Amosando publicacións coa etiqueta MEDIO AMBIENTE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MEDIO AMBIENTE. Amosar todas as publicacións
0 comments

A HISTORIA DO NOSO DISFRAZ

 Este ano, imos ir disfrazados do "Prestige" e da plataforma "Nunca Máis". 

O Prestige foi un barco petroleiro que hai 20 anos partiuse en dous fronte as costas de Galicia debido a un temporal. Isto provocou o vertido de preto de 77.000  toneladas de petróleo nas nosas augas o que supuxo un grande desastre ecolóxico.

A marea negra do Prestige, congregou a máis de 65.000 voluntarios de todo o mundo que viñeron a Galicia a axudar a limpar as nosas praias.

Como reacción ante a catástrofe xurdiu a plataforma Nunca Máis para reclamar que Galicia fose declarada "zona catastrófica", limpar o vertido tóxico e que se activasen as axudas económicas.

E esto é o que fixemos para o disfraz:

- O Prestige soltando o petróleo feito cunha caixa de cartón e bolsas recicladas:


- Os buzos de traballo dos voluntarios por diante e por detrás:



- As proteccións feitas con botellas de plástico:




- As ferramentas dos voluntarios para sacar o chapapote feitas con tubos de cartón e botellas de plástico:


- A bandeira da plataforma "Nunca Máis" feita con bolsas recicladas:


- E para rematar un paxaro negro que representa o gran desastre ecolóxico que supuxo este vertido:


Que vos parece o noso disfraz?

0 comments

EXPOSICIÓN AS AVES DE NEDA EN MACIÑEIRA


Durante dúas semanas, os nenos e nenas do colexio poidemos disfrutar das imaxes que constitúen a exposición fotográfica adicada ás aves do Concello de Neda grazas á Asociación Néboa Medioambiente.
Nas fotografías, feitas non por fotógrafos profesionais, senón por membros da agrupación ornitolóxica Anduriña , aparecen as aves máis habituais tanto terrestres como acuáticas do noso Concello xunto cun carteliño co que aprender non só as súas principais características senón tamén algunha curiosidade sobre ela.
Ademais tamén nos deixaron unhas preciosas postais sobre as aves e uns xogos didácticos.


Moitísimas grazas á Asociación Néboa por compartir esta fermosa exposición connosco.

0 comments

A MALETA CLIMÁTICA

O mes pasado chegou a nosa clase esta maleta:



Tod@s nos preguntabamos que habería dentro así que a abrimos e ...


descubrimos que estaba cargadiña de libros relacionados co medio ambiente e o clima, o noso proxecto deste ano.

Así que cada un de nós elexiu uns dos libros e comezamos a lelos:

0 comments

NOVO PROXECTO: "SOSteño o mundo coas miñas mans"

 Hoxe fomos á biblioteca cos nosos compañeiros e compañeiras de quinto. Alí a coordinadora, Sonia, púxonos este video (que ainda que é para felicitar as festas serviu para darnos a coñecer o novo proxecto a nivel de centro deste ano):

E a continuación preguntounos de que críamos que ía ser o proxecto: uns dixemos que sobre a reciclaxe, outros que do medio ambiente,... ao final díxonos que que o proxecto deste ano é:

"SOSteño o mundo coas miñas mans"
Que vos parece?

0 comments

ROTEIRO CASTELO DE SANTA CRUZ

 


Despois da charla da semana pasada da asociación CEIDA sobre espazos naturais protexidos da provincia de A Coruña, hoxe tocounos ver en vivo e en directo moitas das cousiñas que nos dixo Ángel. 

- Paseamos polo xardín das árbores centenarias, sabiades que as follas e sementes do texo son moi velenosas pero que delas se obtén unha substancia que se emprega para tratar algúns cancros como o de mama?, 

- Percorrimos os límites da illa para ver distintas especies vexetais como a herba de namorar e algúns  animais como rás, corvos mariños,... Coñecimos a curiosa historia dunha pardela cincenta que no ano 1985 se achegou a descansar a un coñecido hotel do paseo marítimo. A pardela, que incluso se deixaba acariciar, pasaba todas as noites neste hotel ou no paseo e ao finalizar o verán se marchaba. Así estivo durante quince longos anos.

- Descubrimos a cuádriple utilidade desta illa:

  •  Defensa militar porque o castelo se construíu para reforzar a fortificación da ría fronte aos ataques do corsario Francis Drake.
  •  Defensa cultural porque unha vez abandoado, o castelo foi comprado e convertido en pazo por Xosé Quiroga (por un precio equivalente a unha parella de bois) , marido da escritora Emilia Pardo Bazán e alí a escritora escribiu algúns dos seus mellores libros.
  • Defensa da infancia porque en 1939, Blanca Quiroga, filla da escritoria dona o pazo á armada de cabalería para adicalo a casa de verán de orfos da Guerra Civil.
E por último e non menos importante,
  • Defensa  do medio ambiente porque desde a década dos oitenta, nel atópase o Centro de Educación, Información e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada:

0 comments

22 DE ABRIL: E EU, QUE PODO FACER POLA TERRA?


Todos os anos o 22 de abril celébrase o Día da Terra para lembrarnos que temos que coidar o noso Planeta, e o mellor xeito de coidalo é manténdoo ben limpo.
Como mantemos limpa a Terra? É moi doado, só temos que seguir a regra dos 3Rs: "reducir,reutilizar e reciclar"
  • Reducir significa utilizar menos, por exemplo utilizar menos auga.
  •  Reutilizar significa utilizar outra vez en vez de tirar ao lixo. Por exemplo podemos reutilizar papel, cristal, roupa, caixas de cartón,...
  •  Reciclar significa construír algo novo a partir de algo vello. Podemos axudar á Terra reciclando papel, cristal, plástico, metais,...
É moi importante que coidemos moito o noso Planeta, pero non só hoxe senón todos os días do ano. Se todos poñemos algo da nosa parte,  poderemos facer da Terra UN MUNDO MELLOR PARA TOD@S.

Para telo sempre presente fixemos esta actividade:
  1. Cada un pintou un círculo feito nun filtro de café con rotulador verde e azul.

      2.   Despois, botámoslle auga por riba e puxémolo a secar.


     3.  Continuamos pintando unha cartolina negra con pintura branca que esparcimos cun cepillo de dentes e a axuda dun paíño.


    4.  Seguimos escribindo todas aquelas cousiñas que podiamos facer nós para axudar a Terra. Aquí saíron cousas como:

       - Reutilizar caixas de cartón para xoguetes.
       - Reciclar o papel, o cristal, plástico,...
       - Botar o lixo no contenedor corresponde.
       - Aforrar auga bañándonos en lugar de duchándonos, pechando a billa cando nos cepillamos os dentes, ...
       - Aforrar electricidade apagando as luces cando saímos dunha habitación, desenchufando os electrodomésticos,...
       - Non contaminando nin tirando lixo ao chan, os ríos, mares, bosques,...
       - Utilizar o transporte público, ...

   5. Para finalizar montamos todo e ...



0 comments

APRENDEMOS SOBRE A RECICLAXE


A semana pasada, concretamente o xoves, tivemos a sorte de contar no cole, con dous profesionais de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) que viñeron a explicarnos por que debiamos de reciclar e a ensinarnos como facelo dentro da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor".

Durante a charla lembramos que a regra dos tres R: REDUCIR, REUSAR e RECICLAR; axúdanos de maneira importante a conservar os recursos naturais, a disminuír as emisións contaminantes, a aforrar enerxía e a evitar o desperdicio. Tamén lembramos en que colector temos que reciclar cada envase:

- COLECTORES AMARELOS: Envases de plástico (envoltorios de galletas, iogures, xeles de baño,...), metálicos (latas de conserva, botes de bebidas,...) e briks (de leite, de zume,...)

- IGLÚS VERDES: aquí se depositan os envases de vidro pero non as  tapas nin os vasos que non son envases.

- COLECTORES AZUIS: son para o papel e os cartóns. Non serven as servilletas nin os panos da man porque teñen restos orgánicos e non se poden reciclar.

Estivemos todos moi atentos:


Se queredes seguir aprendendo, na páxina de SOGAMA podemos atopar xogos e outros recursos para fomentar o coidado do Medio Ambiente como:

Para PRIMARIA: Xogo de Secuencias



E tamén o XOGO DA RECICLAXE que podemos descargar clicando na imaxe: