Amosando publicacións coa etiqueta TODO SOBRE MIN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TODO SOBRE MIN. Amosar todas as publicacións
0 comments

CREANDO FUTURO

 Unha das actividades que fixemos a principios de curso foi un "Todo sobre mi" en forma de deportiva que descargamos de xeito gratuito da páxina de Twinkl

Nela escribimos o noso nome, curso, ano de nacemento, serie favorita ...


A continuación coloreámola e agora todas xuntas decoran a nosa clase xunto cunha frase inspiradora que atopamos no Facebook de Frases inspiradoras oficial:



Gústanvos?

0 comments

PASAPALABRA SOBRE MIN

 

Para coñecernos un pouco mellor, fixemos este Pasapalabra sobre min no que cada un tiña que escribir cousiñas sobre  súa  vida. Ao revés que no xogo orixinal, non era a resposta a que empezaba coa letra senón a pregunta. Por exemplo, polo A, Adxectivo que me describe, polo B, Bebida favorita, ... A idea orixinal vinna en Instagram pero non lembro a conta onda a vin, se alguén sabe de quen é o recurso que nolo diga e o incluímos na entrada.

Os roscos están tal cual os escribiron, sen correxir nadiña:







0 comments

TODO SOBRE MIN

Outras das actividades que fixemos os primeiros días foi un globo aerostático en 3D para coñecernos mellor todos. Nel, ademais do noso retrato, o da nosa familia, o nome dos nosos amigos, a data do noso aniversario ,.. tamén escribimos a nosas cosas favoritas: mascotas, comidas, cancións, libros,... e por suposto os nosos soños e desexos. Estes son algúns dos que xa están rematados: