Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 2020/21. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 2020/21. Amosar todas as publicacións
0 comments

DESPEDIDA


Con moita pena pola separación pero tamén con moita ledicia polo futuro brillante que lles espera , teño que despedir á miña promoción destes dous últimos anos, uns anos marcados pola COVID que ainda que nos permitiu facer esa marabillosa excursión de final de curso que esperabamos con tanta ilusión polo menos si nos deixou celebrar a cerimonia de Graduación (iso si con limitación de aforo).

Desde aquí quero desexarvos a todas e a todos, o mellor nesa nova etapa que comezades. Perseguide os vosos sonos e loitade por eles, veredes como máis tarde ou máis axiña, estes faranse realidade.

Sabedes que aquí estou para todo o que necesitedes e lembrade que temos unha cita pendente. Encontrarémonos de novo en xuño do 2027 para abrir a CÁPSULA DO TEMPO e ler a cartas que escribimos os últimos días de clase.

UNHA GRAN APERTA

0 comments

CINENSINO: ABOMINABLE

A semana pasada vimos a segunda película do programa Cinensino: Abominable. 



Unha bonita película coa que se traballan valores como o compañeirismo, a amizade, a perseverancia ,...

Este é o tráiler oficial da película:

0 comments

OS BOLECHAS NO CEIP DE MACIÑEIRA

Como xa todos sabedes, a RTVG2 emitiu este sábado 27 o capítulo do seu programa Os Bolechas no cole adicado ao noso colexio. Podedes ver o programa clicando no enlace de abaixo:

Os Bolechas no CEIP de Maciñeira

Nós enviámoslles moito material pero se ve que por falta de tempo non puideron emitir todo. Por iso, dende o cole, queremos presentarvos en exclusiva ... O VIDEO COMPLETO CO TRABALLO QUE PREPARARON  TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE. Non vos perdades o saúdo e despedida dos máis pequerrechos, os nen@s de EI de 3 e 4 anos.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!!!!

0 comments

Mulleres importantes da miña familia

 

No mes da muller, fixemos esta bonita ficha que vimos no blogue Una pizca de educación que consistía en falar dalgunha muller da nosa familia que considerabamos importante e porqué  pensabamos.que o era. Así que escribimos sobre as nosas nais, avoas, irmás,...

Aquí vos deixamos o fermoso resultado (as fichas están sen correxir tal e como as fixeron eles):

0 comments

DÍA DA POESÍA

 


Polo día da Poesía, o equipo de biblioteca propúxonos que nos gravasemos recitando poesía propia ou allea.

Nós inventamos uns Haikus, é dicir, pequenos poemas de 3 estrofas sen rima que teñen 5,7,5 sílabas respectivamente.

Ademais, seguindo unha idea do blog Lapicero Mágico, puxemos os nosos Haikus nun pai pai.

Ollade:

No blogue da biblioteca podedes escoitar e ver os nosos Haikus e tamén o traballo do resto dos compañeir@s do cole:

0 comments

A BANDEIRA DA UNIÓN EUROPEA

 En Ciencias Sociais estamos a estudar a Unión Europea. Unha das moitas actividades que fixemos foi debuxar a súa bandeira e ver como cobraba vida. Para iso, utilizamos unha vez máis a aplicación, Quiver e a súa plantilla gratuita:


Ollade:







0 comments

A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

Practicando na aula de informática, para o examen de Ciencias Naturais do tema da Nutrición:





 Con este test feito con QUIZZIZ:

https://quizizz.com/admin/quiz/603f562e1ce09b001bd04bc5


0 comments

SEMANA DA PRENSA

 


Do 8 ao 12 de marzo celébrase en Galicia a semana da prensa. Este ano decidimos facer entre todas as clases un xornal virtual "As novas de Maciñeira" onde poñer todas as nosas noticias. 

E este foi o resultado:

Hecho con Padlet

0 comments

MULLERES QUE INSPIRAN

Polo día da Muller Traballadora, utilizando esta ficha que atopamos no blog LA CLASE DE ELE.

 traballamos a vida de oito mulleres inspiradoras e importantes como : Marie Curie, Dolores Ibárruri, Hipatia de Alejandría, Simone de Beauvoir, Ada Lovelace, Olympe de Gouges, Clara Campoamor e Carmen Conde.



0 comments

CASETA PARA PAXAROS


 Os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria colgamos unha caseta nunha das árbores do patio de abaixo.

Oxalá entre algún paxaro nela!!!!

0 comments

O NOSO HORTO

 Por fin recollimos a nosa colleita de grelos:



Tamén regamos as cebolas que cada vez medran máis:



E plantamos tomates e pimentos:



0 comments

MOSAICO DE INVERNO

Así de bonitos quedaron os nosos mosaicos de inverno.

Idea orixinal
 

0 comments

DÍA DE ROSALÍA

 

Polo día de Rosalía, o 24 de febreiro, na clase aprendimos moitas cousas sobre a súa vida. Fixemos unhas caricaturas dela:


En plástica a carátula dun dos seus libros:






E algúns participamos na actividade "Todos somos  Rosalía" organizada polo Equipo de Normalización Lingüística que consistía en sacar unha foto imitando algunha de Rosalía:





0 comments

CAROUTAS DE PELIQUEIROS

 Outra das actividades que fixemos polo Entroido foron estas fermosas caroutas de Peliqueiros que pegamos en folios de cor. Que vos parecen?


0 comments

ENTROIDO NA MACIÑEIRA

Video resumo do Entroido no noso cole:

 

Podedes ver as fotos  na galería da páxina Web:

 ENTROIDO 2021

 Vémonos o 18 de febreiro.

FELIZ ENTROIDO!!!!!!

0 comments

MANDATOS DO MECO DÍA 5

 O venres con moita delicia

traerás completo o teu disfraz

de Superheroe e Superheroína.

2 comments

MANDATOS DO MECO DÍA 4

 Un cinturón, saia ou pantalón,

o xoves traerás,

para completar o teu disfraz.

0 comments

MANDATOS DO MECO DÍA 3

 Se o mércores traes, o teu obxecto protetor,

serás un superheroe e superheroína mellor.

0 comments

MANDATOS DO MECO DÍA 2

 O martes, marcado has de traer

na capa ou camiseta do disfraz

o teu símbolo de superpoder.