Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA PAZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA PAZ. Amosar todas as publicacións
0 comments

XOGOS POLA PAZ

 Hoxe é o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, e no cole decidimos que a mellor forma de celebralo ademais do abecedario da paz que xa vos amosamos, era xogar a xogos do mesa cos nosos afillad@s.

Nós eleximos o xogo do Dobble para ensinarlles a xogar aos nosos afillad@s de terceiro de primaria. E despois foron eles os que nos ensinaron a xogar a distintos xogos que tiñan na clase ou trouxeran de casa.


Que ben o pasamos!



0 comments

ABECEDARIO DA PAZ

 Por mor do Día da Paz, ao longo da semana, entre todo o alumnado fixemos un abecedario da paz con palabras en distintos idiomas.

A nós tocáronnos as letras: H, J, Ñ e Z. Así que dividímonos en catro grupos e estas son as palabras que fixemos:

- H de HOOP que significa esperanza en holandés:



- J de JUSTICIA en castelán:



- Ñ de ÑÁÑARAS en galego que significa facer as beiras, aloumiños:


- Z de ZEN que significa paz mental en inglés:



E así de bonito quedou todo o abecedario montado:


Gústavos?

0 comments

KAMISHIBAI CON EI3 E 4º EP

 Hoxe tivemos un día moi ocupado. Fomos a lerlles aos nosos afillados de 3 anos e de 4º de primaria o conto de "Marce o carteiro" que fixemos para o Kamishibai do día da paz.

Cando chegamos ás súas clases tivemos unha gran sorpresa porque eles tamén nos contaron o seu conto para o Día da Paz.

Os de 3 anos, contáronnos o conto "O país das pulgas":


E os de 4º, o conto "A mochila da Paz"


E aquí estamos nós léndolles o noso conto:

Que ben o pasamos!!!!!


0 comments

VOANDO CARA A PAZ

 Outra das actividades que fixemos para o Día da Paz foi un bonito mural: "Voando cara a paz". Cada neno e nena do cole, decorou unha pluma e con todas elas fixemos o mural.

Estas son as nosas plumas:



E así posamos diante do mural:






0 comments

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

 A proposta do equipo da Biblioteca e do equipo de Dinamización da Lingua Galega, celebramos o día da paz contando un conto aos nosos compañeiros e compañeiras de ciclo utilizando a técnica do Kamishibai.

Na biblioteca, nós contamos o conto "Marce, o carteiro" aos nenos e nenas de quinto e eles contáronnos a nós o conto de "A avestruz troglodita".


Aquí vos deixamos un video do noso conto que atopamos no blogue da biblioteca do CEIP de Milladoiro en Malpica


E vós que queredes, guerra ou chocolate? Nós por suposto

CHOCOLATEEEEEEEEE!

0 comments

DÍA DA PAZ: BAIXO O MESMO SOL

Celebramos o día da Paz cantando todos xuntos no patio a canción "Baixo o mesmo sol" de Álvaro Soler e Jennifer López.

 

0 comments

CHUVIA DE PAZ

Por mor do día da paz, decoramos o noso cole cunha chuvia de paz. Cada curso tivo que facer as pingas de auga para a súa nube.

Nós , pola parte de diante,  fixemos un bonito debuxo sobre a paz e pola de atrás, escribimos unha frase e puxemos o nome da persoa co dixo:







A que nos quedaron ben bonitas?

0 comments

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

 Hoxe celebramos o día da Paz. En relixión e valores estivemos vendo a Película: "Cadena de Favores":

Na clase estivemos a facer a nosa propia cadea de favores (idea orixinal do blogue Una pizca de Educación)






E todos xuntos na pista, bailamos a canción "Yo contigo, tú conmigo" de Morat e Álvaro Soler:

0 comments

DÍA DA PAZ 2022

Para celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, ao longo da semana, entre todas as clases estivemos a facer esta gran e colorida pomba:


e tamén decoramos bonitos carteis de Paz:


Este é o que fixemos nós:


Hoxe na clase, estivemos a coñecer máis sobre este día con este libro lim sobre a Paz:


E despois de recreo, xuntámonos todas as clases na pista de fútbol (iso si, separados en grupos burbulla) para facer unha solta de máis nin menos 100 POMBAS MENSAXEIRAS!!!!!