CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA
Hoxe celebramos o día de Rosalía no cole. Por mor do mal tempo, tivemos que facelo no patio cuberto. Cada un dos cursos, recitou un poema desta gran escritora da nosa terra. Nós, eleximos o poema "Miña casiña, meu lar":
Etiquetas CURSO 2024/25, DÍA DE ROSALÍA
CALIGRAMAS PARA ROSALÍA
Lembrades a derradeira carta de Macín na que nos pedía que fixésemos uns caligramas?
Pois ben, a profe dividiunos en catro grupos. Cada grupo tiña que inventar un poema pero para iso antes tiñamos que ponernos de acordo en cal sería o tema do mesmo. Unha vez decidido o tema, cada membro do grupo tiña que inventar unha estrofa e despois entre todos repartirnos o traballo para facer o caligrama.
E como podedes ver na imaxe de cabeceira desta entrada, con todos os caligramas que se fixeron montouse un precioso mural.
Etiquetas CURSO 2023/24, DÍA DE ROSALÍA
FLORES PARA ROSALÍA
Por mor do Día de Rosalía, nas clases, estivemos a inventar un poema que despois escribimos nun papel especial, un papel con sementes de varias especies de plantas.
No blogue da biblio, BIBLIOMACI, podedes ver todos os poemas que escribimos. Aquí vos deixamos o noso:
Gústavos o cartel tan chulo que fixemos coa axuda da nosa profe?
Etiquetas CURSO 2022/23, DÍA DE ROSALÍA
NOVAS DE MACÍN
Hai uns días, cando chegamos a clase, atopamos de novo a caixa de Macín.
Esta vez a encargada de abrila foi Mencía. Dentro da caixa tan só había unha carta e un papel moi raro.
Na carta, Macín decíanos que como o 23 de febreiro se celebra o día de Rosalía, para commemoralo, cada clase debe inventar un poema e escribilo nun papel especial feito con sementes que plantaremos despois todos xuntos.
Así que temos que poñernos mans á obra
DÍA DE ROSALÍA
Hoxe 23de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Para homenaxear a esta gran escritora galega, entre todas as clases creamos un bonito documental.
Aquí volo deixamos para que poidades gozar del:
Etiquetas CURSO 2021/22, DÍA DE ROSALÍA, PROXECTO CINE
DÍA DE ROSALÍA
Polo día de Rosalía, o 24 de febreiro, na clase aprendimos moitas cousas sobre a súa vida. Fixemos unhas caricaturas dela:
En plástica a carátula dun dos seus libros:
E algúns participamos na actividade "Todos somos Rosalía" organizada polo Equipo de Normalización Lingüística que consistía en sacar unha foto imitando algunha de Rosalía:
Etiquetas CURSO 2020/21, DÍA DE ROSALÍA
DÍA DE ROSALÍA
![]() |
A proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca, para celebrar o día de Rosalía, cada clase decorou unha imaxe de Rosalía e tamén unha peza de crebacabezas cunha estrofa do seu poema "XA SEN RENCOR NIN DESPREZO" de Follas Novas. Esta é a peza que nos tocou a nós:
Etiquetas CURSO 2019/20, DÍA DE ROSALÍA
DÍA DE ROSALÍA
Coñecimos a súa biografía, debuxamos o seu retrato imitando os autorretratos de Van Gogh e escribimos neles unha estrofa do seu poema "Un desengaño".
Despois, seguindo a proposta dos Asociación de Escritores en Lingua Galega, penduramos das portas e dos cristales do colexio, a nosas imaxes de Rosalía.
Nós además, gravamos o poema. E que mellor que unha das "nosas" Rosalías para recitalo. Ollade que ben nos quedou.
Feito con CrazyTalk
Etiquetas CURSO 2017/18, DÍA DE ROSALÍA
COÑECENDO A ROSALÍA
Así, comezamos o luns no Obradoiro do Escritura Creativa, elaborando unha postal nun deseño alusivo ao este día que incluía unha estrofa de "Alborada" (da obra Cantares Gallegos) a instancias da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e que o onte enviamos por correo ordinario ás nosas familias:
Na clase de galego, coñecimos a vida e obra desta escritora a través deste libro LIM elaborado polo equipo de Normalización Lingüística do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. Clicade na imaxe para acceder:
Tamén elaboramos un minilibro da súa biografía que atopamos no blog da biblioteca do CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez:
E xa para rematar, na clase de Plástica, fixemos unha rosa con goma eva para agasallar ás nosas familias (podedes ver as plantillas e as instruccións en TODO EN GOMA EVA)
Así de contentos, fomos todos para casa co noso libriño e a nosa flor:
Etiquetas CURSO 2015/16, DÍA DE ROSALÍA
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega promove desde 2010 a conmemoración o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro. Este ano, baixo o lema "Eu son Rosalía" nos convida a realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicalo gravando en video unha frase que comezaría por.."Eu son Rosalía porque...."
Nós gravamos este video:
Fixemos un mural escribindo algunhas das súas poesías:
Tamén as ilustramos:
E rematamos cuns bonitos marcapáxinas:
Se queredes coñecer a vida e a obra de Rosalía de Castro, clicade nos seguintes recursos:
- Unidade didáctica de Cristina Corral Soilán (que é a que utilizamos nós):
- Libro Lim baseado no libro Rosalía editado pola fundación Rosalía de Castro e narrado por Sara Ferrín Pérez:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html
- Libro Lim do poema Parece unha Rosa:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html
Etiquetas CURSO 2014/15, DÍA DE ROSALÍA

.jpg)








.jpg)



































.png)















