Amosando publicacións coa etiqueta CORRELINGUA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CORRELINGUA. Amosar todas as publicacións
0 comments

CORRELINGUA

 


Baixo o lema : VINTE CO GALEGO!!!! Hoxe disfrutamos do festival do Correlingua vendo un video en directo en Youtube. Nel disfrutamos coa actuación de CÉ Orquestra Pantasma e co rock and roll do grupo A Gramola Gominola.

 

E para rematar levamos para casa unha bonita bolsa e unha pulseira:

 



0 comments

CORRELINGUA

Foto do Concello de Narón

Hoxe todo o cole fomos ao Auditorio de Narón onde se celebrou o Correlingua 2019 co lema "O galego é a fórmula".

Como chovía, entramos directamente no auditorio onde a actriz Isabel Risco presentou o acto. Alí, escoitamos ao alumnado do CEIP de Centieiras de Fene lendo o manifesto, vimos os videos gañadores da edición deste ano e disfrutamos da actuación de Paco Nogueiras.

0 comments

CORRELINGUA 2018


O pasado martes15 de maio, todos os nenos e nenas do colexio participamos no Correlingua baixo o lema "A LINGUA NON PARA". Eramos case 1400 alumn@s de distintos centros de Ferrol e da comarca. Debido á chuvia, non puidemos facer a carreira pero si disfrutar das actuacións e da lectura do manifesto gañador dentro do Auditorio de Caranza.

O encargado da presentación foi Cé Orquestra Pantasma:


Primeiro vimos os videos gañadores, un dos alumnos de 5º de primaria do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela e outro do CPR Seminario Menor A Inmaculada de Ourense:



A continuación, Celtia, Inés e Andrea de 6º de EP e Paz, Sheila e Alba (xunto con Yago que portaba a pancarta que fixemos), subiron ao escenario a ler o manifesto gañador do alumnado de 3º C da ESO do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela:



Imaxes extraídas do Facebook do Correlingua

E léronno así de ben:

Lectura manifiesto Correlingua 2018 from Ana Martínez on Vimeo.

E para finalizar, disfrutamos todos un montón coa actuación do músico Pakolas (Paco Cerdeiras). Aquí vos deixamos o seu video de promoción para os que non o coñezades:

0 comments

CORRELINGUA 2016


O pasado martes día 10,  tivo lugar en Ferrol o Correlingua para reivindicar un ano máis o uso do galego entre os rapaces e rapazas da nosa comunidade.

A diferencia do ano pasado, este ano fomos todas as clases do centro. Sobre as dez e cuarto partimos cara o paseo marítimo de Caranza. Alí, xuntámonos con centos de compañeiros de distintos centros da comarca como Centieiras, Os Casais, O Terra de Ferrol, ... e fixemos unha camiñata ata o Auditorio Municipal.


Unha vez dentro, o grupo Talía Teatro fixo as tarefas de presentación.


A continuación tres rapaces de quinto do noso cole (Claudia, Borja e Lucía) e Sara Montagut de sexto, subiron ao escenario a ler o Manifesto Gañador deste ano escrito polo alumnado de portugués de 4º da ESO do IES de Ribadeo, Dionisio Gamallo. Podedes ler o texto do mesmo clicando AQUÍ.


Neste video podedes ver como len parte do manifesto. Por problemas técnicos non podemos dispoñer da lectura íntegra do mesmo:


E xa para rematar, todos poidemos disfrutar da actuación musical do grupo "Gramola Gominola" que nos fixo levantar a todos dos nosos asentos para movernos ao ritmo da súa música.

Aquí vos deixamos o video promocional do grupo:

2 comments

CORRELINGUA 2015


Hoxe participamos no Correlingua que é unha carreira simbólica en defensa do galego, a nosa lingua. Este ano celebrouse no Pazo de Cultura de Narón e ademais do noso cole (fomos 1º,2º,4º e 5º de E:P.), había outros 900 escolares de distintos colexios da comarca como: Centieiras, A Solana, Virxe do Mar, Isaac Peral,  Esteiro, Recimil, CRA de Narón, CEE Terra de Ferrol,... por iso iamos todos moi ben equipados cos nosos chalecos identificativos.


Unha vez que chegamos e nos xuntamos todos, comezamos a carreira portando a pancarta que fixemos para a ocasión co lema deste ano: "GALEGO a nosa creación común":


Cando rematou a carreira,  tocoulle o turno aos xogos populares organizados polos alumn@s do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e deportivas do CIFP Rodolfo Ucha. Xogamos ao brilé, á corda, aos aros, ao balón asasino, ás carreiras de sacos ,...  . Pasámolo fenomenal.


E por último, entramos dentro do Pazo da Cultura. Alí,  Xurxo Souto, coñecido porque foi líder e vocalista do grupo de rock galego "O Diplomáticos de Monte-Alto" dende 1990 ata o 2001, fixo de mestre de ceremonias. 


Presentounos a obra  do Grupo de Teatro de Narón: "As aventuras da Bichuca Cuca" e tamén a actuación do músico Paco Nogueiras que nos cantou algunhas das cancións incluidas no libro-disco  Brinca Vai como No Samaín,  Rap do Magosto, Apertas que Voan, Meu o mundo é ... Deixámosvos o video promocional da canción "MEU O MUNDO É" que "conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego:arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! Que as nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Que vivamos en Galego e que construamos o noso mundo en galego".



Aquí vos deixamos as fotos para que vexades o ben que o pasamos e canto disfrutamos: