IMOS AO CINE
29 marzo 2019
Publicado por
Ana Martínez
en
18:03
0
comentarios
Etiquetas: CINE, CURSO 2018/19, SAÍDAS
MISIÓN NEDA II
28 marzo 2019
Hoxe recibimos no colexio a visita de Micaela, unha panadeira de paso que ía para o muíño nos trouxo o segundo caderno de Misión Neda.
Micaela aproveitou a súa visita, para falarnos da historia do rico pan de Neda e tamén de como se fai o pan e do río Belelle.
Publicado por
Ana Martínez
en
17:45
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2018/19, MISIÓN NEDA
ENTREVISTA A ... LEANDRO LAMAS
26 marzo 2019
O mes pasado, dentro do noso proxecto de Arte, entrevistamos a ... LEANDRO LAMAS, pintor recoñecido da zona e polas tardes, profesor de debuxo no noso centro.
Varios días antes, preparamos as preguntas que nos gustaría facerlle. Cada un de nós pensou nunha ou dúas preguntas e despois entre todos fixemos unha posta en común para decidir cales delas incluíamos na nosa entrevista.
Unha vez que xa tiñamos a entrevista preparada, citámonos con el un luns pola tarde porque é o día que ven ao noso centro. Alba, Sheila, Yago, Karla e Aitana encargáronse de facerlle as preguntas en nome de todos xa que ao ser pola tarde algúns non podiamos ir; e Enma, de gravar a entrevista mentras a profe sacaba algunha que outra fotiña.
Esta é a nosa entrevista :
Moitísimas grazas, Leandro, por concedernos esta entrevista. Desexámosche moita sorte en todos os teus traballos.
Publicado por
Ana Martínez
en
01:28
0
comentarios
VISÍTANOS ... CARMEN MARTÍNEZ CAAVEIRO
25 marzo 2019
Se fai uns días nos visitaba no colexio a boxeadora Judith Barbosa, este venres recibimos a visita de Carmen Martínez Caaveiro unha gran atleta e ademais nai de Xandro, o noso compañeiro de Educación Infantil tres anos.
Carmen (11-1-1984) , ademais doutros títulos, foi campiona galega en salto de lonxitude e triple salto na categoría sub-18, subcampiona de España Junior, bronce no campionato de España Xuvenil triple salto, campiona no campionato de España Xuvenil salto de lonxitude e récord galego xuvenil tanto en triple salto como en lonxitude.
Primeiro, no ximnasio, falounos da súa andaina no mundo do atletismo e constestou ás nosas preguntas.
A continuación, fóra, fixemos con ela un pouco de quecemento:
E xa para rematar, ensinounos a facer salto de lonxitude. Primeiro amosounos o ben que o fai ela e despois probamos nós:
Publicado por
Ana Martínez
en
00:32
0
comentarios
Etiquetas: CARMEN MARTÍNEZ CAAVEIRO, CURSO 2018/19, DÍA DA MULLER
MISIÓN NEDA
22 marzo 2019
O pasado venres cando estabamos na aula de informática, recibimos unha visita inesperada. Tratábase nada máis e nada menos que de Laureana (en realidade Silvia Casal, mestra de teatro e actriz) , unha muller de máis de dous millóns de anos que vive nun castro do Monte de Ancos.
Primeiro presentouse e contonunos a súa incrible historia (unha coñecida lenda ambientada no Monte de Ancos):
MISIÓN NEDA: LENDA DO MONTE DE ANCOS from Ana Martínez on Vimeo.
Tamén nos dixo que para facelo, disporíamos de tres cadernos ilustrados con fotografías do patrimonio de Neda, mapas interactivos e lendas: hoxe o primeiro e os seguintes o 29 de marzo e o 12 de abril.
Publicado por
Ana Martínez
en
01:44
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2018/19, MISIÓN NEDA
DÍA DA POESÍA: XOGAMOS AO CADÁVER EXQUISITO
21 marzo 2019
Hoxe, Día Mundial da Poesía, na hora de ler xogamos ao Cadáver Exquisito. O xogo consistiu en que a primeira persoa escribía nun papel, un verso que lle entregaba á mestra completo e noutro, a última palabra do seu verso, que lle entregaba ao seguinte participante. Éste tiña que escribir o seu verso tendo en conta que a última palabra tiña que rimar coa palabra que lle pasou o anterior participante. Comezou Adrián poñendo o título e pasándolle a última palabra do título a Alba, esta a Carmen, logo Paz, Ainoa, Sheila, Aitana, Miguel, Karla e por último Enma.
Así foi como quedou finalmente o noso poema, elaborado entre os dez:
Publicado por
Ana Martínez
en
13:09
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2018/19, DÍA DA POESÍA, TÉCNICA DEL CADÁVER EXQUISITO
VISITA DE JUDITH BARBOSA
Dentro das actividades que fixemos polo Día da Muller, o pasado mércores día 13, no cole recibimos a visita de Judith Barbosa unha boxeadora e tamén militar que foi tres veces Campiona de España Absoluta e en ocasións compoñente da Selección Española.
Judith, falounos da súa traxectoria neste deporte.Contounos que empezou no boxeo con tan só 13 anos pero que non puido competir ata os 16 porque non había ningunha chica coa que poder boxear. Tamén das horas que adica a entrenar, de como entrena, amosounos a súa arte saltando a corda e o equipamento que utiliza para boxear: casco, protetor de dentes, guantes, ... Cando lle preguntaron que se necesita para ser boxeadora só dixo dúas palabras: AUTOCONTROL e DISCIPLINA.
Quedámonos cunha frase que dixo cando se despediu:" AS CHICAS NON SOMOS NIN MENOS NIN MÁIS QUE OS CHICOS, SIMPLEMENTE SOMOS IGUAIS"
Publicado por
Ana Martínez
en
01:23
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2018/19, DÍA DA MULLER
LAPBOOK DO VERBO
18 marzo 2019
Neste trimestre estivemos dando tanto en Lingua Castelá como en Lingua Galega o verbo. Para ter toda a información recollida e que nos quedase máis clariño todo, en clase estivemos a facer un lapbook sobre o mesmo:
Publicado por
Ana Martínez
en
10:56
1 comentarios
Etiquetas: CURSO 2018/19, GRAMÁTICA, LAPBOOK, LINGUA CASTELÁ, VERBO
DEBUXOS CONTRA O CANCRO INFANTIL
14 marzo 2019
O pasado domingo 3 de marzo, en Neda tivo lugar a II GALA BENÉFICA CONTRA O CANCRO INFANTIL organizada polo Concello de Neda, Lucus Neda e Zanshin Sport baixo o lema "TÓDOLOS DÍAS CHEOS DE ALEGRÍA" na que se recaudaron 4.300 euros.
Ese mesmo día tivo lugar a entrega de premios do concurso de debuxo no que podían participar alumnos e alumnas de primaria dos colexio de San Isidro e do noso. Ainda que a actividade era optativa case todos quixemos participar nela. Ollade que debuxos máis bonitos fixemos:
Publicado por
Ana Martínez
en
09:49
0
comentarios
Etiquetas: CANCRO INFANTIL, CONCURSOS, CURSO 2018/19
O INVERNO
13 marzo 2019
Faltábanos por amosaros os debuxos de inverno que fixemos na clase de plástica utilizando as cores frías principalmente e debuxando a perspectiva das sombras:
Publicado por
Ana Martínez
en
10:47
1 comentarios
Etiquetas: CURSO 2018/19, INVERNO