Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO PALABRAS AZULES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO PALABRAS AZULES. Amosar todas as publicacións
4 comments

POR SAN VALENTÍN COMPARTIMOS O MAPA DO NOSO CORAZÓN

Imaxe de Carlos Cubeiro

Que son os mapas do corazón? Cómo son? Un mapa do corazón  é unha representación visual do que nos gusta ou importa. Utiliza debuxos e palabras para amosar as cousas que "viven" no noso corazón esperando a ser revelados por unha actividade de escritura. Xeralmente as ideas máis importantes van no medio e as cousas menos importantes arredor.

COMO CREAR UN MAPA DO CORAZÓN

1º PASO: Buscar unha plantilla ou crear unha propia dun corazón e imprimir varias copias. A continuación dividilo en varios espacios. O corazón ten que ter un tamaño grande para ter suficiente espazo para escribir ou debuxar as nosas ideas.

2º PASO: Dámoslle a cada alumn@ unha folla de papel para que pensen e escriban nela cales son as persoas que realmente son importantes para eles, as cousas que máis queren, as actividades que lles gusta realizar e os lugares que lles gustan ou quererían visitar.

3º PASO: A continuación plasman o que escribiron, mediante palabras ou debuxos, na silueta do corazón. Pódese dar ou non orientacións á hora de facelo. No noso caso decidimos unha cor para cada un dos apartados: verde para as cousas que nos gustan, negro para as actividades, vermello para as persoas e azul para os lugares.

Así quedaron algúns dos nosos mapas do corazón:


Una vez que rematamos de facelo, pegámolo nun folio de cor, recortámolo e o dobramos convertíndoo nun sobre que pechamos cun corazón troquelado (se queredes saber como facelo clicade AQUÍ). Pola parte de diante, escribimos o nome do amigo ou amiga co que iamos compartir o noso corazón::


Ollade que cara de contentos buscando e despois lendo cada un o mapa do corazón do amigo ou amiga que lles tocou!


FELIZ SAN VALENTÍN PARA TODOS!

Esta é a nosa cuarta aportación deste curso ao proxecto PaLaBraS AzuLeS no que participamos. Clicade na imaxe se queredes ver a entrada no blog deste gran proxecto:

2 comments

ESCRITURA BÓLA DE NEVE DE NADAL

A nosa terceira colaboración para o proxecto " PaLaBraS AzuLeS ", foi escribir unha historia colectiva relacionada co Nadal. Trátase dun xeito divertido de que os nosos estudiantes escriban colaborativamente.


INSTRUCCIÓNS

1º) Repartimos a cada alumn@ unha ficha cunha imaxe de Nadal diferente. Deben observar a fotografía e pensar unha historia que lles suxira. Lembramos que hai que pensar nos personaxes, o escenario, os conflictos que poidan xurdir,... Este primeiro escritor é o encargado de poñer en marcha a historia. Deixamos aproximadamente quince minutos para esta fase.

2º) A continuación cada estudante engurra a súa ficha como se fose unha bóla de neve e lánzaa á parte dianteira da clase. Todos se levantan e cada un colle unha bola de neve que non sexa a súa regresando ao seu pupitre.

3º) Alisan con coidado o papel, observan a imaxe e len o escrito ata agora. Este segundo escritor durante outros quince minutos, debe continuar a historia onde a deixou o primeiro engadido máis información sobre o personaxe, introducindo novos personaxes, novos conflictos,...

4º) Facemos o mesmo unha segunda vez. O terceiro escritor debe unir os cabos e rematar a historia.


5º) Para finalizar, devólvese ao escritor orixinal para que a revise e adapte, é dicir para que "a faga súa" e a  "pase a limpo" ilustrándoa se quere. Cando estea lista pode lela ao resto dos seus compañeiros.


Estas son as plantillas que utilizamos nós:


7 comments

ESCRIBIMOS UNHA HISTORIA DE MEDO?

Esta é a nosa primeira aportación deste curso, para o proxecto "PALABRAS AZULES"

ESCRIBIMOS HISTORIAS DE MEDO?

Para celebrar a festa do Samaín, na clase de Lingua Castelá, escribimos unhas historias de medo.

PREPARACIÓN:

Empezar a escribir nunha folla en branco non é tarea sinxela, por iso, para axudarnos a profe preparou catro dados:

- COMEZOS: Nunha noite escura ía camiñando... , Sempre evitaba pasar por ... , Era unha noite de tormenta.Chovía..., Hai moito tempo .... , Contan os que lo viron que ... e Sempre me preguntei porque...

- PERSONAXES: unha momia, un monstruo, un científico loco, un ancián, unha meiga e unha pantasma.

- ESPAZOS: un bosque, un castelo en ruinas, un cemiterio, un barco pantasma, unha cova e unha casa abandoada.

- OBSTÁCULOS: O personaxe principal escoita un son estraño, o personaxe principal está eprdido e só, o personaje principal ten que salvar a alguén, o personaxe principal é atrapado, o personaxe principal é perseguido, o personaxe principal está abandoado.


DESENVOLVEMENTO:

1º) Por turnos, cada un de nos, foi tirando os dados e anotando nunha folla os resultados:


2º) A continuación fixemos un borrador da nosa historia. Cando estivemos contentos co resultado, escribímolas nunha das plantillas que xa estaban preparadas.

3º) Para finalizar, leímolas en voz alta. A profe gravounos coa gravadora dixital e editou os sons con Audacity, escaneou as nosas historias e subiunas a Calameo en forma de libro.

Aquí podedes ler e escoitar as nosas historias. Para poñelos a pantalla completa hai que clicar no símbolo de arriba á dereita e para escoitalas no icono de son que aparece en cada páxina:



E estes son os dados e plantillas que utilizamos: