Continuando co noso proxecto sobre Picasso, despois da Época Azul, vimos a Época Rosa. Nesta época que vai dende 1904 ata 1907, Picasso que está moi feliz e enamorado de Fernande Olivier, entra nun período máis alegre e pinta esceas de pallasos e circos cun colorido máis brillante.
Estas son algunhas das obras que traballamos, onde podemos ver como cambiaron as cores azuis e frías por cores máis cálidas:
Por fin podemos amosarvos, os fantásticos cadros que recreamos da época azul de Picasso:
GÚSTANVOS?
Estes cadros, xunto aos que fixeron os nosos compañeiros e compañeiras de terceiro, xa están pendurados das paredes onde temos a exposición dos nosos traballos de Picasso:
Entre 1901 e 1904, Picasso, que estaba moi triste polo suicidio do seu amigo Carlos Casagema, pintou unha serie de obras con figuras humanas alongadas e temas cheos de dor, pobreza e soidade, nas que predomina a cor azul, por iso a este período, chámase a ÉPOCA AZUL.
Nesta presentación que preparou a profe, puidemos ver algúns dos cadros que pintou nesta etapa:
ÉPOCA AZUL DE PICASSO on PhotoPeach
Despois a profe díxonos que tiñamos que averiguar o nome dalgunhas destas obras e que comezariamos por estas seis de aquí abaixo.
Todos quedámonos sorprendidísimos porque nós non veiamos ningún cadro só a Picasso con seis marcos baleiros. A profe, díxonos que para poder ver cales eran os cadros que se agochaban debaixo de cada marco, primeiro debiamos descargar no teléfono ou na tablet, a aplicación AURASMA , abrila e facernos seguidores do noso canal:
http://auras.ma/s/7wUkN
Unha vez feito isto, enfocando a imaxe de Picasso e os cadros coa cámara .... OS CADROS APARECERON POR ARTE DE MAXIAAAAA!!!!!!!!
A continuación, buscamos os cadros nunhas miniaturas que nos deu a profe...
E os pegamos na orde correcta:
O último paso, foi buscar o nome dos seis cadros. Puxémonos por parellas, puxemos no buscador:
ÉPOCA AZUL DE PICASSO, démoslle a imaxes e... ATOPAMOS O NOME DE TODOS!!!!
Por último, cada un elexiu un cadro da época azul de Picasso para recrealo pero iso... amosarémovolo nunha nova entrada.
Con dez anos, Pablo Picasso, veu a vivir a Galicia, concretamente á cidade de A Coruña, xa que o seu pai comezou a traballar como mestre na Escola de Belas Artes da idade. Foi precisamente nesta cidade, onde a idade de 13 anos, fixo a súa primeira exposición.
Así que, continuando co noso proxecto sobre Picasso, a primeiros de mes fomos de excursión á Coruña para ver en vivo e en directo o piso onde viviu.
Alí puidemos ver mobiliario da época e debuxos que fixo Picasso (algúns nas páxinas dos seus libros de texto):
E tamén algúns cadros que fixo tanto el como o seu pai:
A continuación subimos coa monitora ao piso de arriba e alí fixemos dous talleres moi divertidos.
No primeiro taller fixemos a TÉCNICA DO CADÁVER EXQUISITO.Trátase dunha técnica de escritura e pintura reinventada polos escritores surrealistas de principios do século XX.
Nós fixemos un DEBUXO ENTRE TRES. A monitora repartiunos un folio dobrado en tres partes a cada un e divideunos en tres grupos: os GUAI, os CHACHI e os PIRULI. Tratábase de debuxar unha cabeza, un corpo ou unhas pernas nunha folla de papel, dobrando para que o seguinte participante non puidera velo ao facer o seu debuxo. Así cada membro do grupo tiña que debuxar as tres partes en tres folios distintos. Mágoa de non ter foto dos debuxos xa coloreados porque quedaron moi divertidos!!!!!!
O segundo taller consistiu en xogar ao AFORCADO pero co título de tres obras de Picasso:
Seguindo co noso proxecto de Picasso, en xaneiro, por mor do día da Paz, ademais de debuxar as pombas de Picasso e de montar o Foulard Serigrafiado pola paz, tamén analizamos e estudamos unha das súas obras máis coñecidas: O GUERNICA.
