Amosando publicacións coa etiqueta DEPORTES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DEPORTES. Amosar todas as publicacións
0 comments

E AGORA VOLEIBOL

 


Como podedes ver, este ano estamos aprendendo a practicar distintos deportes: comezamos con balonmán da man do Equipo de Balonmán de Narón, continuamos co tenis grazas a Escola de Tenis "Justo al revés" de Fene e agora tocoulle o turno ao voleibol coa visita de dous xogadores do Equipo de Voleibol Aldebarán de San Sadurdiño.

Primeiro os de cuarto de primaria e despois os de quinto e os de sexto, aprendimos un montón de técnicas e formas de coller e pasar o balón.


0 comments

PRACTICAMOS TENIS

 Se o outro día practicábamos e aprendíamos a xogar ao balonmán co Clube Balonmán Narón, esta semana tocoulle o turno ao tenis. Grazas a Escola de Tenis "Justo al revés" de Fene, coñecimos algo máis deste deporte.

Primeiro practicamos a darlle á pelota e a continuación fixemos un pequeno partido:

0 comments

PRACTICAMOS BALONMÁN

 


Grazas a dúas rapazas do club Balonmano Narón, que visitaron hoxe o noso colexio, descubrimos e aprendimos moitísimas cousas sobre este deporte.

0 comments

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO


No centro, estamos a desenvolver un proxecto deportivo de centro, por iso hoxe, os alumnos e alumnas de sexto, fomos ao Pavillón Municipal de As Pontes para xogar ao Cópbol con outros nenos e nenas tamén de sexto, dos colexios  Virxe do Mar, Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Santiago Apóstol de Franza, Santa María, A Magdalena e A Fraga, estes tres últimos de As Pontes.
Foi moi divertido!!!!!

0 comments

APRENDEMOS VOLEIBOL


O martes da semana pasada, tivemos a gran sorte de contar no cole con tres grandes xogadores de Voleibol do Equipo Aldebarán de San Sadurniño que foi gañador da Copa do Príncipe, no 2016 : Uxío Garcia ( o capitán e balón de ouro no 2016), Vitali Kobzev e Renato Mendes que nos ensinaron moitísimas cousas sobre o Voleibol.

Ollade canto aprendimos e que ben o pasamos: