DECORACIÓN DE NADAL
Para axudar a decorar o cole, a nosa clase fixo fermosas casiñas con paíños de madeira.
Que vós parecen?
Etiquetas CURSO 2022/23, MANUALIDADES, NADAL
MANUALIDADES DE SAMAÍN I: FACEMOS NIÑOS DE ARAÑAS
Este mes estamos a traballar a temática do Samagostín que é un termo que nos "inventamos" no noso cole para agrupar a festividade do Samaín e a do Magosto.
Unha das manualidades que fixemos foi uns terroríficos "Niños de araña" para decorar os corredores do cole.
Queredes saber como o fixemos? Ollade, ollade,...
Etiquetas CURSO 2022/23, MANUALIDADES, SAMAÍN
NADAL
Por Nadal, a cada clase tocounos facer unha manualidade para adornar o cole. A nós tocounos facer un elfo.
Así que utilizamos os moldes que atopamos na páxina de armsthings.com e con algunhas cousiñas de propia colleita, fixemos estes fermosos elfos:
Tamén grabamos entre todo o colexio, un video coa canción: "Siempre es Navidad junto ti" de Edurne:
E para rematar, fixemos estas tarxetas cascada para felicitar ás nosas familias. Que vos parecen?
Etiquetas CURSO 2021/22, MANUALIDADES, NADAL, TARXETAS
MANUALIDADES ENTROIDO
Para decorar o centro para o Entroido aos nenos e nenas de 5º de primaria tocoulles facer antifaces e a nós arlequíns utilizando materiais reciclados.
Ollade que bonito quedou todo:
Etiquetas CURSO 2020/21, ENTROIDO, MANUALIDADES
BOLAS DE NADAL

Ademais das árbores de Nadal que xa vos amosamos nunha entrada anterior, tamén queremos que vexades estas bonitas bolas de purpurina que fixemos:
Etiquetas CURSO 2020/21, MANUALIDADES, NADAL, NAVIDAD
MANUALIDADES DE NADAL
Queremos amosaros as manualidades de Nadal que fixemos para axudar a adornar o centro e para vender no II Mercadillo de Nadal de Maciñeira. Esperamos que vos gusten:
Etiquetas CURSO 2019/20, MANUALIDADES, NADAL
MANUALIDADES DE ENTROIDO
Nas clases de plástica, os de quinto e os de sexto estivemos a facer uns pallasos con CDs reciclados para adornar o cole o día do festival. Ollade que bonitiños nos quedaron:
Etiquetas CURSO 2018/19, ENTROIDO, MANUALIDADES
MANUALIDADES DE NADAL
Estas son as manualidades que fixemos:
- Unhas bolas feitas con CDs reciclados:
- Uns portavelas con cartón ondulado:
- E uns adornos para pendurar da árbore de Nadal de goma eva:
Tamén coloreamos unhas árbores de Nadal nas que escribimos un desexo e utilizamos para decorar o escenario do festival de Nadal:
Estes son algúns dos nosos desexos:
AINOA: Felicidade e paz para tod@s.
YAGO: Que acabe a fame no mundo.
CARMEN: Que todas as persoas do mundo teñan un teito e alimento para vivir.
PAZ: Que todos vivamos en paz e harmonía.
MIGUEL: Que todos os nenos e nenas teñan un agasallo polo Nadal.
SHEILA: A felicidade para todo o mundo.
ENMA: Que todos sexamos iguais.
AITANA: Que en Nadal sexamos todos felices.
ALBA: A paz no mundo.
ADRIÁN: Que todos teñan un Feliz Nadal e Próspero Ano Novo e tamén que neve no Nadal.
KARLA: Que se atope a cura contra o cancro.
Etiquetas CURSO 2018/19, MANUALIDADES, NADAL
TARXETAS DE NADAL
Para felicitar ás nosas familias, este ano fixemos unas sinxelas tarxetas de nadal en 3D con cartolina negra e folios de cores que atopamos en internet e que adaptamos ao noso gusto.
Ollade que bonitas quedaron:
Etiquetas CURSO 2017/18, MANUALIDADES, NADAL, NAVIDAD
PAPA NOEIS
Ademais da decoración que xa vos amosamos, nas clases de plástica fixemos estes divertidos Papa Noeis:
Para facelos, seguimos o titorial que atopamos na páxina de KIDEAREA con algunas modificacións: goma eva para os detalles brancos e brazos e mans.
Etiquetas CURSO 2017/18, MANUALIDADES, NADAL, NAVIDAD
DECORACIÓN DE NADAL
E agora estamos a escribir a carta aos Reis Magos que nos visitarán o próximo día 21, ensaiando para o festival de Nadal e facendo unha tarxeta para levar a casa.
Etiquetas CURSO 2016/17, MANUALIDADES, NADAL
MANUALIDADES DE OUTONO
Nas clases de plástica, además das láminas que xa vos ensinamos tamén estivemos a facer unhas preciosas follas e uns bufos para adornar a árbore que está na entrada do colexio.
As follas, fixémolas utilizando esta plantilla que atopamos na páxina PED-KOPILPA:
E estas instruccións que atopamos na mesma páxina:
Etiquetas CURSO 2016/17, MANUALIDADES, OUTONO






























.png)