Soubemos que na actualidade está no Museo Reina Sofía en Madrid e ollamos a súa FICHA TÉCNICA coa que descubrimos entre outras cousas que o cadro mide nin máis nin menos que ... 349,3 x 776, 6 cm! Que grandeeeeeeee!
A continuación puxemos esta presentación coa que seguimos aprendendo e descubrindo cousiñas sobre o cadro. Ao chegar a diapositiva número 7 , fixemos unha pequena paradiña:
Alí dicíanos que no cadro aparecían nove símbolos: seis seres humanos e tres animais e decidimos buscalos:
Sabedes que? Atopámolos case todos moi rápido pero a pomba ... foi un pouquiño difícil de atopar, necesitamos a axuda da profe.
Continuamos, vendo este video de como se pintou para facernos unha pequena idea:
E tamén este onde puidemos velo en 3D coa música de Rosa León, Al alba:
Gustounos tanto o cadro, que decidimos recrealo entre todos facéndoo tipo crebacabezas. Fomos ao blog ACTILUDIS e alí descargamos e imprimimos a opción de tamaño 3 x 6:
O cadro en branco e negro, parecianos moi tristeiro, así que decidimos facelo a color. Buscarmos en internet e vimos moitas opcións de como quedaría coloreado. Gustounos moitísimo como o fixeron no blog VALDEPLÁSTICAe decidimos facelo como eles. Como eran máis pezas dos que somos nós, pedímoslle axuda aos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro de primaria que ao igual que nós están co proxecto.
Proxectámolo na pizarra e cada un de nós pintamos unha das pezas. Claro que ás veces, tiñamos que acercarnos para ver se o estabamos a facer ben.
Pero todo traballo ten o seu froito. Pouco a pouco fomos montando o noso puzzle:
Continuando co proxecto de Picasso, e coa semana da Paz, outra das actividades que fixemos foi recrear o Foulard Serigrafiado para o Festival Mundial de estudantes pola Paz en 1951.
No foulard, podemos ver catro caras con diferentes tons de pel que representan as distintas razas e no medio delas, unha pomba da paz cunha ramiña de oliveira na boca, que nos parece que representa os desexos de paz no mundo.
Para facer as pombas, utilizamos un lapis e un marcador negro, así que para recrear esta imaxe, quixemos utilizar unha técnica distinta, e pensamos en facelo tipo quebracabezas.
Cada rapaz e rapaza, mirando polo cadro orixinal que proxectamos na PDI, tivo que recortar e colocar as pezas do seu quebracabezas na orde e sentido correcto e despois recortar ou debuxar os detalles como ollos, cellas, ... Para finalizar, con témpera vermella, azul e amarela, fixeron o marco.
Así estaba todo preparado para comezar:
Algunha fotiña do proceso:
Montaxe feito con Photoscape
E aquí tedes o noso traballo final. A que é unha preciosidade?
Sabiades que Pablo Picasso fixo famosa a pomba como símbolo da Paz cando un dos seus debuxos foi seleccionado para o Cartel do Congreso Mundial de Partisanos pola Paz que se celebrou en París en 1949? Din que a súa segunda filla, naceu o día que comezaba o Congreso e que por iso a chamou "Paloma".
Ao longo da súa vida, Picasso pintou moitas pombas da Paz. E como estamos preto do día da paz e inmersos no noso proxecto sobre Picasso, nas clases de plástica estivemos imitando a pombas da paz de Picasso.
Aquí vos amosamos as que fixemos nós:
Fai clic no reacadro de arriba á dereita para velas a maior tamaño
Neste segundo trimestre, comezamos un proxecto sobre o gran pintor español, Pablo Picasso. Para aprender un pouco da súa vida e da súa obra, estivemos vendo varias presentacións e videos que atopamos no blog APRENDEMOS JUNTOS.
Ademais, despois de ver este video de Philip Scott Johnson onde aparecen 27 obras de Pablo Picasso,
no mesmo blog xogamos cun widget que tiña 26 das obras do video e había que averiguar a que faltaba. Aquí vos deixamos as 26 cabezas. Eres quen de averiguar a que falta? Se é así, déixanos a resposta nun comentario.
Tamén pintamos a portada do noso proxecto. Ollade como nos quedou:
Para ter todo o proxecto organizado, creamos esta páxina co novo google sites que queremos compartir convosco e que enlazamos na barra lateral do blog: