DECORACIÓN DE NADAL
Para decorar os corredores, tocounos facer uns gnomos con lá e aros de madeira. Traballamos arreo pero encantounos o resultado.
Etiquetas CURSO 2025/26, DECORACIÓN, NADAL
FELIZ DÍA DE REIS!
Etiquetas CURSO 2024/25, DÍA DE REIS, NADAL, REIS MAGOS
SAN SILVESTRE
O derradeiro día de clase celebramos a tradicional Carreira de San Silvestre que facemos todos os anos.
Podedes ver todas as fotos da carreira, na aula virtual do cole.
E a continuación tomamos os doce gusanitos para celebrar a entrada do novo ano. Coma sempre os maestros de ceremonias foron Cari e Llon.
Etiquetas CAMPANADAS, CURSO 2024/25, NADAL, SAN SILVESTRE
FACEMOS TARXETAS DE NADAL
Neste último tema de Ciencias Naturais estivemos aprendendo moitas cousas sobre a electricidade e os circuitos eléctricos.
Así que xuntámonos cos nosos compañeiros e compañeiras de quinto de primaria e fixemos unha tarxeta de Nadal con cinta de cobre, unha pila de botón e luces led.
Etiquetas CURSO 2024/25, NADAL, TARXETAS
CONCERTO DE NADAL
Hoxe disfrutamos dun fermoso concerto de Nadal da man de tres mestres do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol cos seus instrumentos: un oboe, un violonchelo e un contrabaixo.
Etiquetas CONCERTO, CONSERVATORIO, CURSO 2024/25, NADAL
FELIZ DÍA DE REIS!!!!!!!
Etiquetas CURSO 2023/24, DÍA DE REIS, NADAL, NAVIDAD
FELIZ NOITEBOA!!!!!
Na entrada das tarxetas de Nadal, dixémosvos que dentro delas había unha sorpresiña, lembrades?
Pois ben, hoxe día de Noiteboa, e tendo en conta que esta noite vai vir a visitarnos, ensinámosvos as fotos que temos con Papa Noel que ían dentro das tarxetas:
Etiquetas CURSO 2023/24, NADAL
SAN SILVESTRE
Hoxe tivo lugar no cole a 4º San Silvestre. Todos os nenos e nenas do cole así como os profes e as familias que puideron vir, participamos nela para celebrar que xa están aquí as vacacións de Nadal.
Podedes ver as fotos da xornada na páxina web do cole ou facendo clic na seguinte ligazón:
Etiquetas CURSO 2023/24, NADAL, NAVIDAD, SAN SILVESTRE
TARXETAS NAVIDEÑAS
Para felicitar as nosas familias, fixemos estas tarxetas de Nadal en 3D que atopamos na páxina de Krokotak:
Etiquetas CURSO 2023/24, NADAL, NAVIDAD, TARXETAS
DECORACIÓN NAVIDEÑA
Se por Samaín decoramos o cole cos nosos gatos monstruosos, esta vez o equipo de decoración de Nadal decidiu que a clase de quinto decorase os corredores con Papa Noeis.
Ollade que bonitos nos quedaron:
Etiquetas CURSO 2023/24, DECORACIÓN, NADAL
SAN SILVESTRE
O derradeiro día de clase , todos o nenos e nenas do cole, celebramos a 3ª Carreira de San Silvestre acompañados dos profes e de todas as familias que puideron asistir.
Se queredes ver todas as fotos da xornada (que son moitísimas) só tedes que premer na seguinte ligazón:
Etiquetas CURSO 2022/23, NADAL, SAN SILVESTRE
TARXETAS DE NADAL
Etiquetas CURSO 2022/23, ELECTRICIDADE, NADAL, NAVIDAD, TARXETAS








































.jpg)











.png)















