MANDATOS DO MECO III
Ollade que guapísim@s estabamos todos coa cabeza adornada, a garavata, o pixama e algo que fixese ruído:
Etiquetas CURSO 2019/20, MECO, ORDES DO MECO
ORDES DO MECO DÍA 3
Lembrades que había que traer hoxe? Si? Tedes razón, hoxe había que traer algo que fixese ... MOITO RUÍDOOOOOOOOO! E así viñemos todos: coa cabeza elegante, unha prenda do revés e ... algo que fixera ruído.
Etiquetas CURSO 2018/19, ENTROIDO, MECO, ORDES DO MECO
ORDES DO MECO: Día 4
E como non, hoxe tamén recibimos a visita do MECO para comprobar se tod@s cumplíramos o seu mandato de vir con algo na cabeza, o pescozo decorado,uns lentes nos ollos e algo que faga ruído.
E nós, como somos moi mandadiños, así o fixemos:
Etiquetas CURSO 2017/18, ENTROIDO, ORDES DO MECO
ORDES DO MECO: Día 3
Por terceiro día consecutivo, recibimos a visita do MECO para comprobar se tod@s cumplíramos o seu mandato de vir con algo na cabeza, o pescozo decorado e uns lentes nos ollos.
Quedou abraiado de ver o ben que iamos:
E este é o mandado para mañá:
Etiquetas CURSO 2017/18, ENTROIDO, ORDES DO MECO
ORDES DO MECO: Día 2
Hoxe recibimos a visita do Meco, esta vez en forma de Meiga e do Mago Macín. Ollade que guapísim@s estábamos tod@s coa cabeza e o pescozo decorado:
E para mañá mércores:
Etiquetas CURSO 2017/18, ENTROIDO, ORDES DO MECO
ORDES DO MECO: Día 1
Un ano máis, grazas á ANPA, presentámosvos o Meco deste ano, un fermoso bosque máxico no que colaboraron todos aqueles nenos e nenas que quixeron, e que nos vai acompañar neste Entroido.
O mandado para hoxe era ...
E cando veu o Meco a visitarnos (estabamos en clase de Relixión e de valores) así de guapísim@s nos viu:
E para mañá ...
Etiquetas CURSO 2017/18, ENTROIDO, ORDES DO MECO
ORDES DO MECO DÍA 3
E chegamos ao terceiro día das ordes do Meco. Hoxe tiñamos que traer algo colorido e elegante na cabeza, algunha prenda do revés e algo que fixese ... MOITO RUÍDOOOOOOOOOOOOO!!!!!!!
Etiquetas CURSO 2016/17, ENTROIDO, ORDES DO MECO
ORDES DO MECO DÍA 2
Seguindo as ordes do Meco, hoxe tiñamos que vir con algo na cabeza colorido e elegante como onte pero ademais cunha prenda do revés, por encima, do diante para atrás, ... E como podedes ver, absolutamente todos o cumprimos, ata a profe que viña coa camisa do revés!!!!!!
Onte Marshall, prometeunos que se todos viñamos así, traería a súa mangueira para mollarnos e nos mollou claro:
E que temos que levar mañá?
Etiquetas CURSO 2016/17, ENTROIDO, ORDES DO MECO
ORDES DO MECO DÍA 1
Lembrades que o MECO onte ordenounos que hoxe tiñamos que traer a cabeza colorida e elegante? Pois ben, todos cumprimos o mandato. Non o credes? Ollade, ollade:
E como podedes ver , fixémolo tan ben, que ademais de recibir a visita da deportista de onte, hoxe pasou a visitarnos ... MARSHALL da PATRULLA CANINA en persoa, montando no seu coche de bombeiros e por suposto, todos quixemos quitar unha foto con el.
Marshall, aproveitou a visita para dicirnos a orde para mañá:
Etiquetas CURSO 2016/17, ENTROIDO, ORDES DO MECO
ENTROIDO 2017: ÓRDENES DO MECO
Hoxe, cando chegamos ao cole, encontrámonos nin máis nin menos que coa PATRULLA CANINA (feito unha vez máis polas mamás e papás tan traballador@s que temos na ANPA) ,que nos vai a acompañar nas MACIOLIMPIADAS, que é a temática elexida este ano para o noso disfrace por mor do proxecto que estamos a facer dende a biblioteca das OLIMPÍADAS.
Ademais, a primeira hora, cando estabamos en clase de Lingua Galega, tivemos unha visita inesperada. Veu a visitarnos, nin máis nin menos, que unha deportista chegada do lonxano monte Olimpo en Grecia, para dicirnos que tiñamos que traer mañá:
Así que xa sabedes rapaces e rapazas, mañá todos con algo COLORIDO e ELEGANTE na CABEZA.
Etiquetas CURSO 2016/17, ENTROIDO, ORDES DO MECO
ÓRDENES DO MECO: TERCEIRO DÍA
E xa chegamos ao terceiro día das órdenes do Meco. Así que hoxe había que traer algo amarelo, os pés moi elegantes e algo que fixese moito ruído:
E para mañá ...
Etiquetas CURSO 2015/16, ENTROIDO, ORDES DO MECO
ÓRDENES DO MECO: SEGUNDO DÍA
Lembrades que onte o MECO mandounos vir a todos cos pés ben elegantes? Pois como somos moi cumplidores, hoxe todos viñemos cos nosos pés moi pero que moi elegantes, non si? E como é ACUMULATIVO, tamén viñemos con algo de cor amarela.
E que temos que levar mañá? Lede moi atentamente:
Etiquetas CURSO 2015/16, ENTROIDO, ORDES DO MECO
UN ÚLTIMO MANDADO DO MECO
Hoxe pasou algo rarísimo. Cando estabamos todos expectantes esperando a chegada de Finn e de Jake petaron á porta e ... OLLADE QUE COUSA MÁIS RARA :
O que entrou pola porta non era nin Finn nin Jake senón unha mestura dos dous. Que pasou? Pois nada máis e nada menos que o malvado mago Bufo, fixo das súas e coa súa variña máxica converteu a Finn e a Jake nunha soa persoa. Que podiamos facer nós?
A solución foi moi sinxela. Se queriamos que Finn e Jake volvesen ao seu aspecto normal tiñamos ... QUE FACER MOITO RUÍDOOOOOOOOO! e vaia se o fixemos:
Etiquetas CURSO 2014/15, ENTROIDO, ORDES DO MECO
E O MÉRCORES ...
Todos e todas viñemos así de guapos e guapas con algo colorido na nosa cabeza:
E isto é o que Finn nos dixo para o XOVES:
Etiquetas CURSO 2014/15, ENTROIDO, ORDES DO MECO
ORDES DO MECO II
Lembrades que onte Jake díxonos que tiñamos que vir todos con algo amarelo? Pois como somos moi mandadiños, así viñemos hoxe:
Etiquetas CURSO 2014/15, ENTROIDO, ORDES DO MECO
ENTROIDO 2015: ORDES DO MECO
Estes días, as mamás e papás do ANPA estiveron moi ocupadas preparando o meco para o Entroido 2015. Todos estabamos expectantes para ver con que nos ían sorprender esta vez e o que vimos non nos defraudou. O noso MECO este ano son .... FINN e o seu can JAKE da serie HORA DE AVENTURAS. Ollade que bonitiños lles quedaron:
Etiquetas CURSO 2014/15, ENTROIDO, MECO, ORDES DO MECO



























.png)















