 5º e 6º de EP, recibimos a visita de Mª José, psicopedagoga do Concello de Fene, que nos veu a dar unha interesantísima charla sobre as bebidas azucaradas e enerxéticas.

Díxonos que tanto unhas como outras, non están recomendadas para nenos e nenas menores de 18 anos sobre todo pola gran cantidade de azucre que teñen:


E tamén das consecuencias que pode ocasionarnos tomalas como: caries, obesidade, diabetes, problemas renais,... Para que víramos un exemplo, púxenos este primeiro video sobre a coca cola e os dentes:


E tamén este onde se comparaba o azucre que contén unha coca cola zero e unha coca cola normal:


Ainda que a coca cola zero ten menos azucre, ainda sí, menuda cantidade de azucre teñen as dúas!

Tamén aprendimos que as bebidas enerxéticas conteñen sobre todo cafeína e taurina e que algúns dos efectos que producen se se toman de xeito abusivo son: dor de cabeza, falta de concentración,  insomnio, hiperactividade, nerviosismo,... e que polo tanto non é certo iso de que melloran o rendemento ou a concentración nin que se deben tomar despois de facer exercicio como nos din moitas veces na publicidade coma por exemplo neste video:


Para rematar, deunos unha receita casera para facer unha bebida isotónica con moito menos azucre que as que hai nas tendas e supermercados:


Estivemos todos moi atentos:




2 comments

VISITA DO GES E CHARLA SOBRE AS AVESPAS ASIÁTICAS

Hoxe recibimos a visita do GES (Grupo de Emerxencia Supramunicipal) de Mugardos. Primeiro, déronnos unha charla sobre as avespas asiáticas.


 Nela aprendeimos moitísimas cousas. Como:

CAL É A MELLOR ÉPOCA PARA ELIMINAR OS NIÑOS DE AVESPAS?

Tendo en conta o seu ciclo anual  a mellor época para eliminalas é cando empeza a primavera porque as raíñas comezan o seus nidos e no outono porque ten lugar a fecundación das novas raíñas.

QUE FACER SE NOS ATOPAMOS CUN NIÑO DE AVESPAS?

 O primeiro e avisar ao 012 ou ao 112 e informar de onde está o niño, a que altura aproximadamente, como é de grande,... e por suposto non achegarnos a menos de cinco metros del.

QUE TEMOS QUE FACER SE NOS ATACAN AS AVESPAS?

As avespas só atacan se se ven en perigo. Se temos a mala sorte de que nos ataquen, debemos manter a calma, colocar ambas mans detrás da nuca e moi despazo darnos a voltar e botar a andar. Unha vez que nos separemos cinco ou dez metros do niño, xa non nos seguirán.

COMO FACER UNHA TRAMPA CASEIRA PARA AVESPAS?
  • Cortamos a parte superior dunha botella de plástico e colocámola boca abaixo a modo de embude.
  •  Facémoslle uns buratiños a ambos lados para poñerlle unha cordiña e tamén para que poidan saír os animais máis pequenos.
  • Atámoslle a corda para poder pendurala das árbores.
  • Botamos na botella 250 cc de mestura atraínte para as avespas que contén cervexa (40%), viño branco (40%) e zume de arandos ou outras froitas (20%). Debe ser renovada cada 15 días aproximadamente, sen lavar a trampa e deixando no interior 2 ou 3 velutinas. 

Aquí estamos posando coas nosas:


A continuación, e antes de marchar, deixáronnos subir no seu coche e tocar a serea, o claxón, falar por megafonía,...


Aquí vos deixamos algunhas fotos da charla:

TALLER AVESPAS VELUTINAS on PhotoPeach

E aquí as fotos subid@s ao camión:


0 comments

APRENDEMOS SOBRE A RECICLAXE


A semana pasada, concretamente o xoves, tivemos a sorte de contar no cole, con dous profesionais de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) que viñeron a explicarnos por que debiamos de reciclar e a ensinarnos como facelo dentro da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor".

Durante a charla lembramos que a regra dos tres R: REDUCIR, REUSAR e RECICLAR; axúdanos de maneira importante a conservar os recursos naturais, a disminuír as emisións contaminantes, a aforrar enerxía e a evitar o desperdicio. Tamén lembramos en que colector temos que reciclar cada envase:

- COLECTORES AMARELOS: Envases de plástico (envoltorios de galletas, iogures, xeles de baño,...), metálicos (latas de conserva, botes de bebidas,...) e briks (de leite, de zume,...)

- IGLÚS VERDES: aquí se depositan os envases de vidro pero non as  tapas nin os vasos que non son envases.

- COLECTORES AZUIS: son para o papel e os cartóns. Non serven as servilletas nin os panos da man porque teñen restos orgánicos e non se poden reciclar.

Estivemos todos moi atentos:


Se queredes seguir aprendendo, na páxina de SOGAMA podemos atopar xogos e outros recursos para fomentar o coidado do Medio Ambiente como:

Para PRIMARIA: Xogo de Secuencias



E tamén o XOGO DA RECICLAXE que podemos descargar clicando na imaxe:

0 comments

CHARLA PREVENCIÓN INCENDIOS FORESTAIS

Empezamos vendo un video do conto: "O home de lume" :


(clicade na imaxe)

Neste conto aprendimos entre outras cousiñas que os incendios pódense producir por causas naturais (raios,...) ou pola acción do home (por neglixencia como tirar as cabichas dos cigarros, non limpar os montes, ... ou intencionadamente) e que temos que chamar ao 085 se vemos algún incendio.


A continuación vimos unha presentación de fotografías de varios destes axentes e os seus vehículos en acción nalgúns incendios como o das Fragas do Eume que tivo lugar vai facer xa tres anos.

Xa para rematar, saímos ao patio a ver en vivo e en directo os vehículos que trouxeron así como o funcionamento da mangueira. Pasámolo moi ben.

Ollade algunhas das fotos que sacamos:

(clicade na imaxe)