Amosando publicacións coa etiqueta CLUB DE LECTURA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CLUB DE LECTURA. Amosar todas as publicacións
0 comments

ÉRIKA ESMORÍS: ERÍN E O LOBO

 Hoxe coñecimos en persoa, á escritora Érika Esmorís, cuio libro, "Erín e o lobo" (Premio Merlín, 2025) limos no Club de Lectura. Érika rompeu o xeo cun xogo de verdade ou mentira sobre diversos acontecementos da súa vida. Despois, contounos o proceso de escritura da súa obra e falounos dos personaxes nos que se inspirou, dos valores que quixo transmitir con ela, ... e para rematar, asinounos o seu libro.


MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA, ÉRIKA!

0 comments

ANXO FARIÑA: A ESCOLA ROBOT

 Hoxe, recibimos a visita do escritor e tamén ilustrador, Anxo Fariña, que veu a falarnos do seu libro "A escola robot" de Edicións Xerais. Durante a sesión, Anxo explicounos e amosounos os bocetos iniciais das súas ilustracións para a obra e explicounos en que se inspirou para escribila. Foi unha visita moi entretida e sobre todo moi ilustrativa, que rematou coa ilustración en directo, da nosa compañeira Candela.




MOITAS GRAZAS POLA VISITA, ANXO!

0 comments

VISÍTANOS PERE TOBARUELA

Hoxe tivemos a gran sorte de recibir a visita do escritor Pere Tobaruela autor da serie de libros de FORMIG4S xa que no Club de Lectura estivemos lendo un dos seus libros, concretamente o de  "Misión Rosalía" que nos gustou moito. 

Por se non o sabedes, o libro trata da nosa escritora Rosalía de Castro e con el ademais de pasar un rato entretido poderedes aprender moitas cousas sobre ela.

Durante preto de unha hora, Pere contounos moitas cousas sobre a obra e sobre a súa vida: cantos libros escribiu, que é o que lle inspirou á hora de facer o libro, canto lle levou escribilo, por que Formig4s ten un 4 en lugar dun A, ...

Aquí vos deixamos algunha fotiño:

Ao final, Pere adicounos o libro:


E a continuación sacamos unha fotiña de grupo:

Moitas grazas pola visita, Pere!

0 comments

PAPÁ CANIBAL

 

Se a semana pasada nos visitou Andrea Maceiras, hoxe tocoulle o turno a Antonio M. Fraga. Durante preto dunha hora, Antonio amosounos algúns dos lugares nos que se inspirou para a súa obra "Papa canibal" o segundo dos libros que limos no Club de Lectura, falounos de como se lle ocurreu escribir o libro, animounos a escribir e incluso nos ensinou como cantaba Fedora!!!!! 

E ao final, antes de irnos, adicounos o libro a tod@s.

0 comments

ANDREA MACEIRAS E A FOLLA AZUL


 Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria recibimos a visita de Andrea Maceiras a autora do primeiro libro que limos no Club de Lectura deste ano: A folla azul.

Durante preto dunha hora Andrea falounos do seu libro e cunha fermosa presentación fíxonos adentrarnos na selva e sentir moita das cousas que nela había.

Ao rematar, firmounos os nosos libros e como non, sacamos unha foto de grupo.


0 comments

ENCONTRO CON ANDREA MACEIRAS


Con motivo do club de lectura de 5º e 6º de Educación Primaria no que leron o libro "Conta nove estrelas", onte recibimos a visita da súa autora. Ela contounos algunhas curiosidades relacionadas coa obra e os rapaces aproveitaron para facerlle algunhas preguntas que lles xurdiron na lectura da mesma.