Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA POESÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA POESÍA. Amosar todas as publicacións
0 comments

DÍA DA POESÍA

 

Polo Día da Poesía cada clase do cole leu uns dos poemas que se utilizaron para facer os caligramas polo Día de Rosalía.

Lembrades que nós dividímonos en grupos e fixemos catro? Pois ben, como soamente se podía ler un poema, botamos a sortes para ver cal dos catro iamos ler e o gañador foi ... Galicia de Sergio, Isaac, Abril, Daniela e Óscar.

0 comments

DÍA DA POESÍA


Polo Día da Poesía entre todos fixemos un poema utilizando a técnica do cadáver exquisito. Esta técnica consiste en que cada membro dun grupo escribe, no noso caso unha estrofa, e só deixa visible a última palabra para o seguinte. Quique escribiu a primeira estrofa do poema, a continuación tocoulle a David que só coñecía a última palabra da estrofa de Quique, despois Santi , Anxo, Mencía e por último Manuel.

Así que esta é o poema que fixemos en castelán:

LA AMISTAD Y EL AMOR

Amor, amor

San Valentín ya llegó

y yo a ti te quiero un montón.

Amor, amor.


El amor es muy dulce,

suena como un tambor,

el amor es muy dulce,

tanto como el calor.


El verano llegó, hace calor,

vamos a la playa bajo el sol.

Nadando en el mar, hay diversión.

¡El buen tiempo es lo mejor!


Paseo con mi mejor camión

azul y muy profundo,

repartiendo diversión

por todo el mundo.


Mundo profundo,

mundo por explorar,

en el que podemos escarbar

y durante kilómetros nadar.


A mi hermano favorito le gusta estudiar,

comer algas marinas, ir a bucear,

pero nada de eso se puede comparar

con eso que  llamamos cantar.


A él le gusta bailar

y en el parque jugar.

A mí me gusta cantar

por toda la ciudad,


0 comments

DÍA DA POESÍA

 Polo día da Poesía, primeiro inventamos uns fermosos poemas sobre a Primavera:



A continuación, escribímolos nunhas cintas de cores:


E para rematar, o venres, xunto con todo o cole, recitamos os nosos poemas na pista:

0 comments

DÍA DA POESÍA

 


Polo día da Poesía, o equipo de biblioteca propúxonos que nos gravasemos recitando poesía propia ou allea.

Nós inventamos uns Haikus, é dicir, pequenos poemas de 3 estrofas sen rima que teñen 5,7,5 sílabas respectivamente.

Ademais, seguindo unha idea do blog Lapicero Mágico, puxemos os nosos Haikus nun pai pai.

Ollade:

No blogue da biblioteca podedes escoitar e ver os nosos Haikus e tamén o traballo do resto dos compañeir@s do cole:

0 comments

INVENTANDO E RECITANDO LIMERICKS

Na hora de ler, celebramos todos xuntos o IV RECITAL DE POESÍA DE MACIÑEIRA para conmemorar o día da poesía que foi o pasado 21 de marzo.



A semana pasada cada un de nós inventou un LIMERICK en galego ou en castelán, é dicir, un poema de cinco versos que riman aabba, que nos quedaron así:



E así foi como os recitamos:

0 comments

DÍA DA POESÍA: XOGAMOS AO CADÁVER EXQUISITO


Hoxe, Día Mundial da Poesía, na hora de ler xogamos ao Cadáver Exquisito. O xogo consistiu en que a primeira persoa escribía nun papel,  un verso que lle entregaba á mestra completo e noutro,  a última palabra do seu verso, que lle entregaba ao seguinte participante. Éste tiña que escribir o seu verso tendo en conta que a última palabra tiña que rimar coa palabra que lle pasou o anterior participante. Comezou Adrián poñendo o título e pasándolle a última palabra do título a Alba, esta a Carmen, logo Paz, Ainoa, Sheila, Aitana, Miguel, Karla e por último Enma.

Así foi como quedou finalmente o noso poema, elaborado entre os dez:

LOS MONTES DE LOS DIOSES

Los campos de color, aparecen las flores,
floreadas, de muchos colores,
bajo la mirada del mar, lanzando espolones
y soles que te ponen alegres.

Ella se ríe, es Mercedes,
tiene calor,  se fue hasta las nieves,
y yo voy al cole los jueves
que es el día que viene antes del viernes
y el viernes... una flor regué.

Rímonos un montón co resultado. Foi divertidísimo!

3 comments

DÍA DA POESÍA


Polo día da Poesía, seguindo unha idea que vimos no blog "Cadernos de quinto e sexto" do CEIP de Pazos, recitamos un poema de María de La Luz Uribe "El rey de papel" versionado ao galego con ilustracións de Fernando Krahn e outras que montamos nós a partir delas:


Aquí volo deixamos xunto coas imaxes:

Feito con Flipsnack

Ollade que ben o fixemos. Tedes que perdoar polo audio porque non se escoita moi ben.


Para rematar, ao igual que fixeron eles, fixemos as dez princesiñas de papel para todos os nenos e nenas do cole (e as profes tamén por suposto).


Aquí nos tedes posando coas nosas:


0 comments

INVENTANDO E RECITANDO POEMAS DIAMANTES


Polo Día da Poesía, no cole celebramos o II RECITAL DE POESÍA do CEIP de Maciñeira. Cada clase inventou ou preparou uns poemas en galego para recitalo ao resto dos compañeir@s.

Na nosa clase preferimos inventalos, así que a profe ensinounos a facer POEMAS DIAMANTE cos que ademais de desenvolver a nosa creatividade literaria, lembramos algúns conceptos gramaticais como verbos, adxetivos e nomes.

Para os que non o saibades, dirémosvos que os Poemas Diamante, son poemas de sete versos que non teñen rima e seguen a seguinte estrutura:

1ª liña: un nome (persoa, animal, cousa)
2ª liña: dous adxectivos que describan ao nome da primeira liña.
3ª liña: tres verbos relacionados coa primeira liña.
4ª liña: catro nomes: dous relacionados coa primeira liña e dous coa sétima.
5ª liña: tres verbos relacionados coa sétima liña.
6ª liña: dous adxectivos relacionados coa sétima liña.
7ª liña: un nome contrario ou antónimo ao da primeira liña.

Nós eleximos nomes contrarios como:PAI/FILLA, POLICÍA/LADRÓN, GATO/RATO, SOL/LÚA, PAZ/GUERRA, VERÁN/INVERNO, MODERNIDADE/ANTIGÜIDADE,  HOME/MULLER, AUGA/LUME, BRANCO/NEGRO e a partir deles escribimos o noso poema utilizando como base esta plantilla que adaptamos dunha que atopamos en PROUD TO BE PRIMARY. Ollade que bonitos nos quedaron:


E se queredes ver o ben que os recitamos ...



Se vos gustan este tipo de poemas, podedes facelos como o fixemos nós, ou tamén con esta aplicación de http://www.readwritethink.org:

http://www.readwritethink.org/files/resources/interactives/diamante_poems_2/

ANIMÁDEVOS A FACER UN?

0 comments

DÍA DA POESÍA

O venres pasado no cole, celebramos o día da Poesía porque hoxe non hai clase xa que estamos de vacacións. E que mellor xeito de celebralo que recitando todos xuntos, no patio cuberto uns fermosos poemas tanto inventados como de grandes poetas.


Nós, os de sexto, recitamos uns HAIKUS que inventamos sobre a primavera. Para os que non o saibades, os haikus son uns poemas xaponeses de tres versos soamente ( de 5, 7 e 5 sílabas) que normalmente tratan da natureza.

Ollade como nos quedaron:


        Comen e comen                       Flores no campo
        os vermes sen parar                  paxariños no ceo
        na primavera.                           na primavera.
            Yanira                                     Íker



          Pequena abella                       Na primavera
          que vai de flor en flor              bolboretas de cores
          polen nas patas.                     veredes moitas.
              Manuel                                   Estela



             Raios de sol                          Na primavera
             paxaros cantaríns                  florecen as pereiras
             frescos xardíns.                    que ricas peras!
                  Laura                                Sergio Sosa



             Os paxariños                         O frío vaise
             cantan e cantan e as               a caloriña chega
             veces enfadan.                      é primavera.
                   Borja                                    Sara M.



             Na primavera                            Na primavera
             os paxaros cantando                  os paxariños voan
             nenos saltando.                         no mediodía.
                   Sara F.                                 Sergio Silvén

Preguntaredesvos porque están escritos en forma de gota de chuvia, verdade? Pois ben, fixémolo así porque seguindo unha idea de Isabel Bermejo, do blog Lapicero Mágico, con eles, fixemos despois a nosa particular CHUVIA DE VERSOS:


4 comments

DÍA DA POESÍA: ESCRIBIMOS BIOPOEMAS


Con motivo do día da poesía  na clase estivemos a facer uns BIOPOEMAS que son nin máis nin menos que poemas sobre a nosa vida.

Estes poemas teñen que seguir una determinada estructura pero están abertos a todo o tipo de modificacións que un queira facerlle.

Nos nosos había que seguir estas indicacións:

1ª liña: O noso nome
2º liña: Algún adxectivo que nos defina
3ªliña: Fillo/a de ...
4ª liña: A quen lle gusta ...
5ª liña: Que odia...
6ª liña: Que lle ten medo a ...
7ª liña: Que soña con ...
8ª liña: Que está fachendoso/a de ....
9ª liña: Que vive en ...
10ª liña: O apelido

Aquí vos deixamos as instruccións e as plantillas que utilizamos nós, tanto en GALEGO como en CASTELÁN:



Para ilustralos, collimos unhas fotos nosas e  as convertimos en debuxos a lapiz coa aplicación online PicJoke:

Así que escribimos os nosos poemas, coloreamos as nosas fotos e ... ISTO É O RESULTADO. Esperamos que vos gusten: