0 comments

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Co obxectivo de previr a Violencia de Xénero tamén dende a escola, no centro e na clase ao longo destas semanas estivemos a traballar sobre este tema.

Fixemos murais e carteis reivindicativos:




Participamos no IV ENCONTRO ESCOLAR DE FERROLTERRA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO financiado pola Deputación da Coruña axudando a gravar este video no que saímos os alumnos de 5º e 6º de EP:

E rompendo a cadea da violencia dixital:



E tamén na marcha Contra a Violencia de Xénero que organizou o Concello de Neda:



0 comments

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS NO CAMIÑO

Os nenos e nenas de sexto, fomos hoxe á clase de EI 4 anos para ver unha exposición de buxainas. Eran todas moi bonitas e  moi orixinais:

Pero non só as vimos, tamén puidemos probalas:




Moitísimas grazas a todos os nenos e nenas de 4 anos por deixarnos ir a ver a súa exposición.

0 comments

XOGAMOS COAS POTENCIAS

 En matemáticas estivemos practicando e aprendendo moitas cousas sobre as potencias.

Un dos recursos que utilizamos, foi un xogo de tarxetas que atopamos no blog RECURSOS EP.

Repartimos todas as tarxetas desordenadas entre todos e movéndonos pola clase tiñamos que encontrar as tarxetas que nos faltaban para facer grupos de cinco (potencia en número, produto, resulto da potencia e lectura de dous xeitos diferentes).

Ademais de repasar, pasámolo fenomenal.

 



0 comments

APADRIÑAMENTO LECTOR

 Hoxe fomos a lerlles aos nenos e nenas de EI de 5 anos. Disfrutamos moitísimo:

APADRIÑAMENTO LECTOR de Ana Martínez

0 comments

PLAN DIRECTOR: VIOLENCIA DE XÉNERO

 Un curso máis, no cole participamos no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. Este plan, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temas como o acoso escolar, violencia de xénero, novas tecnoloxías,... impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Así que hoxe, os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria,  tivemos a primera charla informativa da man de Sara que pertence á Garda Civil. Durante preto dunha hora, Sara estivo falándonos da violencia de xénero tanto da física como da psicolóxica así como dos estereotipos.

Vimos ademais este video no que aprendimos que a través das novas tecnoloxías tamén pode haber violencia de xénero, por exemplo humillando a outra persoa (parella ou exparella) compartindo fotos íntimas sen o seu consentimento e que facer isto é un delito.

0 comments

E AGORA VOLEIBOL

 


Como podedes ver, este ano estamos aprendendo a practicar distintos deportes: comezamos con balonmán da man do Equipo de Balonmán de Narón, continuamos co tenis grazas a Escola de Tenis "Justo al revés" de Fene e agora tocoulle o turno ao voleibol coa visita de dous xogadores do Equipo de Voleibol Aldebarán de San Sadurdiño.

Primeiro os de cuarto de primaria e despois os de quinto e os de sexto, aprendimos un montón de técnicas e formas de coller e pasar o balón.


0 comments

HORTO ESCOLAR

 O venres pasado retomamos o horto escolar. Así estaba cando abrimos as portas do invernadoiro:


E despois de traballar ben duro:




Así quedou o noso invernadoiro:


Agora xa só nos falta decidir que imos a plantar. Xa vos contaremos.

0 comments

CONTEDORES DE SAMAÍN

 


En plástica fixemos estes chulísimos contedores de Samaín.

GÚSTANVOS?

0 comments

PRACTICAMOS RECTAS PARALELAS

Na clase de plástica estivemos practicando a facer rectas paralelas coa regra e tamén a man alzada. E como estamos de cheo no Samaín, que mellor que con estes debuxos que atopamos en The keeper of the cheerios: