Amosando publicacións coa etiqueta ASOCIACIÓN LOS DELFINES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ASOCIACIÓN LOS DELFINES. Amosar todas as publicacións
1 comments

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS



O venres pasado, os nen@s de sexto, tivemos un pequeno curso de primeiros auxilios e D.E.A. xunto cos nosos compañeiros/as de terceiro de primaria grazas á Asociación de Buceo Medioambiental  "Los Delfines" de Neda coa colaboración do doutor J.R. Couce.

Ao longo de tres sesións, aprendimos RCP (Reanimación Cardio Pulmonar) ,  como usar un desfibrilador semiautomático, que facer en caso de atragantamento, cal é a mellor posición para colocar a un ferido deixando libre as vías aéreas,... Quedounos moi clariño que en caso de urxencia debemos ter en conta estas tres iniciais: P A S:  P de protexer, A de avisar e S de socorrer.

Aquí tedes algunhas imaxes da xornada: