Amosando publicacións coa etiqueta ESCRITURA CREATIVA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ESCRITURA CREATIVA. Amosar todas as publicacións
0 comments

OUTONOS TERRORÍFICOS


Outra das actividades que fixemos polo Samaín, foi participar no I concurso de Outonos Terroríficos convocado polo Equipo de Dinamización da Biblioteca e o Equipo de Dinamización na Lingua Galega.

Estas son as bases do concurso:

E estes os nosos contos:


GÚSTANVOS?

Na páxina web do cole, podedes ver quenes foron os finalistas e finalmente os gañadores de cada curso así como ler os seus contos. Na nosa clase, chegaron a finalistas, os contos de Adrián e de Yago e finalmente o conto gañador foi .... "A maruxaina" de Yago.

NORABOA A TOD@S POLOS CONTOS TAN BONITOS QUE FIXÉCHEDES!

Cada un dos participantes, levou para casa este diploma:

0 comments

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Imaxe de Pilar Argés

Con motivo da celebración do día do Libro, ao longo deste mes, cada clase estivo preparando cos seus alumnos/as unhas LENDAS. Con elas adornouse o corredor central do cole:



Así nos quedaron as nosas:


E despois do recreo fixemos un programa especial de radio, presentado por Lucas de 4º e Celtia de 3º no que se leron tres lendas ou novas de cada clase. Queredes escoitalo? Aquí volo deixamos para que o poidades disfrutar:

Ademais na nosa clase fixemose ilustramos  un libro con algúns dos  "DICHOS Y REFRANES" que podemos atopar no libro do QUIXOTE e que vos amosaremos noutra entrada e mañá teremos a última hora un MERCADILLO DE LIBROS no que poderemos trocar os libros que trouxemos por outros dos nosos compañeiros.

MOI FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!!!

2 comments

ESCRITURA BÓLA DE NEVE DE NADAL

A nosa terceira colaboración para o proxecto " PaLaBraS AzuLeS ", foi escribir unha historia colectiva relacionada co Nadal. Trátase dun xeito divertido de que os nosos estudiantes escriban colaborativamente.


INSTRUCCIÓNS

1º) Repartimos a cada alumn@ unha ficha cunha imaxe de Nadal diferente. Deben observar a fotografía e pensar unha historia que lles suxira. Lembramos que hai que pensar nos personaxes, o escenario, os conflictos que poidan xurdir,... Este primeiro escritor é o encargado de poñer en marcha a historia. Deixamos aproximadamente quince minutos para esta fase.

2º) A continuación cada estudante engurra a súa ficha como se fose unha bóla de neve e lánzaa á parte dianteira da clase. Todos se levantan e cada un colle unha bola de neve que non sexa a súa regresando ao seu pupitre.

3º) Alisan con coidado o papel, observan a imaxe e len o escrito ata agora. Este segundo escritor durante outros quince minutos, debe continuar a historia onde a deixou o primeiro engadido máis información sobre o personaxe, introducindo novos personaxes, novos conflictos,...

4º) Facemos o mesmo unha segunda vez. O terceiro escritor debe unir os cabos e rematar a historia.


5º) Para finalizar, devólvese ao escritor orixinal para que a revise e adapte, é dicir para que "a faga súa" e a  "pase a limpo" ilustrándoa se quere. Cando estea lista pode lela ao resto dos seus compañeiros.


Estas son as plantillas que utilizamos nós: